Concello de Boqueixón

Concello de Boqueixón Benvidos/as á páxina do Concello de Boqueixón 🙌 Aquí coñecerás todas as novidades do concello

15/05/2026
🍏 𝗘𝗱𝘂𝗰𝗮𝗿 𝗲𝗻 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮O benestar dos nosos fillos/as empeza na casa. Convidámoste a participar nesta xornada informativa so...
15/05/2026

🍏 𝗘𝗱𝘂𝗰𝗮𝗿 𝗲𝗻 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮
O benestar dos nosos fillos/as empeza na casa.
Convidámoste a participar nesta xornada informativa sobre como crear hábitos de saúde dende a infancia, organizada polo Servizo de prevención de condutas adictivas Boqueixón-Teo-Touro.

Nesta sesión abordaremos piares fundamentais para o desenvolvemento infantil:
✅Alimentación equilibrada.
✅Exercicio físico regular.
✅Importancia do sono e o descanso.
✅Xestión emocional e do estrés.
✅A necesidade da desconexión dixital.

📍 Esperámosvos o 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀, 𝟮𝟲 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗶𝗼 ás 16:00h no CPI Antonio Orza Couto (aula de tecnoloxía).

📩 𝗜𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀:
Para participar, envía un correo a [email protected] indicando:
👦 Nome e apelidos.
👧 Centro educativo e curso.
👩‍👦‍👦 Idades das/os fillas/os.

Agardámosvos para construír xuntos un futuro máis saudable para a nosa mocidade! 𝗣𝗼𝗿𝗾𝘂𝗲 𝗼𝘀 𝗽𝗲𝗾𝘂𝗲𝗻𝗼𝘀 𝗰𝗮𝗺𝗯𝗶𝗼𝘀, 𝘅𝗲𝗿𝗮𝗻 𝗴𝗿𝗮𝗻𝗱𝗲𝘀 𝗿𝗲𝘀𝘂𝗹𝘁𝗮𝗱𝗼𝘀

Para camiñar cara a un futuro máis saudable, baseamos o noso benestar en cinco piares fundamentais que están totalmente conectados entre si:

🏃‍♂️ Movemento diario: Priorizar a actividade física, xogar e camiñar fronte ao sedentarismo.
🍎 Nutrición Real: Elixir comida real e variada, máis froitas e verduras, e menos ultraprocesados.
💤 Soño e Descanso: Establecer horarios regulares e rutinas de desconexión dixital antes de durmir.
📱 Uso consciente das pantallas: Controlar o tempo e o contido para que a tecnoloxía non substitúa a vida real.
🧠 Xestión Emocional: Adestrar a calma a través do tempo de calidade, a escoita activa e o afecto en familia.

✨ A forza dos micro-hábitos:
Non se trata de ser perfectos, trátase de ser conscientes. Pequenos xestos como engadir unha peza de froita ao día, camiñar xuntos 10 minutos ou apagar as pantallas antes de deitarse crean grandes resultados a longo prazo.

A saúde empeza en cada un, pero constrúese mellor cando estamos unidos: Familia + Colexio + Saúde + Concello + Comunidade = Futuro.

🌿⛪ 𝗔 𝘁𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝘃𝗼𝗹𝘃𝗲 𝗮𝗼 𝗰𝘂𝗺𝗶𝗼 𝗻𝗮 𝗥𝗼𝗺𝗮𝗿í𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻 𝗦𝗲𝗯𝗮𝘀𝘁𝗶𝗮́𝗻!O vindeiro domingo 31 de maio, o   celebra unha xornada onde...
15/05/2026

🌿⛪ 𝗔 𝘁𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝘃𝗼𝗹𝘃𝗲 𝗮𝗼 𝗰𝘂𝗺𝗶𝗼 𝗻𝗮 𝗥𝗼𝗺𝗮𝗿í𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻 𝗦𝗲𝗯𝗮𝘀𝘁𝗶𝗮́𝗻!
O vindeiro domingo 31 de maio, o celebra unha xornada onde a fe, a cultura e a convivencia danse a man en ⛰️

Se buscas vivir a esencia da nosa terra, non podes faltar a este día de festa no Monte Sagrado. Temos todo preparado para que sexa un domingo inesquecible:
🙏 Misas na capela: ás 10:00, 11:00, 12:00 e a función principal ás 13:00 h.
🍴 Para o xantar haberá polbo, churrasco e doces para repoñer forzas.
🎶 Música e baile co 𝗴𝗿𝘂𝗽𝗼 𝗡𝗼 𝗗𝗲𝗹𝗼𝗶𝗿𝗼 da A.C. Mestre Manuel Gacio que poralle o ritmo e alegría á xornada.

Vén compartir con nós esta romaría única nun marco incomparable da man da Comisión de festas A Granxa .a_granxa 🤗 𝗔𝗴𝗮𝗿𝗱𝗮́𝗺𝗼𝘀𝘁𝗲!

🌿 𝗫𝗼𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮 𝗱𝗲 𝗘𝘀𝘁𝗶𝗹𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗩𝗶𝗱𝗮 𝗦𝗮𝘂𝗱𝗮𝗯𝗹𝗲𝘀 𝗲 𝗠𝗶𝗻𝗱𝗳𝘂𝗹𝗻𝗲𝘀𝘀 🧘‍♂️O   en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, o...
12/05/2026

🌿 𝗫𝗼𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮 𝗱𝗲 𝗘𝘀𝘁𝗶𝗹𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗩𝗶𝗱𝗮 𝗦𝗮𝘂𝗱𝗮𝗯𝗹𝗲𝘀 𝗲 𝗠𝗶𝗻𝗱𝗳𝘂𝗹𝗻𝗲𝘀𝘀 🧘‍♂️
O en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza unha xornada gratuíta pensada para mellorar a calidade de vida a través do autocoidado en maiores de 65 anos.

📝Coida o teu benestar coas claves para unha vida longa e de calidade a través da alimentción, actividade física, xestión do estrés, emocións e sono. Aprende técnicas de atención e meditación para o día a día.

📍Esperámosvos no Local Social de Vigo o Martes 19 de maio en Horario: De 16 a 19h.

📞 𝗜𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀:
As prazas son limitadas. Reserva a túa ou solicita máis información chamando aos Servizos Sociais: 981 513 061.

🚜𝗖𝗼ñ𝗲𝗰𝗲𝘀 𝗮 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗻𝗼 Concello de Boqueixón  𝗼𝗻𝗱𝗲 𝗼 𝗿𝘂𝗿𝗮𝗹 𝗳𝗮𝗶𝘀𝗲 𝗮𝗿𝘁𝗲?Se buscas un plan diferente para esta fin de semana, ...
12/05/2026

🚜𝗖𝗼ñ𝗲𝗰𝗲𝘀 𝗮 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗻𝗼 Concello de Boqueixón 𝗼𝗻𝗱𝗲 𝗼 𝗿𝘂𝗿𝗮𝗹 𝗳𝗮𝗶𝘀𝗲 𝗮𝗿𝘁𝗲?
Se buscas un plan diferente para esta fin de semana, tes que vir a San Cidre📍Oural

¿𝗤𝘂𝗲 𝗮 𝗳𝗮𝗶 𝘁𝗮𝗻 𝗲𝘀𝗽𝗲𝗰𝗶𝗮𝗹?
🎨 Carrozas creadas a man polos veciños e veciñas inspirándose nas tarefas do campo e oficios tradicionais.
🍴 Degustacións do mellor da nosa terra: viño, empanada, filloas, orellas, chourizo... Unha homenaxe ao padal 𝗽𝗼𝗹𝗮 𝘃𝗼𝗻𝘁𝗮𝗱𝗲!
🤝Unha cita declarada de Interese Turístico de Galicia que non te deixará indiferente.

Non deixes que cho conten 🐂 vén o 𝗱𝗲𝘀𝗳𝗶𝗹𝗲 𝗱𝗮𝘀 𝗖𝗮𝗿𝗿𝗼𝘇𝗮𝘀 𝗼 𝗱𝗼𝗺𝗶𝗻𝗴𝗼 𝟭𝟳 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗶𝗼 𝗮́𝘀 𝟭𝟮𝗵! 🥂🥖

Fotografía presentada por José Ramón Moire Silva ( ) no II Concurso de fotografía de San Cidre "Capturando a tradición".

💼 𝗡𝗼𝘃𝗮 𝗼𝗽𝗼𝗿𝘁𝘂𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝗹 𝗲𝗻 𝗕𝗼𝗾𝘂𝗲𝗶𝘅𝗼́𝗻!Enoturismo María Manuela  busca persoal para incorporarse ao seu equipo nunha ...
12/05/2026

💼 𝗡𝗼𝘃𝗮 𝗼𝗽𝗼𝗿𝘁𝘂𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝗹 𝗲𝗻 𝗕𝗼𝗾𝘂𝗲𝗶𝘅𝗼́𝗻!
Enoturismo María Manuela busca persoal para incorporarse ao seu equipo nunha contorna única. Se che gusta traballar en contacto coa natureza e o sector turístico, esta oferta é para ti.

🌿 𝗕𝘂́𝘀𝗰𝗮𝘀𝗲 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝗹 𝗽𝗮𝗿𝗮:
-Limpeza de cabañas: Para garantir a mellor experiencia dos visitantes.
- Traballos de viñedo: Mantemento e coidado de vides.

🗓️ 𝗫𝗼𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮: Completa, de luns a domingo cos descansos legalmente estipulados.

Como enviar a túa candidatura?
📧 Correo electrónico: [email protected]
📱 WhatsApp: 672 941 407

Non deixes pasar a oportunidade de traballar nun dos referentes do enoturismo da nosa zona!🍷

🏃‍♂️💨 𝗢 𝗱𝗲𝗽𝗼𝗿𝘁𝗲 𝗲 𝗮 𝗹𝗶𝗻𝗴𝘂𝗮 𝘂́𝗻𝗲𝗻𝘀𝗲 𝗻𝗮 𝗫𝗜𝗜 𝗖𝗮𝗿𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗖𝗮𝗺𝗶ñ𝗼 𝗱𝗮𝘀 𝗟𝗲𝘁𝗿𝗮𝘀!Hoxe presentouse oficialmente a XII Carreira Camiño...
11/05/2026

🏃‍♂️💨 𝗢 𝗱𝗲𝗽𝗼𝗿𝘁𝗲 𝗲 𝗮 𝗹𝗶𝗻𝗴𝘂𝗮 𝘂́𝗻𝗲𝗻𝘀𝗲 𝗻𝗮 𝗫𝗜𝗜 𝗖𝗮𝗿𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗖𝗮𝗺𝗶ñ𝗼 𝗱𝗮𝘀 𝗟𝗲𝘁𝗿𝗮𝘀!
Hoxe presentouse oficialmente a XII Carreira Camiño das Letras, unha cita imprescindible que o vindeiro 17 de maio volverá conectar o deporte coa nosa cultura galega.📖

O noso alcalde, Ovidio Rodeiro Tato , participou no acto de presentación xunto a Ana Isabel Vázquez, directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura; Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura; Antonio Riveira, representante de Xurdir; Iván Sanmartín, presidente da Federación Galega Atletismo; Manuel César, concelleiro de Facenda e Persoal do Concello de Santiago; e Valentín García Gómez , secretario xeral da Lingua.

O que fai única a esta carreira é o seu espectacular percorrido, que ten como punto de partida o Sacro ⛰️ Desde o noso cumio máis emblemático, os corredores iniciarán o camiño cara á Cidade da Cultura (15 km) nunha xornada de convivencia e orgullo pola nosa terra.

Non perdas a oportunidade de correr nunha das contornas máis fermosas de Galicia! 🏃‍♂️
🔗 𝗔𝗻𝗼́𝘁𝗮𝘁𝗲 𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗱𝗼 𝟭𝟰 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗶𝗼:
https://www.carreirasgalegas.com/events/xii-carreira-camio-das-letras/Vm8AV79a

📖 𝗢 𝘀𝗲𝗻𝘁𝗶𝗿 𝗱𝗲 𝗢𝘂𝗿𝗮𝗹 𝗽𝗹𝗮𝘀𝗺𝗮𝗱𝗼 𝗲𝗻 𝗽𝗮𝗽𝗲𝗹!O sábado vivimos unha xornada cargada de emoción en Camporrapado coa presentación ...
11/05/2026

📖 𝗢 𝘀𝗲𝗻𝘁𝗶𝗿 𝗱𝗲 𝗢𝘂𝗿𝗮𝗹 𝗽𝗹𝗮𝘀𝗺𝗮𝗱𝗼 𝗲𝗻 𝗽𝗮𝗽𝗲𝗹!
O sábado vivimos unha xornada cargada de emoción en Camporrapado coa presentación do libro "𝗖𝗮𝗿𝗿𝗼𝘇𝗮𝘀 𝗱𝗼 𝗦𝗮𝗻 𝗖𝗶𝗱𝗿𝗲. 𝗖𝗼𝘀𝘁𝘂𝗺𝗲𝘀, 𝗮𝗴𝗿𝗼 𝗲 𝘁𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻”. Un proxecto que nace do recordo e do sentimento compartido para preservar o noso.

O alcalde, Ovidio Rodeiro Tato, non quixo perderse esta cita tan especial, na que estivo acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, e representantes da corporación municipal.

🎥 Antes da presentación, desfrutamos do documental que recolle as nosas raíces, un traballo do que nos sentimos profundamente orgullosos.
𝗦𝗲 𝗮í𝗻𝗱𝗮 𝗻𝗼𝗻 𝗼 𝗰𝗼ñ𝗲𝗰í𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗱𝗲𝗶𝘅𝗮́𝗺𝗼𝘀𝘃𝗼𝘀 𝗼 𝗲𝗻𝗹𝗮𝗰𝗲 𝗮𝗾𝘂í:
👉 youtube.com/watch?v=GL03eVYdYgY

❤️ Grazas á veciñanza de Oural por abrir as portas das vosas casas, compartir as vosas fotografías e regalarnos as vosas vivencias en horas de conversa e felicitacións á Asociación polo seu extraordinario traballo para a Festa das Carrozas San Cidre.

🤝 Animámosvos a todos/as a participar este fin de semana en todas as actividades que teñen preparadas nesta 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗿𝗲𝘀𝗲 𝗧𝘂𝗿í𝘀𝘁𝗶𝗰𝗼 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮.

⚽ 𝗨𝗻𝗵𝗮 𝗹𝗲𝗻𝗱𝗮 𝗱𝗼 𝗳𝘂́𝘁𝗯𝗼𝗹 𝗰𝗵𝗲𝗴𝗮 𝗮𝗼 𝗻𝗼𝘀𝗼 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼: Benvido, Donato!Recibimos no cumio do Pico Sacro Boqueixón ao ex xogador...
11/05/2026

⚽ 𝗨𝗻𝗵𝗮 𝗹𝗲𝗻𝗱𝗮 𝗱𝗼 𝗳𝘂́𝘁𝗯𝗼𝗹 𝗰𝗵𝗲𝗴𝗮 𝗮𝗼 𝗻𝗼𝘀𝗼 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼: Benvido, Donato!

Recibimos no cumio do Pico Sacro Boqueixón ao ex xogador profesional Donato Gama da Silva.
Alí presentamos o acordo entre a Escola Donato Tecnificación e Vedra-Boqueixón Escola Deportiva para que os nosos municipios sexan sede oficial do IX Campus Donato.

Esta formación está dirixida a rapaces/as de entre 6 e 15 anos que queiran perfeccionar o seu fútbol coa metodoloxía dun campión.
🗓️ Datas: Do 29 de xuño ao 3 de xullo de 2026.
📍 Sede: Concello de Vedra -
🎟️ Plazas: 100 prazas dispoñibles. Moi limitadas!

𝗢 𝗾𝘂𝗲 𝗶𝗻𝗰𝗹𝘂́𝗲 𝗼 𝗰𝗮𝗺𝗽𝘂𝘀:
⚽ Entrenamiento técnico diario coa metodoloxía Donato.
🏆 Partido oficial de clausura.
👕 Camiseta oficial do campus.
📜 Diploma e recordo de participación.
🏥 Seguro deportivo.
🏷️ Prezo xeral: 115 €.
🤝 Prezo socios Vedra-Boqueixón ED: 100 €.

🔗 𝗜𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗲 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗶𝗻𝗳𝗼:
👉 https://campamentoscoruna.es/es

Non perdas a oportunidade de aprender cos mellores 𝗻𝗼 𝗰𝗮𝗺𝗽𝗼! 🏃‍♂️💨

Dirección

Boqueijón
15881

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Boqueixón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Boqueixón:

Compartir