18/05/2015
Queridos veciños, estamos na semana decisiva, na que está nas vosas mans cambiar o signo do concello de Carballeda de Avia cara un futuro prometedor libre de medos e transparente, no que cada acto e decisión que se tome na alcaldía, os veciños sexan os primeiros en ser informados e non facer como se fixo ata agora. Poño dous exemplos que, como veciño de Abelenda me tocou máis de preto: meter os montes de Abelenda e Balde na rede Natura cando xa se proxectara un parque eólico que supoñería un xerador de riqueza sen precedentes no concello e denunciar a traida de augas de Abelenda das P***s, que tanto traballo lles costou ós veciños, por capricho e gobernando o bipartito na Xunta para conseguir boas subvencions pa non sei qué....
Por iso eu, Marcos Rios, pídovos o voto para o Partido Popular có fin de rematar coa sangrìa do Concello, no que algúns presumen de óptimos xestores a base de ter ás aldeas oscuras, de pagar poucos impostos pero págase por todo.
Por eso quero que o próximo domingo confiedes no noso proxecto cheo de ilusión e co firme apoio do noso Presidente Alberto Núñez Feijoo para así poder levalo a cabo entre todos.
Un saúdo e un abrazo para todos.