Rexenera Fest

Rexenera Fest Festival Internacional de Arte Pública
🗓 Do 28 de maio ao 7 de xuño
🗺 Carballo

O proxecto pretende reunir cada ano a varios artistas do millor da escea galega, estatal e internacional do mundo da arte urbana, facendo da vila un gran museo ao aire libre que irá medrando ano tras ano. O festival servirá como unha xanela o mundo pra Carballo, poñendo no mapa á vila a través da súas rúas e favorecendo un turismo cultural diferente cara o casco urbán do concello. Actuará como un

axente rehabilitador contra o feismo urbanístico e e utilizará as rúas como un espazo de diálogo e de expresión artística. Rexenerará espazos deteriorados, aportando valor engadido á paisaxe urbanística, dinamizando o tránsito peonil e expandindo os espazos de lecer nas zonas nas que se vai intervir.

Cruzamos o ecuador do festival entre brochas, sprays e moitas horas de traballo. Así van medrando os murais que este ano...
02/06/2026

Cruzamos o ecuador do festival entre brochas, sprays e moitas horas de traballo. Así van medrando os murais que este ano transformarán Carballo.

🗺️ https://www.rexenerafest.gal/mapa-1
📸 Bastian Rodríguez
🏷 Concello de Carballo Turismo Carballo Deputación da Coruña

Lonac únese a Isa Bermúdez, Ona Salvador, Raquel Coba e Taxis, completando o noso panel de muralistas. Todas as brochas ...
01/06/2026

Lonac únese a Isa Bermúdez, Ona Salvador, Raquel Coba e Taxis, completando o noso panel de muralistas. Todas as brochas en marcha!

🗺️ https://www.rexenerafest.gal/mapa-1
📸 Bastian Rodríguez
🏷 Concello de Carballo Turismo Carballo Deputación da Coruña

Exploramos as posibilidades cromáticas da nosa contorna da man de MATERIA BOTANICA no obradoiro de tintas vexetais, un o...
30/05/2026

Exploramos as posibilidades cromáticas da nosa contorna da man de MATERIA BOTANICA no obradoiro de tintas vexetais, un obradoiro que convida a seguir explorando e experimentando!

🗺️ https://www.rexenerafest.gal/mapa-1
📸 Bastian Rodríguez
🏷 Concello de Carballo Turismo Carballo Deputación da Coruña

Día 2 🔥 Os muros van collendo forma trazo a trazo!🔗 Mapa dos muros na biografía📸 Bastian Rodríguez🏷 Concello de Carballo...
29/05/2026

Día 2 🔥 Os muros van collendo forma trazo a trazo!

🔗 Mapa dos muros na biografía
📸 Bastian Rodríguez
🏷 Concello de Carballo Turismo Carballo Deputación da Coruña

Día 1 🏗️ Comezamos a elevar as grúas con Taxis, Isa Bermúdez, Raquel Coba e Ona Salvador xa mans á obra!🗺️ https://www.r...
28/05/2026

Día 1 🏗️ Comezamos a elevar as grúas con Taxis, Isa Bermúdez, Raquel Coba e Ona Salvador xa mans á obra!

🗺️ https://www.rexenerafest.gal/mapa-1
📸 Bastian Rodríguez
🏷 Concello de Carballo Turismo Carballo Deputación da Coruña

Para pechar o festival traémosvos unha sesión vermú coa selecta pinchada de Saibran 🔥✍️ Anota aí! Domingo 7 de xuñoDe 13...
26/05/2026

Para pechar o festival traémosvos unha sesión vermú coa selecta pinchada de Saibran 🔥

✍️ Anota aí!
Domingo 7 de xuño
De 13:00 a 16:00
Rúa Coruña, Carballo

Saibran é o proxecto persoal de Cibrán García, a metade de Boyanka Kostova! O rapeiro traerá a Carballo un directo que irá do rap máis orgánico e analóxico á electrónica máis pura.

Veñan brindar polos 12 anos do Rexenera!

Concello de Carballo Turismo Carballo Deputación da Coruña

Convidámosvos a disfrutar de Carballo cos máis cativos a través deste xogo de pistas 🕵🏻‍♂️ Coleccionando momentos de div...
21/05/2026

Convidámosvos a disfrutar de Carballo cos máis cativos a través deste xogo de pistas 🕵🏻‍♂️ Coleccionando momentos de diversión, coñeceredes máis da arte urbana de Carballo!

✍️ Anota aí
Do 28 de maio ao 7 de xuño
Para todos os públicos
Inscrición en [email protected]
ou a través do teléfono 981 702 077
Recollida de pistas no Museo de Bergantiños

Concello de Carballo Turismo Carballo Deputación da Coruña

Non debes pasar por Carballo sen coñecelo! Durante os días de festival ofrecemos rutas guiadas de balde. Unha maneira di...
19/05/2026

Non debes pasar por Carballo sen coñecelo! Durante os días de festival ofrecemos rutas guiadas de balde. Unha maneira diferente de vivir o 🚏

✍️ Anota aí!
Do 28 de maio ao 7 de xuño
De 20:00 a 21:00
Para todos os públicos
Saída desde o Museo de Bergantiños
Inscrición previa en [email protected]
ou a través do teléfono 981 702 077

🏫 Poderán pactarse tamén visitas guiadas cos centros de ensino en horario de mañá

Concello de Carballo Turismo Carballo Deputación da Coruña

Pechamos este panel de luxo con Taxis, desde Grecia!Da cultura do graffiti á pintura e á banda deseñada, Taxis constrúe ...
16/05/2026

Pechamos este panel de luxo con Taxis, desde Grecia!

Da cultura do graffiti á pintura e á banda deseñada, Taxis constrúe novas lecturas do cotián cunha mirada situada entre o existencial e o vitalista. O seu traballo consolida unha linguaxe visual forte que dialoga entre o clásico e o contemporáneo.

🚏 Queda nada para ver como esa mirada toma escala nos muros carballeses!

Concello de Carballo Turismo Carballo Deputación da Coruña

Dirección

Carballo

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Rexenera Fest publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Rexenera Fest:

Compartir