BNG de Brión

BNG de Brión Bloque Nacionalista Galego de Brión.

07/06/2026

🚨 A mina de Touro-O Pino ameaza o ecosistema do Ulla e o sector marisqueiro da Arousa.

✊ Deámoslle xaque mate ao proxecto do PP!

✊ Este 14 de xuño, mobilízate!
· 12 horas, Praia do Vao da Illa de Arousa.

📍 Encontro coa veciñanza en Cornanda📅 Domingo, 7 de xuño🕧 12:30 horas📍 Antiga escola de CornandaEspazo aberto para falar...
04/06/2026

📍 Encontro coa veciñanza en Cornanda

📅 Domingo, 7 de xuño
🕧 12:30 horas
📍 Antiga escola de Cornanda

Espazo aberto para falarmos sobre cuestións de interese para a veciñanza, como a recollida do lixo, as frecuencias de autobús, a seguridade viaria, a balsa... O que a ti che preocupe, a nós interésanos!

⚫️ Desde o BNG de Brión unímonos a dor desta familia e convidamos a asistir ao minuto de silencio que se gardará mañá ás...
21/05/2026

⚫️ Desde o BNG de Brión unímonos a dor desta familia e convidamos a asistir ao minuto de silencio que se gardará mañá ás 12 na praza do Concello.

⚫ 𝗖𝗢𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗔𝗗𝗢 𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟 ⚫

O Concello de Brión decreta dous días de loito oficial polo tráxico falecemento dunha menor de idade no día de onte no noso municipio. Durante ese período (21 e 22 de maio) as bandeiras exteriores do Concello de Brión ondearán a media hasta nos edificios municipais.

Así mesmo, convócase a todos os veciños e veciñas a gardar un minuto de silencio en sinal de dó mañá venres 22 de maio, ás 12:00 horas, na praza do Concello.

Finalmente queremos trasladar o noso máis sentido pésame e todo o noso apoio á familia da pequena que onte perdeu a vida en Brión, así como a todas as súas amizades, ao tempo que poñemos á súa disposición todos os recursos municipais que precisen nestes duros momentos.

Descanse en paz.

🩷💙 Un día diverso este 17 de Maio. Unha representación da asemblea do BNG de Brión estivemos na manifestación nacional d...
17/05/2026

🩷💙 Un día diverso este 17 de Maio. Unha representación da asemblea do BNG de Brión estivemos na manifestación nacional de Compostela en defensa da nosa lingua. 🗣️📚

🎶 Case en paralelo, tamén acompañamos outra manifestación viva da nosa cultura, como é a nosa música tradicional, presente hoxe no Santo Isidro dos Ánxeles.

Porque o galego non se defende un día ao ano: deféndese, vívese e fálase os 365 días. 👅

Iso sabíao moi ben Begoña Caamaño 👩🏼‍🦱, a personalidade á que este ano se dedica o Día das Letras Galegas. Estudou maxisterio, mais exerceu o xornalismo porque consideraba que era o mellor xeito de combater as inxustizas. ✍️

🗣️ Parafraseando a autora: este é tempo de mudar as regras do xogo, de transformar o mundo con cambios profundos e estruturais, construíndo máis igualdade, máis liberdade, máis dignidade… e tamén máis felicidade. 🤗

17/05/2026
🎭 Esta tarde asistimos ao acto de entrega do VIII Premio Laudamuco para textos teatrais, concedido á escritora María Pei...
16/05/2026

🎭 Esta tarde asistimos ao acto de entrega do VIII Premio Laudamuco para textos teatrais, concedido á escritora María Peinado Casal.

O BNG de Brión estivo representado por Xosé P***s, concelleiro e portavoz municipal; Tito Souto, concelleiro; e Marta Romero, próxima concelleira.

Tivemos a oportunidade de darlle persoalmente a autora os parabéns por este premio, unha nova achega ao teatro galego e que contribúe de xeito positivo á proxección cultural de Brión.

14/05/2026

Será Pablo Lago o candidato do BNG de Brión? 🤔

Nunha entrevista recente, o noso alcalde asegurou que aínda non sabe por que partido político se presentará ás eleccións municipais do ano que vén.

«Non sei se vou seguir no PSOE, se vou ser independente, se vou ir no PP, se vou ir no BNG» 😳🎭

Pois desde aquí podemos confirmar unha cousa: polo BNG non se vai presentar 😅

E tamén podemos confirmar outra cousa: o BNG vaise presentar ás eleccións locais do 2027 cun detallado programa que vai dar resposta a todas as necesidades que nos levades comunicando meses, incluso anos. 📝

No BNG temos valores, principios e un proxecto claro para Brión. Un modelo que pon ás veciñas e veciños no centro das preocupacións e do traballo político 🏘️

E levámolo demostrando durante anos, con reunións, propostas e traballo feito cos nosos propios recursos e medios; non organizando actos nas últimas semanas con recursos municipais 📸🏛️

Porque cando hai valores, principios e proxecto, non se xoga á confusión nin se vai probando siglas segundo sopre o vento 🌬️😉

🚨 Esiximos solucións para o GES de BriónDende o BNG de Brión esiximos unha solución inmediata á situación insostíbel que...
06/05/2026

🚨 Esiximos solucións para o GES de Brión

Dende o BNG de Brión esiximos unha solución inmediata á situación insostíbel que está a vivir o Grupo de Emerxencias Supramunicipal, obrigado incluso a pechar por falta de persoal. Estamos a falar dun servizo esencial que atende a miles de persoas en Brión e en toda a comarca.

🧯 Non pode haber seguridade sen recursos. Non pode haber resposta ás emerxencias sen persoal suficiente.

É inadmisíbel que quen coida da nosa seguridade teña que traballar en condicións precarias, con cadros de persoal insuficientes e sobrecargas continuas.

Desde o BNG xa nos reunimos co persoal deste servizo e elevamos as súas demandas ao Concello, que até hoxe non fixo nada. O goberno local non pode ollar para outro lado: ten que actuar xa.

🗣️ Demandamos:
👉 Reforzo inmediato do persoal do GES.
👉 Condicións laborais dignas e estábeis.
👉 Un modelo de financiamento xusto e suficiente para garantir o servizo.

A seguridade da veciñanza non pode depender da precariedade laboral de quen a garante.

🟦👉 Desde 2017, o Goberno da Deputación da Coruña, do que forma parte o BNG e no que xestionamos a área de Plans Provinci...
29/04/2026

🟦👉 Desde 2017, o Goberno da Deputación da Coruña, do que forma parte o BNG e no que xestionamos a área de Plans Provinciais, leva investidos 7,56 millóns de euros en Brión a través do Plan Único (POS).

🟦Un investimento histórico que está mellorar infraestruturas e axuda a financiar servizos básicos. Isto é especialmente importante nun Concello que a día de hoxe se goberna COS ORZAMENTOS DO 2024.

🟦As principais actuacións desenvolvidas en Brión foron para:

✅ Mellora viaria de Coruxido a Sabaxáns, con máis de 265.000 euros.
✅ Senda en Chave de Ponte, con máis de 141.000 euros.
✅ Mellora viaria en Lamiño, con máis de 83.000 euros.
✅ Senda de Cantalarrana ao Cabo, con máis de 204.000 euros.
✅ Pavimentación do acceso a Gosende e outras actuacións, con máis de 283.000 euros.

🟦Dos 7,56 millóns investidos en Brión desde 2017:

✅ 4,01 millóns permitiron executar 38 obras no municipio.
✅ 2,70 millóns destináronse a servizos básicos.
✅ Máis de 464.000 euros investíronse en gasto social para apoiar as persoas que máis o precisan.

🟦Desde o Goberno provincial, o BNG segue demostrando que unha política útil é a que leva recursos aos Concellos, impulsa transformacións reais e mellora a vida da nosa xente.

Dirección

Carballeira Santa Minia
Brion
15865

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG de Brión publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir