Podemos Baiona

Podemos Baiona Facebook oficial do Círculo Podemos Baiona. Únete, xuntas podemos! Lugar de encontro simpatizantes.

Mentres uns fan negocio coa vivenda, hai xente en Baiona, e no Val Miñor que xa non pode vivir onde naceu. Os alugueiros...
20/05/2026

Mentres uns fan negocio coa vivenda, hai xente en Baiona, e no Val Miñor que xa non pode vivir onde naceu. Os alugueiros soben, os soldos non. A mocidade marcha. As familias afóganse. E quen goberna mira para outro lado.

Baiona e Nigrán non poden seguir negando a realidade: a vivenda é unha emerxencia social. Declarar zonas tensionadas non é ideoloxía, é defender o dereito a vivir dignamente.

Porque unha vila sen a súa xente, sen traballadoras e sen veciñanza, convértese nun escaparate baleiro. Non queremos ter que marchar da nosa terra para poder vivir. Non queremos cidades e vilas só para turistas, fondos voitre ou especulación.

Este 5 de xuño temos que saír xuntas á rúa para dicir basta. Porque a vivenda non pode ser un luxo. Vainos a vida niso e o pobo debe responder. Vémonos na manifestación! 💜✊

Hoxe, 17 de maio, lembramos a Begoña Caamaño, feminista e xornalista que fixo da palabra un acto de resistencia e amor p...
17/05/2026

Hoxe, 17 de maio, lembramos a Begoña Caamaño, feminista e xornalista que fixo da palabra un acto de resistencia e amor pola terra.

A súa obra abriu camiños e sementou igualdade e memoria nunha Galicia viva. No Día das Letras Galegas celebramos o seu legado e as palabras que seguen a facer país.
FELIZ DÍA DA LÍNGUA GALEGA! 🤍🩵🤍

O 👩🏻‍🏫📊 ensino público deféndese con feitos: máis investimento, recursos dignos para os centros e resposta real ás deman...
05/05/2026

O 👩🏻‍🏫📊 ensino público deféndese con feitos: máis investimento, recursos dignos para os centros e resposta real ás demandas da comunidade educativa.

Mañá, 6 de maio ás 19h, o alza a voz con Favalmi polo futuro da educación pública. Participa!

O   é memoria e loita. Nada do que temos foi regalado: conquistouse defendendo dereitos. Hoxe toca seguir: mellores sala...
02/05/2026

O é memoria e loita. Nada do que temos foi regalado: conquistouse defendendo dereitos. Hoxe toca seguir: mellores salarios, menos horas e fin da precariedade. Defender o sindicalismo é defender unha vida digna.

Cando a clase traballadora avanza,
avanzamos todxs! ✊💜

Non hai dúbidas do que representan Almuiña e o PP: opacidade, contradicións e política de costas á veciñanza. Mentres un...
25/04/2026

Non hai dúbidas do que representan Almuiña e o PP: opacidade, contradicións e política de costas á veciñanza. Mentres uns benefícianse, a maioría pagamos as consecuencias “dos seus 🤝 amaños”.

Baiona merece transparencia, responsabilidade e un goberno do lado da xente da vila.

Onte celebramos o  , recoñecendo o seu papel esencial e o de quen coida da nosa saúde dende a proximidade, a prevención ...
14/04/2026

Onte celebramos o , recoñecendo o seu papel esencial e o de quen coida da nosa saúde dende a proximidade, a prevención e o compromiso diario. 🤍🏥

Por iso desde a Plataforma SOS Sanidade Pública do Val Miñor (Baiona), reclamamos á Xunta de Galicia a necesidade de reforzar a Atención Primaria: máis persoal, menos listas de espera e atención de calidade!

Hoxe na sede de Podemos Vigo falamos claro: Sanidade e dependencia son dereitos, non negocios!Defendemos servizos públic...
11/04/2026

Hoxe na sede de Podemos Vigo falamos claro: Sanidade e dependencia son dereitos, non negocios!

Defendemos servizos públicos fortes para coidar a vida. ✊💜

📹🔴 SEGUE O ENCONTRO EN DIRECTO https://youtube.com/live/eQy_EtRpYQk?feature=share

📢 Este 13 de abril no Val Miñor e en toda Galicia, saímos á rúa convocadas por SOS Sanidade Pública pola defensa da Aten...
10/04/2026

📢 Este 13 de abril no Val Miñor e en toda Galicia, saímos á rúa convocadas por SOS Sanidade Pública pola defensa da Atención Primaria.

A sanidade pública non se recorta, deféndese! Precisamos máis recursos, máis profesionais e menos abandono por parte da Xunta do PP de Rueda. Vémonos o luns, ás 12h. no centro de saúde! ✊🏥

Dirección

Baiona
Bayona
36300

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Podemos Baiona publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría