Concello de Barro

Cómo llegar Página web

Concello de Barro Páxina de Facebook oficial do Concello de Barro

24/10/2026
🏛️ O Alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e o concelleiro de Cultura, Adrián Silva, recibiron no concello á Banda de...
24/10/2026

🏛️ O Alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e o concelleiro de Cultura, Adrián Silva, recibiron no concello á Banda de música xuvenil de Barro para parabenizar ao conxunto artístico polo seu recente éxito XIX Certeme Galego de Bandas, acadando o primeiro premio na sección terceira.

🎼 O alcalde aproveitou a ocasión non só para darlle os parabéns polos éxitos no Certame, senón por toda a sua traxectoria e polo labor de formación tan importante que desenvolven.

Este Venres as 19h inauguramos EmplanValiñas.Actividade organizada pola Concellería de Igualdade e Benestar coa colabora...
23/10/2026

Este Venres as 19h inauguramos EmplanValiñas.
Actividade organizada pola Concellería de Igualdade e Benestar coa colaboración da Comunidade de Montes da Valiñas.

🚵‍♂️   Abertas as inscricións para a IV BTT Camiños de Barro!O vindeiro 6 de decembro volve unha das citas máis agardada...
16/10/2026

🚵‍♂️ Abertas as inscricións para a IV BTT Camiños de Barro!

O vindeiro 6 de decembro volve unha das citas máis agardadas para amantes do ciclismo de montaña. Prepara a túa bici e ven g***r dun percorrido mimado ata o último detalle, pensado para vivir a mellor experiencia encima da bici e g***r do inmenso patrimonio natural que agochan os montes de Barro.

🔗 Reserva a túa praza canto antes, que voan!
As inscricións xa están abertas a través da web da Federación Galega de Ciclismo:
👉 https://fgalegaciclismo.es/index.php/smartweb/inscripciones/prueba/36185-4a-RUTA-BTT-CAMINOS-DE-BARRO

🤝 Esta proba está organizada polo Concello de Barro e o Club Ciclista Ribadumia e coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo, Protección Civil de Barro e as Comunidades de montes de Perdecanai, da Portela e de Barro.

🌱   Este sábado, 17 de outubro, temos unha nova oportunidade para g***r desta interesante iniciativa que pon en valor a ...
16/10/2026

🌱 Este sábado, 17 de outubro, temos unha nova oportunidade para g***r desta interesante iniciativa que pon en valor a horta e os produtos da terra.

🥕 Unha proposta organizada polos colectivos Medrar 2.0 e o Grupo de Horta Ecolóxica, que terá lugar na Escola de Agudelo.

Marabillosas iniciativas que fomentan a sustentabilidade, a produción local e o respecto pola nosa contorna. 💚

📍 Escola de Agudelo
📅 Sábado, 17 de outubro

🕯️✨ Este sábado 17 de outubro queremos vivir unha desas noites que quedan gravadas na memoria, e para facela realidade p...
14/10/2026

🕯️✨ Este sábado 17 de outubro queremos vivir unha desas noites que quedan gravadas na memoria, e para facela realidade precisámoste a ti.

Nace o "Concerto dos candís", unha experiencia especial na que vos convidamos a traer o voso propio candil para acender, entre todas e todos, a luz e a maxia do outono ao ritmo de Habelas Hainas.

Trae o teu candil, súmate a esta velada diferente e axúdanos a iluminar un encontro único con música e tradición.

📅 Sábado, 17 de outubro

⏰ 20:30 h

📍 Pazo da Crega

Actividade subvencionada a través do programa +Música da Deputación de Pontevedra.

📢 Publicación da listaxe provisional do censo electoral entre os días 12 e 19 de outubro
13/10/2026

📢 Publicación da listaxe provisional do censo electoral entre os días 12 e 19 de outubro

🏆🎶 PARABÉNS Á BANDA XUVENIL DE BARRO! 💚Desde o Concello de Barro queremos felicitar á Banda de música xuvenil de Barro p...
11/10/2026

🏆🎶 PARABÉNS Á BANDA XUVENIL DE BARRO! 💚

Desde o Concello de Barro queremos felicitar á Banda de música xuvenil de Barro por acadar o 🥇 Primeiro Premio da sección terceira do XIX Certame Galego de Bandas de Música, celebrado onte en Pontevedra.

👏 Un merecido recoñecemento ao esforzo, á constancia e á ilusión de todas as músicas e músicos, do seu director, Pedro Torres Diz, e de todas as persoas que forman parte desta gran familia musical.

💚 Un orgullo para Barro! Grazas por levar o nome do noso concello ao máis alto e por demostrar que o traballo e a paixón pola música dan os seus froitos.

🧠 Este luns deu comezo un novo curso de memoria, organizado polo concello en colaboración da Cruz Vermella.Este curso es...
07/10/2026

🧠 Este luns deu comezo un novo curso de memoria, organizado polo concello en colaboración da Cruz Vermella.

Este curso está dirixido a persoas maiores de 65 anos e celébrase todos os luns pola tarde ata o 30 de novembro, no salón de plenos do concello de Barro.

✍🏻 Aínda hai prazas libres, polo que se tes interese achégate ás oficinas municipais e inscríbete.

Días: luns
Hora: de 17:00 h a 18:30 h
Lugar: salón de plenos do concello de Barro
Prezo: gratuíto

👩🏻‍🏫 O curso de memoria para persoas maiores de 65 anos está orientado a estimular e manter as capacidades cognitivas, especialmente a memoria, a atención e a concentración. A través de exercicios prácticos, xogos e actividades dinámicas, trabállanse estas capacidades dun xeito ameno e participativo.

🌰  Magosto popular na Portela!O vindeiro domingo, día 11 de outubro, a asociación "Amigos da Portela" organiza un magost...
06/10/2026

🌰 Magosto popular na Portela!

O vindeiro domingo, día 11 de outubro, a asociación "Amigos da Portela" organiza un magosto popular con música en directo.

Non o perdades!!

Dirección

Casa Consistorial, San Antoniño 11, Perdecanai
Barro
36194

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Barro publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría