05/03/2025
📣 O Concello de Cambre organizará varias actividades para conmemorar o , Día Internacional da Muller:
💜 Venres, 7 de marzo, ás 12.00 horas, na Casa do Concello.
📖 Lectura do manifesto polo 8M.
💜 Luns, 10 de marzo, ás 19.30 horas en Vila Concepción.
🗣️ Charla-coloquio 'Exemplos en feminino', na que varias veciñas falarán sobre a presenza da muller nos seus sectores profesionais.
💜 Sábado, 15 de marzo, ás 17.00 horas no ximnasio Óliver Díaz Docando.
🤼♂️ Clase de Defensa persoal para mulleres impartida polo Club Kaizen.
Animádevos! 💪🏼