Xuventude Cangas

Xuventude Cangas Benvidos á páxina Facebook da Casa da Xuventude de Cangas, onde atoparedes información sobre todas as nosas actividades.

Prazas vacantes Campamento Albergue Area - Viveiro do 22 ao 29 de xuño, para nenos/as de 7 a 14 anos.O QR operativo a pa...
29/05/2026

Prazas vacantes Campamento Albergue Area - Viveiro do 22 ao 29 de xuño, para nenos/as de 7 a 14 anos.

O QR operativo a partir do luns 1 de xuño ás 10.00 h. ( ata cubrir prazas)

🎶 Nova convocatoria de axudas para escolas de música e entidades sen ánimo de lucro.
28/05/2026

🎶 Nova convocatoria de axudas para escolas de música e entidades sen ánimo de lucro.

🎶 Lanzamos unha nova convocatoria de axudas para escolas de música e entidades sen ánimo de lucro

Obxectivo: apoiar a formación desde a infancia e achegar estas ensinanzas a máis persoas 🎷

➡️ Ata 9.000€ por centro
📅 Solicitudes ata o 31 de xullo

ℹ️ https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260525/AnuncioG0761-110526-0002_gl.html

Certificado profesional ADGG0408: Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais.O curso iniciou onte pero h...
12/05/2026

Certificado profesional ADGG0408: Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais.
O curso iniciou onte pero hai opción de incorporarse polo momento.

📍 Lugar: Quattro Formación – Polígono Industrial de Castiñeiras, nave 5A, Bueu, 36939, Pontevedra
🎓 Nivel 1 (sen requisitos académicos)
💸 Formación 100% gratuíta
Trátase dunha oportunidade especialmente axeitada para persoas desempregadas que queiran iniciarse no ámbito administrativo, adquirindo competencias básicas en:
✔ Apoio administrativo
✔ Xestión documental
✔ Atención ao público
✔ Ofimática
💡 Ademais, o alumnado poderá optar a bolsas e axudas (transporte, conciliación, etc.), segundo os requisitos establecidos

Festival Internacional de Títeres de Redondela. Cartel 2026
27/04/2026

Festival Internacional de Títeres de Redondela. Cartel 2026

Aberto o prazo de inscrición no programa Enredos de Verán da Concellería de Xuventude do Concello de Cangas que inclue t...
22/04/2026

Aberto o prazo de inscrición no programa Enredos de Verán da Concellería de Xuventude do Concello de Cangas que inclue tres liñas de actuación:

1.Enredos: campamentos de día en tres localizacións diferentes dentro do municipio para facilitar os desprazamentos das familias: Espiñeira, San Roque e Nazaret (para nenos de 3 a 12 anos escolarizados). De luns a venres de 9.00h. a 14.00h. https://forms.gle/Wviw1PXbRWjUDREQA

2.Campamentos náuticos: catro quendas náuticas a través de convenios de colaboración co Club de Mar Ría de Aldán e o Club Náutico de Rodeira (para nenos de 6 anos ou máis que saiban nadar).
https://forms.gle/PPx2HDAbzzKUW4DJ9

3.Campamento externo: Retomamos este campamento tan popular que tivemos que suspender durante a pandemia. Trátase dun campamento de 8 días nunha localización aínda por determinar:
https://forms.gle/dDdHZUoZvwdSKQtz8
- 45 participantes de 7 a 14 anos
- 21-29 de xuño
- As Sinas ou Viveiro (por determinar)

Dado que non podemos dar máis detalles ata que recibamos a confirmación da concesión de instalación, abriremos un período de preinscrición, coincidindo coas nosas outras actividades, do 22 de abril ao 15 de maio. Se finalmente se realiza o campamento, darase prioridade ás persoas que se preinscribiron, ata un total de 45 participantes.

Para + Info Casa da Xuventude – [email protected] – Tlf.: 986392171

Ampliado prazo de inscrición ata o 20 de abril.Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring desti...
15/04/2026

Ampliado prazo de inscrición ata o 20 de abril.
Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia.
Trátase dun programa pioneiro promovido pola Consellería
de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
Porque queremos favorecer a transición á vida laboral das
persoas mozas con estudos de grao ou de formación
profesional.
O programa está destinado á mellora das habilidades e
competencias para a procura de emprego, tanto por conta
propia como por conta allea, a través de accións formativas, actividades de networking e unha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que ofrecerán asesoramento e apoio.

Publicada a resolución definitiva de persoas admitidas na VIII Edición! Consulta a resolución O proceso de inscripción encontrase pechado Formulario de inscrición Folleto informativo Consulta as bases Bases da Convocatoria O proceso de Inscrición encóntrase pechado Es Mozo/a? Unete ao Equipo!...

Clausura e entrega de diplomas do Curso de Lingua de Signos organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Cang...
10/04/2026

Clausura e entrega de diplomas do Curso de Lingua de Signos organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Cangas.

Parabéns a Mostra Internacional de Teatro Cómico Festivo de Cangas que recibe o seu Premio da Cultura Galega 2025.👏👏👏
10/04/2026

Parabéns a Mostra Internacional de Teatro Cómico Festivo de Cangas que recibe o seu Premio da Cultura Galega 2025.👏👏👏

Xa rematando o exitoso curso de Lingua de Signos, organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Cangas e impar...
08/04/2026

Xa rematando o exitoso curso de Lingua de Signos, organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Cangas e impartido por Aránzazu Casas.🫶👌🙌👋

Dirección

Real, 29
Cangas
36940

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 02:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Teléfono

986392171

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Xuventude Cangas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir