09/05/2026
✊ O BNG de Bergantiños coa veciñanza:
Non á planta de biogás en Soandres!💪
☑️ O BNG volveu estar, coma sempre, ao lado do pobo e da defensa da nosa terra.
☑️ Unha delegación do BNG de Bergantiños encabezada polo Responsable Comarcal Xose Manuel Pose Lema, acompañado do Vicepresidente da Deputación da Coruña Xose Regueira, así como unha ampla representación do grupo de goberno do Concello de Carballo, encabezada polo seu alcalde, Daniel Pérez López, e compañeiros/as do BNG A Laracha coa súa portavoz municipal Carolina Castiñeiras Brandón e tamén de representantes do Bng do resto de localidades da comarca de Bergantiños, xunto a Mercedes Queixas Zas e Oscar Insua, deputadxs do BNG - Parlamento galego e da nosa Senadora Carme da Silva sumámonos á que xa será desde hoxe histórica manifestación na Laracha para dicir:
✊NON a un proxecto que ameaza o noso futuro e que rexeitamos por:
Dende o BNG temos claro que o noso rural non pode ser o vertedoiro de proxectos industriais que só buscan o beneficio duns poucos a costa do malestar de moitxs:
1️⃣ Defensa do territorio: Fronte a macroproxectos agresivos, defendemos un rural vivo e con futuro.
2️⃣ Unidade de acción: Tal e como nos comprometemos coa plataforma o noso apoio é total e sen fendas.
3️⃣ Modelo propio: Queremos enerxía, pero non a calquera prezo nin en contra da xente.
✔️ Parabéns á Stop Biogás A Laracha e a toda a veciñanza pola organización e pola lección de dignidade.
✔️ Seguiremos traballando nas institucións e na rúa para que se escoite a voz da Laracha e de Bergantiños.
A terra é nosa e non se vende! 🏠🌿