31/07/2026
No PLENO ORDINARIO DE HOXE
O PP de Camariñas presenta varias demandas e propostas no pleno ordinario de xullo
A portavoz do Partido Popular de Camariñas, Paula Mouzo Mas, trasladou varias peticións no pleno ordinario do mes de xullo celebrado este venres.
Paula Mouzo volveu a demandar o arranxo da estrada da Lagoa, que comunica Arou e Camelle, porque trátase “dunha demanda histórica e o seu estado é lamentable”. E reiterou a petición trasladada con anterioridiade sobre a necesidade de mellorar a “vía de acceso ao campo de fútbol da Grixa” na Ponte do Porto.
Outra actuación que demandou a portavoz popular foi a renovación integral dunha rúa na Estivadiña en Santa Mariña “por seguridade e para evitar gastos reiterados de reparacións”.
Tamén insistiu na súa proposta para que o concello compre “baños portátiles” para prestar servicio en tódalas parroquias en festas ou eventos que o requiran.
E emprazou, nuevamente, á alcaldesa a valorar a proposta formulada pola Xunta para solucionar o problema de transporte dos estudiantes das localidades de Camelle, Arou, Santa Mariña e Brañas Verdes. Criticou a falta de resposta e iniciativa do PSOE neste tema.
Asi mesmo interesouse pola situación duns postes na Milleira (Camariñas), polos fallos no subministro eléctrico en Riás, Pión, Tilleiro e Mourín, a falta de renovación dun tramo do paseo marítimo de Camariñas (competencia municipal), as medidas previstas en relación coa calidade da auga da praia de Camelle e pola ordenaza de autocaravanas prevista a nivel comarcal.
O PP tamén pediu datos polo custo das medallas dos fillos predilectos e adoptivos de Camariñas e polos problemas puntuais de acceso a unha rampa para a baixada ao río de embarcacións na Ponte do Porto.
Nun pleno no que o goberno local “non presentou asuntos relevantes” e “segue na súa inercia preocupante”, O PP votou a favor dos festivos locais e abstívose no Plan estratéxico de subvencións 2026.