BNG Boiro

Cómo llegar Página web

BNG Boiro Esta é unha das canles do BNG de Boiro. Aquí atoparás información da nosa actividade e escoitamo

🏠 𝗔 𝗩𝗜𝗩𝗘𝗡𝗗𝗔 𝗘́ 𝗨𝗡 𝗗𝗘𝗥𝗘𝗜𝗧𝗢O acceso á vivenda é un dos grandes problemas que estamos a sufrir como sociedade. Fronte a est...
23/10/2026

🏠 𝗔 𝗩𝗜𝗩𝗘𝗡𝗗𝗔 𝗘́ 𝗨𝗡 𝗗𝗘𝗥𝗘𝗜𝗧𝗢

O acceso á vivenda é un dos grandes problemas que estamos a sufrir como sociedade. Fronte a esta realidade, cómpre poñer sobre a mesa propostas e alternativas que garantan o dereito a unha vivenda digna.

Este martes estaremos en Boiro para falar da crise da vivenda e do traballo que o BNG está a desenvolver para dar resposta a esta problemática.

🗣️ Coa participación de Raquel Suárez, portavoz do BNG en Boiro; Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso; e André López, voceiro da Plataforma Vivenda Xa!

📍 Centro Social de Boiro
📅 Martes, 27 de outubro
🕗 20:00 h

✊ Fronte á especulación, dereitos e solucións. A vivenda non pode ser un luxo!

Agardámoste!

🤔 As decisións do Concello afectan á túa parroquia, pero escoitan a túa opinión?🗣️ Pois faite escoitar! O BNG de Boiro c...
22/10/2026

🤔 As decisións do Concello afectan á túa parroquia, pero escoitan a túa opinión?

🗣️ Pois faite escoitar! O BNG de Boiro continúa cos encontros coa veciñanza e desta volta estaremos en Bealo.

Queremos coñecer as túas preocupacións, escoitar as túas propostas e falar do que realmente importa na parroquia.

📅 Xoves 29 de outubro
🕣 20:30 h
📍 Unitaria de Ponte Beluso

💬 Porque a túa parroquia ten moito que dicir e a túa voz conta!

29/09/2026

💧 𝗕𝗢𝗜𝗥𝗢 𝗡𝗢𝗡 𝗣𝗢𝗗𝗘 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗥 𝗔𝗦Í

🎙️ A nosa portavoz do BNG de Boiro, Raquel Suárez, denuncia ante os medios o desleixo do Goberno de Martiño ante a crise da auga que o noso concello leva sufrindo desde hai anos.

🚱 Esta semana, diversas zonas de Boiro quedaron durante horas sen subministración de auga, supostamente por unha avaría na ETAP de Padrón. Unha explicación que nos xera dúbidas, especialmente tendo en conta que outros concellos da contorna non se viron afectados por esta baixada de tensión.

😡 Mentres tanto, a veciñanza boirense volveu sufrir directamente as consecuencias, pasando horas sen auga e soportando importantes trastornos no seu día a día mentres se realizaban as reparacións pertinentes.

🔧 O problema non é novo. A rede de abastecemento do noso concello precisa investimentos, renovación das tubaxes e melloras no sistema de impulsión. Porén, consideramos que o Goberno de Martiño non está a destinar os recursos necesarios para garantir un servizo básico e de calidade.

📢 Este Goberno ten outras prioridades, mentres Boiro segue cunha rede de abastecemento que necesita actuacións e investimentos urxentes.

💧 A auga é un servizo esencial. A veciñanza merece solucións, planificación e investimento, non parches.

24/09/2026

🦪 O sector mexilloeiro é un dos sectores máis produtivos de Galiza e, por suposto, fundamental para a economía da nosa ría de Arousa.

🏭 Hoxe, Ana Miranda e Rosana Pérez, deputada de Pesca do BNG, xunto con Raquel Suárez e José Vázquez, concelleiros do BNG en Boiro e Rianxo, mantivemos unha reunión con OPMEGA para coñecer de primeira man a problemática que está a xerar a entrada de mexillón chileno fronte ao produto galego.

💬Defender o mexillón galego é defender o noso sector produtivo, o emprego e a economía das nosas rías. O BNG seguirá apoiando ao sector mexilloeiro a todos os niveis, como viña facendo, e traballando para defender os seus intereses.

🫱🏻‍🫲🏽Grazas a OPMEGA por esta visita e por compartir connosco a realidade e as necesidades do sector. Estamos seguros de que será unha reunión frutífera e que permitirá seguir avanzando na defensa do mexillón galego.

𝗦𝗢𝗕𝗥𝗘 𝗔 𝗖𝗥𝗜𝗦𝗘 𝗗𝗔 𝗔𝗨𝗚𝗔 𝗘𝗡 𝗕𝗢𝗜𝗥𝗢🔵 Desde o BNG entendemos que poden existir problemas, que poden existir avarías, pero o qu...
24/09/2026

𝗦𝗢𝗕𝗥𝗘 𝗔 𝗖𝗥𝗜𝗦𝗘 𝗗𝗔 𝗔𝗨𝗚𝗔 𝗘𝗡 𝗕𝗢𝗜𝗥𝗢

🔵 Desde o BNG entendemos que poden existir problemas, que poden existir avarías, pero o que non pode suceder é que un goberno estea AUSENTE, que IMPROVISE e que MINTE.

💧 Hai núcleos do Concello que levan sufrindo a falta de auga desde o mes de xullo, como tamén pasou o ano pasado, e desde o BNG xa esiximos daquela que se adoptasen medidas.

⚠️ Nada se fixo e, como consecuencia, as veciñas e veciños seguen sen un servizo básico en pleno mes de setembro.

📢 No pleno do xoves pasado, o goberno dixo que ían informar á veciñanza sobre o tema da auga, pero co problema que se deu estes días coa auga en Boiro a resposta do goberno de Martiño foi: primeiro negar, logo non facer nada e, por último, IMPROVISAR, cortando a auga de todo o municipio no último momento e avisando minutos antes.

🌹 DÍA DA GALIZA MÁRTIR | MEMORIA, VERDADE E XUSTIZAUn ano máis, o BNG de Boiro participou na homenaxe ás persoas represa...
18/08/2026

🌹 DÍA DA GALIZA MÁRTIR | MEMORIA, VERDADE E XUSTIZA

Un ano máis, o BNG de Boiro participou na homenaxe ás persoas represaliadas e asasinadas polo franquismo, mantendo viva a súa memoria e reivindicando a verdade, a xustiza e a reparación.

Neste 2026, a lembranza estivo especialmente dedicada a Santos Ruiz Fajardo, veciño do Cabo da Cruz, e, a través da súa figura, a todas as vítimas da represión fascista.

Queremos agradecer especialmente as emotivas e enriquecedoras verbas de Luís Pérez Barral, da catedrática Aurora Marco e de Xosé Deira, que contribuíron a poñer voz, memoria e dignidade a unha xornada tan necesaria.

Porque sen memoria non hai xustiza.
Porque non esquecemos.
Lembramos para construír futuro.

16/08/2026

✊ NA DEFENSA DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DE GADIS E FROIZ

No último pleno municipal, o BNG de Boiro presentou unha moción en apoio ás traballadoras e traballadores do sector da alimentación da provincia da Coruña, na súa loita por salarios dignos, mellores condicións laborais e un convenio xusto.

Todo o noso apoio á súa mobilización e á defensa dos seus dereitos.

💪 Sen traballo digno non hai futuro digno.

▶️ Compartimos a intervención no pleno.

Dirección

Boiro

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Boiro publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir