30/03/2026
🌱Queres facer algo que marque a diferenza no teu concello?
Convidámoste a participar na *Pílula Formativa de Voluntariado Social*, un espazo práctico pensado para aprender, compartir e medrar xuntas/os mentres descobres como podes colaborar activamente coa túa comunidade.
👉 Será unha sesión dinámica na que coñecerás ferramentas básicas de comunicación, aprenderás a afrontar situacións reais do voluntariado e, ademais, terás a oportunidade de coñecer de primeira man o proxecto de voluntariado do teu municipio.
💬 Non é necesaria experiencia previa: só ganas de aprender, participar e contribuír a facer un Bergondo máis solidario.
📅 Martes *14 de abril*
🕕 De 18:15 a 20:15 h
📍 Edificio A Senra, Bergondo
✨ Fórmate, conecta con outras persoas e descobre todo o que podes achegar — e todo o que o voluntariado pode achegarche a ti.
📩 Inscricións abertas! Anímate e reserva a túa praza. 981791252 ext.4
https://forms.gle/SBiokeCGB6jTwo8y7