BNG Malpica

BNG Malpica Páxina Oficial do Bloque Nacionalista Galego de Malpica de Bergantiños

🟥 No pleno ordinario celebrado o pasado xoves, 28 de maio de 2026, o BNG de Malpica presentou unha MOCIÓN DE REXEITAMENT...
03/06/2026

🟥 No pleno ordinario celebrado o pasado xoves, 28 de maio de 2026, o BNG de Malpica presentou unha MOCIÓN DE REXEITAMENTO Á PLANTA DE BIOGÁS PROXECTADA NO CONCELLO DE A LARACHA.

🟥 Esta moción foi aprobada cos votos a favor do BNG (2), do PSOE (4) e do PP (6). AIM estivo ausente.

🟥 En dita moción, o BNG de Malpica propuxo a aprobación do Pleno a adopción dos seguintes acordos:

1. Instar a Xunta de Galiza a: Non declarar o proxecto da planta de Biogás Coruña como proxecto de interese estratéxico, ou calquera outra figura de aceleración de trámites, diante das dúbidas que presenta a localización elixida e o modelo de negocio que presenta o proxecto.

2. Instar a Xunta de Galiza a: Denegar a autorización ambiental polas graves afeccións ambientais e sociais que presenta o proxecto, recoñecidas polo promotor na documentación da avaliación ambiental.

3. Instar a Xunta de Galiza a: Á inmediata elaboración dunha normativa reguladora das plantas biogás e a súa implantación en Galiza (ao igual que se ten feito en outras CC.AA.), e mentres esta non está en vigor, se proceda a paralización da tramitación administrativa do actual proxecto.

4. Manifestar a oposición desta Corporación Municipal ao proxecto de planta de biogás promovido pola empresa Aratel no lugar de Vista Alegre, parroquia de Soandres, no concello da Laracha, na súa configuración actual, polas graves afectacións ambientais, paisaxísticas, hídricas e sociais que presenta.

5. Mostrar o apoio desta Corporación Municipal á veciñanza de A Laracha e reiterar o compromiso do noso concello coa protección do territorio rural, dos recursos naturais e da calidade de vida das persoas que habitan os concellos da provincia.

6. Trasladar estes acordos ao Goberno da Xunta de Galiza, ao Parlamento de Galiza, ao Concello de A Laracha e ás asociacións veciñais afectadas polo proxecto.

📎 Compartimos con vós o texto íntegro da moción.

🟦 No pleno ordinario do pasado xoves, 28 de maio de 2026, no punto 4º tratouse a Aprobación provisional da Modificación ...
01/06/2026

🟦 No pleno ordinario do pasado xoves, 28 de maio de 2026, no punto 4º tratouse a Aprobación provisional da Modificación Puntual núm. 4 das Normas Subsidiarias do Planeamento de Malpica de Bergantiños para avanzar na construción dun novo centro de saúde.

🟦 Este punto nº 4 aprobouse cos votos a favor do PP (6) e BNG (2), e coas abstencións do PSOE (4) e AIM (1).

🟦 A posición do BNG de Malpica sobre este punto foi a seguinte:

Hoxe tratamos un asunto de grande relevancia para Malpica: a aprobación inicial da Modificación Puntual nº4 das Normas Subsidiarias, necesaria para avanzar na construción dun novo centro de saúde e dun espazo dotacional ao servizo da nosa veciñanza.

O BNG quere deixar claro desde o principio que o noso voto será favorable. Será favorable porque estamos diante dun proxecto que responde a unha necesidade social evidente, porque supón unha mellora real dos servizos públicos e porque está avalado por informes técnicos e xurídicos que garanten a súa legalidade e viabilidade.

🔵 Un proxecto necesario para Malpica:

O actual centro de saúde leva anos quedando pequeno, obsoleto e insuficiente. A veciñanza merece unha atención sanitaria digna, moderna e adaptada ás necesidades actuais. A recalificación deste ámbito permite avanzar cara a ese obxectivo, e ademais incorpora un espazo dotacional múltiple e un aparcamento disuasorio que mellorará a mobilidade e o acceso.

Estamos, polo tanto, ante unha actuación que non responde a intereses privados nin especulativos, senón ao interese xeral. E iso, para o BNG, é determinante. A saúde é un dereito, non un luxo. E garantir un centro de saúde digno non é unha cuestión urbanística: é unha cuestión de dereitos e de benestar colectivo.

A necesidade é tan evidente que o SERGAS asinou un convenio co Concello para construír o novo centro, que os informes sectoriais son favorables e que tanto Costas da Xunta como Costas do Estado avalan a actuación.

E non falamos só dun edificio sanitario. Falamos dun proxecto que incorpora un espazo dotacional múltiple, un aparcamento disuasorio e unha mellora integral da mobilidade e do espazo público. É dicir: non é só un centro de saúde, é unha oportunidade para mellorar Malpica.

🔵 Un procedemento garantido e fiscalizado:

O informe de Secretaría é claro: cumpríronse os trámites, obtivéronse os informes sectoriais preceptivos, a avaliación ambiental é favorable, Costas da Xunta e Costas do Estado informan positivamente e non existe afección ao dominio público marítimo-terrestre.

É dicir, o procedemento é sólido e está ben fundamentado.

🔵 Pero tamén hai deberes pendentes: reforzar os servizos públicos municipais.

O informe de Secretaría tamén pon enriba da mesa unha realidade que o BNG leva anos denunciando: o Concello de Malpica ten unha carencia estrutural de persoal técnico propio, especialmente no ámbito urbanístico.

Non é normal, e a Secretaría así o di con claridade, que informes tan sensibles teñan que ser emitidos por persoal externo contratado, cando existen prazas vacantes de arquitecto/a técnico/a que deberían estar cubertas por persoal funcionario. O BNG quere deixar isto moi claro: votamos a favor da modificación puntual, pero non votamos a favor de manter esta situación de precariedade técnica.

Pedimos ao goberno municipal que acelere a cobertura das prazas vacantes e que garanta que o urbanismo municipal se xestione con medios públicos, profesionais e estables.

🔵 Un urbanismo ao servizo da veciñanza:

Esta modificación puntual é positiva, pero non pode facernos esquecer que Malpica precisa avanzar cara a unha planificación urbanística máis ampla, máis moderna e máis participativa.

O BNG defende un urbanismo que: priorice o ben común, recupere espazos para a cidadanía, mellore a mobilidade e garanta que o crecemento do pobo sexa ordenado, sostible e pensado para as persoas.

O BNG vota a favor porque este proxecto é bo para Malpica, porque cumpre coa legalidade e porque responde a unha demanda social que non admite máis atrasos.

Desde o BNG, valoramos positivamente todas as actuacións e inversións de calquera administración, que supoñan unha mellora nas infraestruturas do noso concello e que repercutan nunha mellora dos servizos e da calidade de vida da nosa veciñanza; máis tamén botamos en falta que a Xunta de Galiza mellore e aumente nos Centros de Saúde o persoal médico en todas as categorías da atención primaria.

Pero tamén votamos con responsabilidade, lembrando que o Concello debe reforzar os seus servizos técnicos e avanzar cara a unha xestión urbanística plenamente pública e profesional. O noso apoio é un apoio construtivo, esixente e comprometido co futuro do Concello de Malpica e de todas as veciñas e veciños.

Esperemos que os prazos para a construción deste novo Centro de Saúde se acurten e axilicen o máximo posible e sexa unha realidade canto antes, e que non ocorra como co Centro de Saúde de Buño no que se iniciaron os trámites para a súa construción no ano 2.000 e a súa apertura tivo lugar 16 anos despois, no ano 2016.

🟦 No pleno ordinario celebrado o pasado xoves, 28 de maio de 2026, no punto 3º tratouse a aprobación inicial da "Ordenan...
31/05/2026

🟦 No pleno ordinario celebrado o pasado xoves, 28 de maio de 2026, no punto 3º tratouse a aprobación inicial da "Ordenanza reguladora do uso racional e sostible das praias do Concello de Malpica de Bergantiños"

🟦 Esta foi a posición do Bng de Malpica sobre este punto:

🔷 Desde o BNG creemos que calquera Ordenanza Municipal que se queira aprobar debería contar co consenso e máximo apoio dos grupos políticos que forman parte desta Corporación Municipal.
No grupo de goberno do PP, parece que non son conscientes de que están gobernando en minoría, máis sen embargo traen esta ordenanza para a súa aprobación sen ningún tipo de diálogo coa oposición, alo menos non co BNG, nin tan sequera para que fixeramos achegas que creamos oportunas para mellorar esta ordenanza.

🔷 A pesares disto desde o BNG presentamos no pleno unha serie de medidas que consideramos poden mellorar esta ordenanza.

🔷 Análise e melloras da Ordenanza de Praias:

1. Incoherencias e erros no Anexo I (praias e coordenadas)

2. Ambigüidade temporal na tempada de baño

3. Falta de gradación económica e criterios de menores nas sancións.

4. Inconcreción na preferencia de deportes náuticos (Surf/Windsurf)

🔷 Análise Comparativa:

1. A dureza co tabaco ("Praias sen fume")

2. Animais domésticos e datas

🟦 Desde o Grupo Municipal do BNG, propoñemos deixar este punto da orde do día do pleno enriba da mesa, co fin de que o Grupo de Goberno do PP manteña unha xuntanza con tódolos grupos políticos que forman parte da Corporación Municipal para que fagan achegas que podan mellorar esta ordenanza municipal e conseguir o máximo consenso posible.

📎 Compartimos con vós a nova de La Voz de Galicia do pasado sábado, 30 de maio de 2026.

🟦 Compartimos con vós un resumo do pleno ordinario celebrado o pasado 28 de maio de 2026.🔷 Puntos que tratamos:1.- Análi...
30/05/2026

🟦 Compartimos con vós un resumo do pleno ordinario celebrado o pasado 28 de maio de 2026.

🔷 Puntos que tratamos:

1.- Análise da Ordenanza Municipal de Praias.

2.- Aprobación inicial da Modificación Puntual nº4 das Normas Subsidiarias, necesaria para avanzar na construción dun novo Centro de Saúde e dun espazo dotacional ao servizo da nosa veciñanza.

🔷 Mocións que presentamos:

1.- Contra a planta de biogás da Laracha (aprobada por BNG, PSOE e PP, AIM ausente)

2.- Exixindo a gratuidade da AG55 (aprobada por BNG, PSOE e PP, AIM ausente)

🔷 Rogos que formulamos:

1.- Reforma da ordenanza fiscal nº 24, reguladora da taxa pola expedición de licencia para a realización de depósito, carga e transporte de madeira de corta no Concello de Malpica.

2.- Adopción de medidas de seguridade viaria na AC-414 (tramo Fonte dos Bois - Seixas - Vilarnovo) ante o incremento de tráfico e velocidade por desvío de vehículos desde a AC-418.

🔷 Preguntas que fixemos:

1.- Teñen algunha nova respecto aos estudos que está a realizar Portos de Galiza, para a mellora da seguridade do Porto de Malpica?

2.- Realizouse o informe técnico e xurídico do edificio Canido, nº 1?

3.- En que punto se atopan as licitacións do SAF e a apertura do Centro e Día?

4.- Durante a pasada fin de semana producíronse varios actos vandálicos contra o mobiliario urbano e condutas incívicas que están a producir prexuízos e malestar entre a veciñanza. Teñen previsto, ou que medidas van a tomar para evitar que se volvan a producir?

5.- En relación aos danos causados pola ruptura da balsa de Monte Neme na zona entre Aviño ata a Praia do Riás. Está feita a valoración de danos e as actuacións que se van levar a cabo?

📣 Este xoves, 28 de maio de 2026, ás 20:00 h., celebrarase o terceiro pleno ordinario do ano no "Salón de Plenos" da Cas...
27/05/2026

📣 Este xoves, 28 de maio de 2026, ás 20:00 h., celebrarase o terceiro pleno ordinario do ano no "Salón de Plenos" da Casa do Concello de Malpica de Bergantiños.

📎 Compartímos con vós a orde do día do mesmo.

📎 Compartimos con vós a publicación do xornal La Voz de Galicia do pasado domingo, 24 de maio de 2026, relativa a valora...
25/05/2026

📎 Compartimos con vós a publicación do xornal La Voz de Galicia do pasado domingo, 24 de maio de 2026, relativa a valoración dos tres anos de mandato municipal do PP.

🗣️ Miguel Varela, voceiro do BNG, respecto ao goberno municipal: "Hai unha deixadez absoluta e unha pésima xestión económica. O Concello de Malpica leva máis de tres anos cos servizos básicos, como son o SAF, a recollida do lixo ou o alumeado público, sen actualizar ou licitar. Estamos ante un goberno sen ideas e completamente esgotado desde que comezou o mandato."

🗣️ Miguel Varela, voceiro do BNG, respecto ao PSOE e AIM: "Somos representantes do pobo de Malpica. O que non se pode facer é o que fixo o PSOE, votar en contra do POS. Votar en contra do POS e facelo en contra de que se invista en Malpica. E nós somos responsables diso."

"Que culpa teñen os autónomos e as empresas de que o Concello de Malpica leve recoñocementos extraxudiciais para o pago das facturas atrasadas? Que queremos? Que vaian a un contencioso e que tarden dous ou tres anos en cobrar o que se lles debe? O BNG de Malpica non está a favor diso."

15/05/2026

📻 Este mércores, 13 de maio de 2026, o noso voceiro municipal, Miguel Varela, participou no programa de radio “Pleno Aberto” de Radio Nordés Cadena SER.

🎙️ Compartimos con vós a pregunta que lle fixo ao alcalde do Concello de Malpica, Eduardo Parga, sobre o Plan Especial de Reforma Interior (PERI), aprobado no pleno extraordinario do martes 12 de maio, e o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

11/05/2026

🟦 Maniféstate pola lingua! ❤️

🟥 17 de Maio

🟦 Santiago de Compostela

🟥 O vindeiro domingo, 17 de maio, vémonos en Compostela para defender a nosa lingua!🟦 A plataforma Queremos Galego! conv...
11/05/2026

🟥 O vindeiro domingo, 17 de maio, vémonos en Compostela para defender a nosa lingua!

🟦 A plataforma Queremos Galego! convoca unha manifestación baixo o lema "O galego, lingua vital".

🟥 Maniféstate pola lingua!

🟦 O domingo, 17 de Maio, ás 12:00 h. na Alameda de Santiago de Compostela

📣 Este martes, 12 de maio de 2026, ás 19:30 h., celebrarase un Pleno Extraordinario no "Salón de Plenos" da Casa do Conc...
11/05/2026

📣 Este martes, 12 de maio de 2026, ás 19:30 h., celebrarase un Pleno Extraordinario no "Salón de Plenos" da Casa do Concello de Malpica.

📎 Compartímos con vós a orde do día do mesmo.

Dirección

Avenida Emilio González, 1
Carballo
15113

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Malpica publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a BNG Malpica:

Compartir

Categoría