23/05/2026
🟣Como dicia Begoña Caamaño : “É o tempo do feminismo: da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e, por que non?, da felicidade”.
👏Temos que dar as grazas ao feminismo por ser un motor de transformación da sociedade desde o local.
📍Hoxe tivemos en Bueu a xornada da II Escola de Formación Feminista María Soliña do Morrazo organizada por Acción Feminista O Morrazo.
Destacamos tres cuestións fundamentais :
🧏♀️Analizamos con perspectiva de xénero a participación das mulleres: un reto aínda pendente.
📣A asemblea local de Bueu aportou a perspectiva das compañeiras Isaura Framil e Carmen García, e deuse a coñecer a experiencia de Elisa González como primeira muller do goberno de Concello de Bueu en 1979.
🧏♀️Analizáronse ademais as experiencias políticas de mulleres na nosa comarca históricas e actuais; a disertación de Carme Adán sobre o seu estudo sobre 50 anos de feminismo organizado; e o traballo no asociacionismo cultural e de defensa do monte no Morrazo e na Lama coa mostra de teatro Cómico e Festivo de Cangas e a comunidade de montes de Antas.