04/06/2026
🏎️💨 O XXII AUTOCROSS XA ESTÁ AQUÍ!
Este sábado, 6 de xuño, o Circuíto Municipal de Carballo vibrará de novo coa cita máis agardada do automobilismo galego. Un espectáculo único que promete adrenalina pura e no que se van bater marcas!
📋 O QUE NON PODES PERDER:
Cifra récord de participación: nada menos que 88 pilotos darán o revirado na pista. O vicepresidente da FGA, Moisés García, destacou o éxito rotundo de inscritos que confirma o gran momento do autocross galego.
Estrea técnica: probamos o novo pavimento de xabre! Ernesto Rumbo, presidente do Club Rally Coruña, destacou que mellorará a tracción e as condicións de pilotaxe.
Sentimento local: o propio Rumbo quixo subliñar e poñer en valor a alta participación de pilotos de Carballo e de toda a comarca, demostrando que o motor na zona está vivo e en moi bo momento.
Apoio total: na presentación oficial, o alcalde Daniel Pérez parabenizou á escudería polo seu gran traballo e reiterou o compromiso do Concello coas instalacións, un recoñecemento ao que se sumaron o concelleiro de Deportes, Daniel Barreiro, e o de Obras, Luis Lamas.
⏱️ HORARIOS
10:30 h ➡️ Warm-up
11:30 h ➡️ Adestramentos oficiais
15:00 h ➡️ Primeira manga clasificatoria
16:30 h ➡️ Segunda manga clasificatoria
17:50 h ➡️ Finais B
18:00 h ➡️ Grandes Finais A 🏆
19:45 h ➡️ Entrega de premios e trofeos
💥 CATEGORÍAS NA PISTA:
Turismos de serie (Series), Turismos, Carcross, Superturismos (SCC), Junior Carcross, Super Buggy e o 3º Trofeo MRF Autocross Carcross.
Ven apoiar aos pilotos da casa, g***r do respecto polo deporte e vivir a velocidade en directo. Vémonos no circuíto! 🙌🏁