Partido Popular de Cangas do Morrazo

Partido Popular de Cangas do Morrazo Facebook oficial del Partido Popular de Cangas do Morrazo.

As normas de tráfico son iguais para todos? En Cangas, parece que non.“Progresismo” en Cangas é fritir a impostos aos ve...
23/05/2026

As normas de tráfico son iguais para todos? En Cangas, parece que non.

“Progresismo” en Cangas é fritir a impostos aos veciños e veciñas mentres aparcan o coche oficial en liña amarela para ir comodamente ao Auditorio.

📸 Aquí tedes o coche oficial da alcaldesa do BNG saltándose as normas que ti si tes que cumprir.

Cómpre lembrar que Araceli Gestido pasará á historia por ser a primeira alcaldesa de Cangas en usar un coche oficial (un Volvo negro cuxos gastos e mantemento recaen sobre a Policía Local), a pesar de ter un soldo maior que o dos seus antecesores. 💶💶💶💶

Mentres ao tripartito non lle treme o pulso para meterlle a man no peto á veciñanza co taxazo do lixo, eles gozan de privilexios intocables e aparcan onde lles dá a gaña.

📝 A ecuación é simple: Se ti deixas o coche aí, levas unha multa. Se o fai o BNG... miran para outro lado.

“Fai o que eu digo, pero non o que eu fago.”

Hai unha regra non escrita que nunca falla: escoita o que din, pero fíxate só no que fan.Levamos anos aguantando lección...
19/05/2026

Hai unha regra non escrita que nunca falla: escoita o que din, pero fíxate só no que fan.

Levamos anos aguantando leccións continuas sobre a defensa dos servizos públicos. Moito slogan, moita bandeira e moito ruído na rúa. Pero cando pechan a porta do despacho e lles toca xestionar de verdade, a realidade de Cangas é outra ben distinta.

Un a un, os servizos de toda a vida van rematando en mans de empresas privadas, mentres miran para outro lado e fan como que non pasa nada. Non é un caso illado, nin un erro puntual: é o seu modelo real de goberno.

O problema xa non é só a incapacidade de xestionalo noso; é a falta de sinceridade con todos os veciños. En Cangas xa imos aprendendo a distinguir perfectamente entre o conto e as contas.

18/05/2026

Titulares de prensa e proxectos pantasma para tentar tapar o abandono. Esa é a única folla de ruta do goberno local.

Cangas atranca en fochancas e afógase en augas fecais mentres o desgoberno de BNG, PSOE e EU sorrí para a foto. Onde están os 1,3 millóns de euros recadados do imposto de rodaxe? Dende logo, no mantemento das nosas rúas non.

Non hai mentira en titular nin contrato menor para a xestión de redes sociais que poida maquillar a falta de respecto a unha veciñanza que só pide servizos básicos dignos para o seu día a día. A incapacidade para garantir a mobilidade dunha cadeira de rodas e manter as rúas limpas non se arranxa botando a culpa aos demais, nin gastando cartos en patrocinar manifestacións afíns; arránxase traballando.

Cangas merece dignidade, servizos básicos que funcionen e un goberno que saiba xestionar. Cangas non necesita máis gobernos de escaparate nin impostos que non reverten no pobo.

Unha vila que non coida á súa xuventude é unha vila que lle está a pechar a porta ao seu propio futuro.Non falamos de gr...
16/05/2026

Unha vila que non coida á súa xuventude é unha vila que lle está a pechar a porta ao seu propio futuro.

Non falamos de grandes promesas nin de debates políticas abstractas; falamos do que pasa un sábado pola tarde. Falamos da frustración de querer estudar e atopar a porta pechada, de querer facer deporte e ver as pistas esnaquizadas, ou de ter un grupo de música e sentir que no teu propio concello non hai espazo para ti.

Cando as decisións de quen goberna empurran á xente nova a marchar fóra para formarse, xogar ou simplemente pasar o rato, algo rompe na nosa comunidade. Cangas ten enerxía, talento e moita vida. O único que fai falta é deixar de poñerlle freo e, sobre todo, deixar de botarlle a culpa aos de sempre para tapar o que non se fai dende o concello.

Unha administración non pode esixir o cumprimento dunha norma saltándose a lei para aprobala.O documento xurídico que vi...
13/05/2026

Unha administración non pode esixir o cumprimento dunha norma saltándose a lei para aprobala.

O documento xurídico que vimos de presentar, asinado pola nosa voceira Dolores Hermelo, non é unha simple queixa: esixe a nulidade radical de todo o procedemento da nova Ordenanza do Lixo. O BNG e os seus socios cometeron unha ilegalidade de manual ao iniciala na Xunta de Goberno, cando a Lei de Bases do Réxime Local prohibe taxativamente delegar a aprobación de normas sancionadoras nese órgano. Esa é unha competencia exclusiva da Asemblea da Mancomunidade que tentaron saltar pola porta de atrás.

O máis grave é que non foi un erro por descoñecemento. A Deputación de Pontevedra xa advertira disto hai unha década (2016), con informes xurídicos que sinalaban que as delegacións de funcións non poden ser nin xenéricas nin estatutarias. Aínda así, o tripartito decidiu usurpar as funcións da Asemblea. Mesmo tentaron rebentar o debate no último Pleno rachando cos pactos tácitos entre grupos, nunha manobra puramente antidemocrática para impoñer o seu afán recadatorio fóra do escrutinio público.

As regras do xogo democrático están para respectarse, e este procedemento nace morto desde o punto de vista legal.

Cangas é moito máis ca un lugar de paso no verán. É a nosa casa, o noso traballo, o noso equipo suando a camiseta na pis...
12/05/2026

Cangas é moito máis ca un lugar de paso no verán. É a nosa casa, o noso traballo, o noso equipo suando a camiseta na pista e os nosos fillos madrugando para coller o barco.

Pero para que a nosa vila non quede estancada, fan falta proxectos reais. O que de verdade necesitamos é que as cousas se resolvan e saian adiante dunha vez.

Mentres no Concello o día a día resúmese en tensión e parálise, dende a Xunta e a Deputación seguen traballando (e investindo) en silencio para que o Gatañal, as nosas estradas, as parroquias e os nosos veciños teñan os recursos que merecen.

O potencial que ten Cangas é enorme. O único que fai falta é un equipo que, de verdade, queira traballar por el e xestionalo como é debido.

Porque as palabras lévallos o vento na ría, pero as obras e as melloras quedan para os que vivimos aquí.

Dirección

Bueu

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Partido Popular de Cangas do Morrazo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Partido Popular de Cangas do Morrazo:

Compartir

Categoría