ELM Camposancos

ELM Camposancos Entidade Local Menor de Camposancos.

06/06/2026
Entre outras cousas presentamos os labores destes últimos días:✔️ Enviamos escrito ao concello para que solucione a situ...
05/06/2026

Entre outras cousas presentamos os labores destes últimos días:
✔️ Enviamos escrito ao concello para que solucione a situación do Camiño do Couto, na entrada pola lápida e todas as excavacións que hai na estrada e en Saá, levamos meses agardando.
Pedimos que se inste á empresa que comezou as obras hai meses que remate a obra XA!
O descontento de veciños e veciñas, xa nos acabou coa paciencia.
✔️ Co desbroce do Outeiro do lobo quedaron unhas vistas espectaculares e descubríronse rochas fermosísimas que estaban cubertas pola maleza.
✔️Limpeza no Cascallar, inmediacións da Armona, Baixada á Amona , continuando en dirección á praia.
✔️Retiráronse varias acacias nas Coelleiras caídas de propiedades privadas.

04/06/2026

ATENCIÓN!! HOUBO UN ERRO DE ENTENDEMENTO, CHAMOUNOS UNHA EMPRESA E INTERPRETAMOS QUE SE REFERÍA AO ARRANXO DO COUTO, PERDOEN AS MOLESTIAS, VAN PECHAR MAÑÁ O CAMIÑO DE SALGUEIRÓ, CHAMADO TAMÉN RUA DE ABAIXO, O QUE VAI DAR Á ESCOLA PARA ARRANXAR UNHAS PEDRAS SOLTAS. GRAZAS!!
O concello non nos informou da obra tal e como debía facer.

Continuamos cos desbroces no Cascallar, muro da Armona e Baixada á Armona.Tamén retiramos acacia que obstruia o paso pol...
03/06/2026

Continuamos cos desbroces no Cascallar, muro da Armona e Baixada á Armona.
Tamén retiramos acacia que obstruia o paso pola senda das Coelleiras, quedaron dúas acacias máis. Estas acacias pertencen a propiedades privadas, pedimos por tanto que se retome a limpeza de propiedades nesa zona, que nos obrigan a recoller cando caen no camiño.

Desde a Entidade Local Menor queremos informar do estado dos camiños por donde meteron o cableado eléctrico, zona do Cou...
02/06/2026

Desde a Entidade Local Menor queremos informar do estado dos camiños por donde meteron o cableado eléctrico, zona do Couto- transformador, carretera xeral, fonte de Saá e zona da subida do Muiño.
En primeiro lugar, a compañía eléctrica solicitou permisos ao concello e foron concedidos sen informar a esta Entidade, sorprendémonos moito cando empezaron a facer as excavacións.Pedimos explicacións, a compañia eléctrica subcontratou a outra para a realización da obra. Un bo dia marcharon, prometendo volver e deixar todo como estaba.
Xa pasaron meses e todo sigue igual, preocupámonos de chamar ás súas oficinas un bo número de veces.
Sería bo quen deu o permiso que esixa que rematen xa, polo que mandaremos escrito ao concello para que se solucione xa.

Esta madrugada de 1 a 7 da mañá pecharemos a auga de novo.Zonas:Urbanización de Saá.Carretera que da á Pasaxe desde o st...
01/06/2026

Esta madrugada de 1 a 7 da mañá pecharemos a auga de novo.
Zonas:
Urbanización de Saá.
Carretera que da á Pasaxe desde o stop ata tenda de ultramarinos de Socorro.
Grazas pola paciencia.

Esta semana estivemos saneando , limpando e analizando as instalacións de augas: pozos e depósitos para telas a punto pa...
29/05/2026

Esta semana estivemos saneando , limpando e analizando as instalacións de augas: pozos e depósitos para telas a punto para o verán ademáis da localización de fugas , este foi o motivo de facer cortes de auga nas madrugadas.
Según as previsións este verán vai ser seco polo que pedimos moderación no consumo de auga potable.
Tamén queremos comunicar a xubilación do noso empregado de desbroces, Ricardo Videira, de aí a demora nos desbroces.
Desde a ELM queremos agradecer o labor durante estes anos de Ricardo Videira, comprometido no seu traballo, gran traballador e con un gran amor polo pobo💪💪💪.Moita sorte nesta nova vida!
GRAZAS POR TANTO!!!
Non queremos desmerecer o esforzo do empregado de augas, Pol, gran profesional, levantándose toda esta semana á 1 e ás 6 da madrugada para realizar os perches e apertura das augas.
Grazas, POL.👌👌

Esta Madrugada do venres cortaremos a auga desde a plaza de San Amaro, Outeiro, parte de Salgueiró, barrio do Couto e Sa...
28/05/2026

Esta Madrugada do venres cortaremos a auga desde a plaza de San Amaro, Outeiro, parte de Salgueiró, barrio do Couto e Saá.
Horario de peche de 1 da mañá a 7 da mañá.
Tentamos molestar o mínimo posible, grazas.
🚰💧

27/05/2026

De novo esta madrugada do xoves de 1 a 7h cortaremos o servizo da auga nas seguintes zonas:
Baixada á Armona, Urbanización da Armona e casas da contorna.
Bouza da Fonte.
Pedimos de novo disculpas, tamén queremos decir que se está facendo de madrugada para interferir o mínimo posible na vida diaria dos veciños e veciñas, grazas.💧💧🪣

Dirección

Praza De San Amaro, 1
Camposancos
36788

Horario de Apertura

Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 17:00 - 19:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ELM Camposancos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir