16/02/2021
Chegou o momento do balance final da iniciativa
🌳 🌳
👉Máis de 18.045 tarxetas utilizadas en 262 establecementos con 22.618 operacións de compra e un consumo final por valor de máis de 541.350 euros.
👉As campañas e publicacións en redes foron de récord tamén, chegando a un total de 250.251 persoas.
As cifras abraian por si soas, mesmo emocionan, pero sobre todo énchennos de orgullo do que somos e do lugar que construímos e habitamos, e reafírmanos no camiño iniciado coa participación masiva e apoio incondicional da cidadanía de Carballo, unha vez máis.
GRAZAS por contribuír a reactivar a economía tecendo unha rede de solidariedade e compromiso que dende este o voso Concello estamos empeñados en manter e mesmo acrecentar con novas iniciativas que se traduzan en prosperidade e riqueza para todos e todas.
🌳SEMPRE CARBALLO🌳
Info e datos completos: https://cutt.ly/fkTXzW5