Casa "Fonte-Cupeiro"

Casa "Fonte-Cupeiro" Casa modernista sita na Parroquia de Barallobre (Galicia), construida por Juan José Fonte Feal e Manuela Cupeiro López, no ano 1933.

CARACTERÍSTICAS XERAIS
Casa edificada por Juan José Fonte Feal e por Manuela Cupeiro López. Se puxo a primeira pedra en decembro do ano 1932 e se inagurou un 26 de agosto de 1933.

É unha edificación que destaca pola súa novidade, prima a simetría na súa fachada que vai rematada por unha moldura que chega ate a cimeira. A planta é rectangular de proporcións sensiblemente cadradas. A fachada princ

ipal ou de acceso está disposta en sentido perpendicular a propia planta do edificio. A disposición que se detalla da planta e o alzado vai ligada a unha fachada principal de proporción alongada verticalmente, composta mediante un eixo de simetría central enmarcado no baixo pola porta e, no primeiro andar, nos volumes acaroados do balcón; este está sustentado por dous canecillos e dúas pilastras que flanquean a entrada. O formigón das columnas do balcón e a varanda combínase con barras de forxa e remates florais. Un trazo destacable deste tipo de casas, do primeiro terzo do século XX, son as cores. O acabado dos muros é enfoscado e pintado de diversos cores, neste caso, na Casa “Fonte – Cupeiro” utilízase o vermello de Venecia, o rosa e o branco, e deste xeito se fai unha clara diferenciación dos paramentos lisos, dos recadros das fiestras e dos elementos decorativos.

É unha vivenda con xardín na parte dianteira e con terreo axardinado na traseira, isto motiva que teña unha entrada principal na fronte e outra secundaria na parte de atrás.

06/06/2017
Casa "Fonte-Cupeiro", vista aérea do ano 1980.Fotografía tomadas da páxina do Instituto Geográfico Nacional.
09/10/2015

Casa "Fonte-Cupeiro", vista aérea do ano 1980.

Fotografía tomadas da páxina do Instituto Geográfico Nacional.

Vistas aéreas de Barallobre, son do ano 1945 e 1956.  Nela aparece a Casa "Fonte-Cupeiro".Fotografías tomadas da páxina ...
30/09/2015

Vistas aéreas de Barallobre, son do ano 1945 e 1956. Nela aparece a Casa "Fonte-Cupeiro".

Fotografías tomadas da páxina web do Instituto Geográfico Nacional.

11/05/2015

Case rematadas as obras de restauración e pintado da casa.

19/09/2014

A planta é rectangular, de proporcións rectangular, disposta en sentido perpendicular á fachada principal ou de acceso.
O eixo central de simetría aparece marcado por unha serie de molduras que van dende o recerco do van do balcón ate a cumieira, rematando cun pináculo. O beiril ven ritmado por uns pequenos canzorros decorativos.

24/06/2014

O Ramo é un lugar da parroquia de Barallobre no concello coruñés de Fene na Comarca de Ferrol. Tiña 112 habitantes no ano 2023 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales 49 eran homes e 63 mulleres. Aquí está o
CEIP Plurilingüe O Ramo

24/06/2014

Procesión do Carme - Parroquia de Barallobre (Concello de Fene - Comarca de Ferrolterra) Se celebra cada ano o día 26 de xullo.

23/06/2014

Casa modernista sita na Parroquia de Barallobre (Galicia), construida por Juan José Fonte Feal e Manuela Cupeiro López, no ano 1933.

22/04/2014

Santísima Virxe do Carme que se venera na Igrexa Parroquial de Santiago de Barallobre. Si ben a Solemnidade da Virxe do Carme é o 16 de xullo, en Barallobre é tradición celebrala o 26 do mesmo mes. A actual imaxe é de principios do século XX.

Dirección

Barallobre

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Casa "Fonte-Cupeiro" publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir