14/05/2026
ten unha oportunidade excepcional este 12 de agosto co eclipse solar total 💫
O PSdeG propón ao Goberno local preparar un dispositivo especial para desfrutar deste fenómeno astronómico excepcional con todas as garantías. A iniciativa socialista contempla habilitar un espazo de observación, organizar actividades de divulgación e promover o municipio como destino de turismo científico.
Becerreá é un dos concellos con mellores condicións para vivir este fenómeno único. Por iso, cómpre planificación, seguridade e unha proposta útil para a veciñanza e para a dinamización local.