Nova TFE

Nova TFE Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Nova TFE, Paseo da Calzada, s/n, Cambados.

Potenciar la investigación, el desarrollo tecnológico y la innovación

Fomento de la inversión empresarial en I+i, el desarrollo de vínculos y sinergias entre las empresas, los centros de investigación y desarrollo y el sector de la en Crecimiento inteligente a través de una cooperación transfronteriza para el impulso de la Innovación
El proyecto facilitará que la investigación aplicada relacionad

a con internet de las cosas (especialmente smart city) y fabricación avanzada, se traslade a las PYMES de los sectores más relevantes del espacio transfronterizo, involucrando directamente a su personal en redes de intercambio y en laboratorios de prototipado y experimentación. El desarrollo de redes facilitará el acceso de las PYMES a los procesos de innovación y el trabajo centrado en en laboratorios de prototipado y experimentación acercará los productos desarrollados a los mercados reales. La cooperación transfronteriza enriquecerá la transferencia tecnológica (al incluir centros de investigación de ambos países) y permitirá el acceso a un mercado más amplio.

INSCRÍBETE EN EL CURSO GRATUIDO DE ROBOTICA Y ELECTRONICA BASICA!!!
22/11/2022

INSCRÍBETE EN EL CURSO GRATUIDO DE ROBOTICA Y ELECTRONICA BASICA!!!

Fecha del evento: del 25 de noviembre; 2, 3, 16 y17 de diciembre Dirección del evento: Rúa Pablo Picasso, nº1-1ªE, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) Ponte en contacto con nosotros en el (34) 986521115 o escribe a [email protected]

O deputado Jorge Pumar participou na mañá do día 20 de outubro na inauguración desta iniciativa, nacida no marco do prox...
27/10/2022

O deputado Jorge Pumar participou na mañá do día 20 de outubro na inauguración desta iniciativa, nacida no marco do proxecto de cooperación transfronteiriza NOVA TFE dentro do Programa Interreg V España - Portugal
Jorge Pumar reivindicou a "aposta decidida pola innovación e a creatividade" da Deputación de Ourense e destacou que este proxecto supón un paso máis para "pasar da cultura educativa á cultura industrial"
Ourense, 20 de outubro de 2022.- A Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus acolleu esta mañá a inauguración do Laboratorio de Experimentación e Prototipado de Ourense, unha iniciativa nacida no marco do proxecto de cooperación transfronteiriza NOVA TFE (Novas Oportunidades de Negocio para Pemes Baseadas en Tecnoloxías Facilitadoras) e da colaboración entre a Deputación de Ourense e a Universidade de Vigo.
O obxectivo desta iniciativa é ofrecer tecnoloxías facilitadoras a alumnado, profesorado, pemes e emprendedores para o desenvolvemento real das súas ideas. NOVA TFE é un proxecto de cooperación transfronteiriza do Programa Interreg V España-Portugal (Poctep) 2014-2020 que conta con financiamento Feder, fondos europeos de desenvolvemento rexional.
O deputado Jorge Pumar participou na presentación do laboratorio, acompañado polo director da Escola Superior de Enxeñaría Informática, Francisco Javier Rodríguez, e o xerente da Mancomunidade de O Salnés, Ramón Ginarte.
Jorge Pumar lembrou a "aposta decidida pola innovación e a creatividade" da Deputación de Ourense e destacou que este proxecto supón un paso máis para "pasar da cultura educativa á cultura industrial". A clave, explicou o deputado, é conseguir "que exista unha cultura emprendedora, unha cultura da innovación na cidade" e neste senso, dixo, o laboratorio permite que o alumnado da Universidade de Vigo e outros colectivos "teñan un sitio físico no que as súas ideas as poidan converter en realidade".
Pola súa banda, Francisco Javier Rodríguez puxo en valor e agradeceu ás entidades implicadas o esforzo feito para a posta en marcha desta infraestrutura. Dela sinalou que non é un laboratorio só universitario: "Queremos que sexa un polo de atracción de proxectos e empresas", lembrando como o profesorado do centro xa desenvolve proxectos con empresas e entidades ourensás, galegas e estatais. En todo caso, o responsable académico sinalou que o centro ten "moitos plans" para empregar este laboratorio en tarefas docentes e investigadoras, especialmente en relación co grao e mestrado en Intelixencia Artificial, empezando este último a vindeira semana as súas prácticas nel.
Por último, Ramón Ginarte, indicou que a apertura deste espazo é unha das últimas accións de NOVA TFE, proxecto que se veu afectado de cheo pola pandemia e que definiu como "un proxecto complexo, porque estamos falando dun proxecto onde hai que facer, despois da fase de diagnose, un despregue de tecnoloxía innovadora que queremos pór a disposición de pequenas e medianas empresas ou emprendedores". Pondo en valor o "tremendo esforzo" feito no marco desta iniciativa, subliñou que o resultado é "un proxecto cunha calidade alta e unha tecnoloxía e uns laboratorios que quedarán para o futuro".

Dotación tecnolóxica
O director da Escola Superior de Enxeñaría Informática foi o encargado de explicar as características dun laboratorio que, dixo, está dotado de "equipamento educativo pero en novas tecnoloxías facilitadoras, ten un grao máis de innovación". Nel, indicou, centráronse no eido das cidades intelixentes ou "smart cities", establecendo sinerxía con outros proxectos que ten a Deputación de Ourense neste eido (para ter acceso ás plataformas 'smart city' deste órgano provincial e conexión ao seu portal de datos aberto) e establecendo tamén acceso á sensorica realizada en NOVA TFE (tanto no pazo provincial ourensán como en sete concellos da provincia e dentro da Mancomunidade de O Salnés). Desde o laboratorio poderase traballar cos estes datos e software e tamén coas ferramentas "tanxibles" dispoñible nel.
Alén do eido "smart cities", o laboratorio, detallou Francisco Javier Rodríguez, consta de diferentes áreas. Unha delas é a de industria 4.0, contando con ferramentas como unha impresora industrial de alta capacidade "que pode crear pezas de resistencia homologada en industria" e que xa está sendo empregada polo alumnado do monopraza UVigo Motorsport. Tamén está dotado con unidades de estación de traballo que permiten principalmente procesar algoritmos de intelixencia artificial para, por exemplo, temas de vehículos autónomos. No centro tamén se fixo "unha aposta importante polo que é a visión artificial, incluíndo cámaras específicas de visión tanto industrial, que poidan ser colocadas nun dispositivo móbil, como cámaras de planta, que poidan, por exemplo, distinguir o movemento das persoas".
A nivel industrial pero educativo, o laboratorio, enumerou Francisco Javier Rodríguez, está dotado de varios kits educativos para simulación do que sería unha fábrica intelixente. Asociado á fábrica intelixente, tamén dispón de controladores Arduino para poder facer simulacións domóticas e kits de sensórica para a Internet das Cousas. Complementando estes equipos, o espazo tamén ten unha pantalla interactiva que será demostrador de toda a sensórica que se está instalando en diferentes puntos de Galicia con NOVA TFE. Por último, a UVigo tamén dotou o laboratorio de dous robots industriais colaborativos con sistemas de visión artificial que se empregarán igualmente nas novas titulacións de grao e mestrado en Intelixencia Artificial.

Procesos de innovación para o tecido empresarial
No proxecto NOVA TFE participa un equipo multidisciplinar da Universidade de Vigo formado por investigadoras e investigadores da Escola Superior de Enxeñaría Informática, das facultades de Dereito e Ciencias Empresariais e Turismo e da Escola de Enxeñaría Industrial. Ademais da institución académica, son socios do proxecto a Mancomunidade de O Salnés (líder da iniciativa), a Deputación de Ourense, a Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia e a Câmara Municipal de Valença (Portugal).
O obxectivo principal deste proxecto é potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, mellorando a participación do tecido empresarial nos procesos de innovación nas actividades de I+D+I máis achegadas ao mercado. A iniciativa quere facilitar que a investigación aplicada relacionada coa Internet das cousas (especialmente smart cities) e a fabricación avanzada sexan trasladadas ás pemes (menos urbanas) dos sectores máis relevantes do espazo transfronteirizo, involucrando directamente ao seu persoal en redes de intercambio e nos laboratorios de experimentación e prototipado.

25/10/2022
02/06/2022
SynchroniCity, un proyecto europeo que ha sentado las bases de un mercado digital único para soluciones IoT e IA
07/10/2020

SynchroniCity, un proyecto europeo que ha sentado las bases de un mercado digital único para soluciones IoT e IA

El proyecto europeo SynchroniCity ha sentado las bases de un mercado digital único para fabricantes y proveedores de dispositivos y soluciones de IoT

Nuevo informe desvela que la mayoría de la ciudadanía pide avanzar hacia un modelo urbano más inteligente y sostenible
07/10/2020

Nuevo informe desvela que la mayoría de la ciudadanía pide avanzar hacia un modelo urbano más inteligente y sostenible

Un nuevo estudio del Instituto de Investigación de Capgemini, bajo el título ‘Street Smart: Putting the citizen at the center of Smart City initiatives’, ha

Nuevo informe desvela que la mayoría de la ciudadanía pide avanzar hacia un modelo urbano más inteligente y sostenible.
07/10/2020

Nuevo informe desvela que la mayoría de la ciudadanía pide avanzar hacia un modelo urbano más inteligente y sostenible.

Un nuevo estudio del Instituto de Investigación de Capgemini, bajo el título ‘Street Smart: Putting the citizen at the center of Smart City initiatives’, ha

Nuevo informe de Signify hace un recorrido por las fases para alcanzar una smart city
07/10/2020

Nuevo informe de Signify hace un recorrido por las fases para alcanzar una smart city

La especialista mundial en iluminación Signify, en colaboración con la firma de inteligencia de mercado de infraestructuras inteligentes Northeast Group

Dirección

Paseo Da Calzada, S/n
Cambados
36630

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Nova TFE publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir