20/05/2026
📣 CENTRO DE SAÚDE DO HÍO XA‼️
📆 Máis de 🔟 anos leva a veciñanza do Hío agardando polo seu centro de saúde. O Concello de Cangas xa fixo o seu traballo cedéndolle os terreos á Xunta e a veciñanza clama por un servizo acorde ás súas necesidades.
CAL É A EXCUSA DA XUNTA❓
✊🏻 A veciñanza do Hío foi hoxe ata o Parlamento Galego coas súas demandas, e o noso parlamentario .kaigz trasladoullas ao conselleiro de sanidade, que segue apostando polo Centro de Alta Resolución.
😡 A Xunta planea con este centro de alta resolución tan necesario no Morrazo, pechar os centros de saúde da comarca e centralizar todo nel, dificultando que a veciñanza se mova ata o mesmo, especialmente no caso do Hío.