Concello de Cangas de Morrazo

Concello de Cangas de Morrazo Facebook oficial do Concello de Cangas de Morrazo

📷 GALERÍA 🎭 A compañía portuguesa Colectivo 84 presentou onte en Cangas 'Ensaio técnico', estrea absoluta coproducida po...
27/06/2026

📷 GALERÍA

🎭 A compañía portuguesa Colectivo 84 presentou onte en Cangas 'Ensaio técnico', estrea absoluta coproducida polo CDG - Salón Teatro.

➡️ A obra é unha reflexión crítica sobre o traballo artístico, os seus límites éticos e a complexa relación entre ficción e documental.

📷 Fotografía: Diego Seixo


📷 GALERÍA✨️ Para os que o perdéchedes onte, hoxe novo pase de 'Sherezade, Aladino e os tres beduínos'.🎭 A compañía Teatr...
26/06/2026

📷 GALERÍA
✨️ Para os que o perdéchedes onte, hoxe novo pase de 'Sherezade, Aladino e os tres beduínos'.

🎭 A compañía Teatro Ghazafelhos fixo unha estrea absoluta con moito público a g***r divertido do espectáculo na Alameda Vella de Cangas.

E hoxe! ⬇️⬇️
📍 Cruceiro do Hío
🗓 Venres, 25 de xuño
🕗 20:00h

Fotografía: Diego Seixo

26/06/2026
🚨 Protección Civil de Cangas vén de recibir novo equipamento a través dunha subvención da Deputación Pontevedra.🦺 Entre ...
26/06/2026

🚨 Protección Civil de Cangas vén de recibir novo equipamento a través dunha subvención da Deputación Pontevedra.

🦺 Entre o novo equipamento hai 10 equipos de protección individual para traballos á intemperie, con pantalón e anorak hidrófugo de alta visibilidade e botas de auga reforzadas.

🛟 Tamén se incorpora unha padiola nido con unidade de flotación, destinada a rescates no mar ou en terreos de difícil acceso.

🚑 O material complétase cunha padiola de palas para a mobilización de vítimas en accidentes de tráfico.

O novo equipamento queda xa a disposición de 👉🏻 Protección Civil de Cangas para o desenvolvemento das súas intervencións.

✨AUTORES INVITADOS👤Paco Alcázar (1970) empezou a súa carreira de debuxante nos anos 90 como autor de comics caracterizad...
26/06/2026

✨AUTORES INVITADOS

👤Paco Alcázar (1970) empezou a súa carreira de debuxante nos anos 90 como autor de comics caracterizados a miúdo por un humor negro e surrealista.

🖼Entre 2005 e 2014 debuxou na revista 'El Jueves' as historias do seu
personaxe 'Silvio José, el buen parásito'.

📰O seu traballo como ilustrador e historietista apareceu en medios como 'El Víbora', 'Blab!', 'El País Semanal', 'Rolling Stone', 'MAN', 'Cinemanía', 'Rockdelux' ou 'El Batracio Amarillo'.

🎶Alterna o seu traballo gráfico cunha intensa actividade como compositor e
intérprete de música electrónica.

📚Entre os seus libros destacan 'El manual de mi mente' (Random House,
2008), os cinco tomos recopilatorios de 'Silvio José' (Astiberri, 2012-2015), 'La fábrica de problemas' (¡Caramba!, 2018), 'La vida y usted' (¡Caramba!, 2019) ou 'Las 100 primeras películas de Nicolas Cage' (¡Caramba!, 2021), realizado xunto ao escritor Torïo García.

📲 Saber que facer no Morrazo será máis doado a partir de agora. Bueu, Moaña e Cangas estrean 𝐁𝐮𝐌𝐨𝐂𝐚, unha nova axenda cu...
25/06/2026

📲 Saber que facer no Morrazo será máis doado a partir de agora. Bueu, Moaña e Cangas estrean 𝐁𝐮𝐌𝐨𝐂𝐚, unha nova axenda cultural compartida que reúne nun único espazo a programación dos tres concellos.

A plataforma permite consultar actividades por data, lugar e concello, para descubrir que propostas hai cada día sen ter que buscar en diferentes webs, redes sociais ou canles municipais. Teatro, música, exposicións, obradoiros, actividades familiares, encontros, festas ou propostas de lecer poderán atoparse agora nun calendario común. 😍

tamén nace como unha ferramenta útil para asociacións, colectivos, artistas, salas, entidades culturais e persoas que organizan actividades, xa que poderán enviar as súas propostas para incorporalas á axenda e darlles máis difusión. 🎭🎶

O nome responde ás iniciais de ➡️ Bueu, Moaña e Cangas e resume a idea coa que nace o proxecto: mirar o Morrazo como un territorio cultural compartido.

🔗 Consulta a axenda en bumoca.com.
📩 Envío de eventos: [email protected].

🤳🏻 Máis información: https://cangas.gal/gl/actualidade/novas/ao-dia/bumoca-nova-axenda-cultural-do-morrazo

🌈 O domingo 28 de xuño, Cangas conmemora o 𝐃𝐢́𝐚 𝐝𝐨 𝐎𝐫𝐠𝐮𝐥𝐥𝐨 𝐋𝐆𝐓𝐁𝐈𝐐+ cunha programación aberta á cidadanía baixo o lema “C...
25/06/2026

🌈 O domingo 28 de xuño, Cangas conmemora o 𝐃𝐢́𝐚 𝐝𝐨 𝐎𝐫𝐠𝐮𝐥𝐥𝐨 𝐋𝐆𝐓𝐁𝐈𝐐+ cunha programación aberta á cidadanía baixo o lema “Celebrando a diversidade, construíndo igualdade”.

A Alameda Vella acollerá pola mañá a concentración, a mesa redonda e a sesión dj con Verushwo. 👉🏻 Pola tarde, a programación continuará no Adro coa conferencia performativa “Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos” e no Auditorio Cangas coa obra teatral “Cariño malo”, dúas propostas incluídas tamén na 43ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. ✨

🤳🏻 Máis información no cartel e na web municipal: https://cangas.gal/gl/actualidade/novas/ao-dia/cangas-con-orgullo-polo-dia-internacional-do-orgullo-lgtbiq

25/06/2026

👍 Ímoslle facer caso á nai de
Así o dixo a nosa pregoeira, alto e claro:

Viva Cangas!
Viva o Teatro!
Viva a Mostra!

🔥 Noite de 𝐒𝐚𝐧 𝐗𝐨𝐚́𝐧 en Cangas!☝🏻 Desde o Servizo Municipal de Protección Civil lembramos unha serie de indicacións bási...
22/06/2026

🔥 Noite de 𝐒𝐚𝐧 𝐗𝐨𝐚́𝐧 en Cangas!

☝🏻 Desde o Servizo Municipal de Protección Civil lembramos unha serie de indicacións básicas para celebrar esta noite máxica ✨ con responsabilidade, especialmente no relativo ás fogueiras, ao uso dos areais e aos accesos para os servizos de emerxencia.

📍 Na praia de Rodeira, as fogueiras só estarán autorizadas na zona delimitada entre a Casa da Cultura e o Instituto. O resto do areal non está autorizado.

🌊 Tamén é importante ter en conta a previsión das mareas e non deixar pertenzas, enseres nin lixo preto da liña de marea.

☎️ En caso de incidente:

▪️ Protección Civil: 986 30 55 30
▪️ Policía Local: 986 303 031
▪️ Emerxencias: 112

Grazas por colaborar. Bo San Xoán! 💙

Galería da estrea de O BUSCADOR DE ILLAS de Teatro de ningures en colaboración coa 43 Mostra Internacional de Teatro Cóm...
22/06/2026

Galería da estrea de O BUSCADOR DE ILLAS de Teatro de ningures en colaboración coa 43 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Unha creación colectiva a partir dunha idea de Lois Soaxe.

Elenco: Lois Soaxe, Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco
Deseño de escenografía: Pablo Giráldez "Pastor"
Deseño de vestiario e imaxe: Diego Seixo
Espazo sonoro: Héctor Pazos
Dirección: Salvador del Rio
Contratación: Lilian Portela (Amarelo Distribución Escénica)

📷 Diego Seixo

Erregueté - Revista Galega de Teatro Escena Galega Concello de Cangas de Morrazo

Dirección

Avenida De Castelao 2
Cangas
36940

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 15:00
Martes 08:30 - 15:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 08:30 - 15:00
Viernes 08:30 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Cangas de Morrazo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría