Concello de Betanzos

Concello de Betanzos Información sobre o Concello de Betanzos. Información de servizo, institucional, turística... Betanzos Tan Cerca. Séguenos e coñece Betanzos.

También en Twitter:
https://twitter.com/BetanzosCerca
https://twitter.com/AyuntBetanzos
https://twitter.com/turismoBetanzos

Falamos do Concello de Betanzos. Información de servizo, institucional, turística... Betanzos está cerca de todo e ten moitísimo que ofrecer. Ás veces o que temos máis preto pasa desapercibido e non lle damos o valor que realmente ten. Queremos amosar os encantos dun lugar c

heo de historia, de presente e de futuro. Betanzos é cultura, gastronomía, historia, natureza, comercio...
Séguenos e goza de Betanzos.

🎈 Os Sábados Miúdos despídense ata setembro cunha última xornada chea de diversión para as crianzas e as súas familias.🎶...
03/06/2026

🎈 Os Sábados Miúdos despídense ata setembro cunha última xornada chea de diversión para as crianzas e as súas familias.

🎶 Música, xogos e baile protagonizarán esta cita especial que pon o broche final a unha nova edición desta iniciativa de ocio familiar. Unha ocasión perfecta para desfrutar xuntos dunha mañá chea de actividades e bo ambiente.

📆 Sábado, 13 de xuño
🕞 12:00h
📍 Alameda José Veiga Roel

🔗 https://novas.betanzos.es/os-sabados-miudos-despidense-ata-setembro-con-moita-musica-xogos-e-baile/

🎹 Betanzos acollerá o vindeiro 12 de xuño un concerto homenaxe a Marcial del Adalid con motivo do bicentenario do seu na...
03/06/2026

🎹 Betanzos acollerá o vindeiro 12 de xuño un concerto homenaxe a Marcial del Adalid con motivo do bicentenario do seu nacemento.

🎶 O recital, interpretado polo Dúo Scaramouche, permitirá achegarse á obra dun dos compositores máis destacados da música galega do século XIX e figura clave do noso patrimonio cultural. Unha oportunidade única para redescubrir o seu legado no ano da súa conmemoración.

🔗 https://novas.betanzos.es/betanzos-acollera-un-concerto-homenaxe-a-marcial-del-adalid-no-bicentenario-do-seu-nacemento/

🎶 O Conservatorio Municipal de Música Carlos López García-Picos celebra hoxe, 3 de xuño, o seu concerto de fin de curso,...
03/06/2026

🎶 O Conservatorio Municipal de Música Carlos López García-Picos celebra hoxe, 3 de xuño, o seu concerto de fin de curso, unha cita moi especial na que o alumnado amosará o traballo e a aprendizaxe desenvolvidos ao longo deste curso.

🎼 Unha oportunidade para desfrutar da música e recoñecer o esforzo, a dedicación e o talento das alumnas e alumnos do conservatorio. Agardámosvos!

🔗 https://novas.betanzos.es/concerto-fin-de-curso-2025-2026-do-conservatorio-municipal-de-musica-de-betanzos/

🚍 O Concello de Betanzos prohibirá temporalmente o estacionamento no acceso á estación de Betanzos-Infesta para facilita...
03/06/2026

🚍 O Concello de Betanzos prohibirá temporalmente o estacionamento no acceso á estación de Betanzos-Infesta para facilitar o servizo alternativo de autobuses habilitado por Renfe.

📅 A medida estará en vigor entre o 4 de xuño e o 11 de xullo co obxectivo de garantir a circulación e as manobras dos autobuses que conectarán coa estación durante as obras que se están a desenvolver na estación da Coruña.

🔗 https://novas.betanzos.es/o-concello-prohibira-temporalmente-o-estacionamento-no-acceso-a-estacion-de-betanzos-infesta-para-facilitar-o-servizo-alternativo-de-autobuses-de-renfe/

🛳️ O Concello de Betanzos, a través da súa área de Turismo, pon en marcha unha nova edición das Rutas Guiadas Fluviais q...
03/06/2026

🛳️ O Concello de Betanzos, a través da súa área de Turismo, pon en marcha unha nova edición das Rutas Guiadas Fluviais que permitirá coñecer o patrimonio natural, histórico e paisaxístico da cidade.

👉 As rutas partirán desde o Paseo da Tolerancia e realizaranse entre os meses de xuño e setembro ofrecendo unha experiencia guiada para descubrir a relación de Betanzos co seu entorno fluvial.

🔗 https://novas.betanzos.es/rutas-guiadas-fluviais-para-descubrir-betanzos-desde-o-rio-durante-o-veran/

ℹ️ A Oficina de Turismo de Betanzos reforza a información sobre os seus horarios de atención ao público para facilitar a...
02/06/2026

ℹ️ A Oficina de Turismo de Betanzos reforza a información sobre os seus horarios de atención ao público para facilitar a atención á veciñanza e ás persoas visitantes.

🕒 Horario:
De luns a venres: de 09:00 a 18:30 h (ininterrompidamente)
Sábados, domingos e festivos: de 10:30 a 13:30 h

🏛️ Un servizo esencial para descubrir o patrimonio, a cultura e os principais atractivos turísticos da nosa cidade.

🔗 https://novas.betanzos.es/a-oficina-de-turismo-de-betanzos-amplia-e-reforza-a-informacion-sobre-os-seus-horarios-de-atencion-ao-publico/

🚧 O Concello de Betanzos iniciou os traballos de mellora da pavimentación e dos servizos nos núcleos de Touriñao de Arri...
02/06/2026

🚧 O Concello de Betanzos iniciou os traballos de mellora da pavimentación e dos servizos nos núcleos de Touriñao de Arriba e Touriñao de Abaixo, na parroquia de San Martiño de Tiobre.

🛣️ A actuación inclúe a renovación do firme, melloras na rede de saneamento e a actualización da sinalización, contribuíndo a reforzar a seguridade e a calidade dos servizos para a veciñanza.

🔗 https://novas.betanzos.es/betanzos-inicia-os-traballos-de-mellora-da-pavimentacion-e-dos-servizos-en-tourinao/

🎓 O Concello de Betanzos fixo entrega dos diplomas ao alumnado participante no curso de novas tecnoloxías organizado pol...
01/06/2026

🎓 O Concello de Betanzos fixo entrega dos diplomas ao alumnado participante no curso de novas tecnoloxías organizado pola Aula CeMIT.

💻 A iniciativa permitiu reforzar as competencias dixitais das persoas participantes, contribuíndo á súa formación e favorecendo un uso máis autónomo e seguro das ferramentas tecnolóxicas. Dende o Concello felicitamos ao alumnado pola súa implicación e aproveitamento do curso.

🔗 https://novas.betanzos.es/entrega-de-diplomas-do-curso-de-novas-tecnoloxias-organizado-pola-aula-cemit/

🎨 O Museo das Mariñas acollerá desde o 5 de xuño a exposición «De color Betanzos: Pinturas de Elena Otero Chas», unha mo...
01/06/2026

🎨 O Museo das Mariñas acollerá desde o 5 de xuño a exposición «De color Betanzos: Pinturas de Elena Otero Chas», unha mostra que ofrece unha visión persoal e chea de cor de distintos recunchos e paisaxes da nosa cidade.

🖼️ A inauguración terá lugar o venres ás 11:30 horas e contará coa presenza da artista e das comisarias da exposición. A mostra poderá visitarse ata o 31 de agosto no Museo das Mariñas.

🔗 https://novas.betanzos.es/o-museo-das-marinas-inaugura-a-exposicion-de-color-betanzos-da-artista-elena-otero-chas/

Dirección

Praz Galicia, 1
Betanzos
15300

Teléfono

+34981770011

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Betanzos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Betanzos:

Compartir

Categoría