Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

Parque Natural Serra da Enciña da Lastra P.N. ubicado na comarca de Valdeorras, Ourense
Espazo Natural Protexido Rede Natura 2000 (ZEC e ZEPA)

Pulpada popular en O Robledo o 19 de Agosto.
05/08/2023

Pulpada popular en O Robledo o 19 de Agosto.

04/08/2023

ATOPADO!!! Moitas grazas a todos pola vosa colaboración.
Can extraviado no Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, visto por última vez esta mañá ás aforas de Biobra. Se alguén o ve que escriba aquí para avisar ó dono. Moitas grazas.

03/08/2023
Chegado Xullo, tamén chega a época dos amorodos ou "fresas silvestres". De nome científico Fragaria vesca, esta pranta d...
07/07/2023

Chegado Xullo, tamén chega a época dos amorodos ou "fresas silvestres". De nome científico Fragaria vesca, esta pranta da familia das rosáceas nada ten que ver coa variedade silvestre do fresón (Fragaria x ananassa), senon que é unha especie completamente independente.
O que coñecemos como "fresa", é en realidade un engrosamento do receptáculo floral, sendo os pequenos puntiños que hai sobre ela os auténticos froitos.
Non vos pasarán inadvertidas se vos fixades nos bordos de camiños, pendentes e prados, resaltando entre a maleza ca súa cor vermella intensa.
Seica en Galicia se lles chama de moitas maneiras... vos cómo lles chamades?

06/07/2023

Benvidos á Serra da Lastra! O Parque Natural máis novo dos 6 existentes en Galicia.
Un espazo baixo dominio climático mediterráneo que destaca por ser unha das escasas zonas calcáreas de Galicia, o que se traduce nunha alta biodiversidade.
As rochas calcáreas ofrecen cantís idóneos para a cría de aves rapaces, ademáis dunha extensa rede de covas e buracos que serven como refuxio a un bó número de especies de morcegos.
Os montes están dominados por extensos bosques naturais de aciñeira, e en primavera a serra sorprendenos ca maior diversidade de orquídeas da comunidade, complementada por unha gran variedade doutras plantas, que dan sustento a bolboretas e outros insectos polinizadores.
A pegada humana tamén se fai notar desde moi antigo con restos de distintas civilizacións, e máis recentemente en belas mostras de arquitectura tradicional.

Iremos desglosando esta información, ademáis de outras curiosidades e acontecementos de interese, en diferentes publicacións.

Un saúdo.

Penedos de Oulego
04/07/2023

Penedos de Oulego

Dirección

Rúa Da Nogueira
Biobra
32311

Horario de Apertura

Martes 10:30 - 14:00
16:00 - 19:30
Miércoles 10:30 - 14:00
16:00 - 19:30
Jueves 10:30 - 14:00
16:00 - 19:30
Viernes 10:30 - 14:00
16:00 - 19:30
Sábado 10:30 - 14:00
16:00 - 19:30
Domingo 10:30 - 14:00
16:00 - 19:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Parque Natural Serra da Enciña da Lastra publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría