28/05/2026
𝕀𝕀 𝕋𝕣𝕚́𝕒𝕥𝕝𝕠𝕟 𝕕𝕖 𝕞𝕖𝕟𝕠𝕣𝕖𝕤 ℂ𝕠𝕟𝕔𝕖𝕝𝕝𝕠 𝕕𝕖 ℂ𝕒𝕣𝕚𝕟̃𝕠
O sábado, 6 de xuño de 2026, a partir das 14:45 h, celébrase o II Tríatlon de menores do Concello de Cariño, organizado polo Concello de Cariño, A.V. Concello de Cariño,
Federación Galega de Tríatlon (FEGATRI), Club Natación Cedeira.
Haberá as seguintes probas:
Proba de duatlón de promoción: Prebenxamíns federados e de prebenxamíns a cadetes non federados. Nados entre 2021 e 2011 (ambos inclusive). Distancias: 100 m carreira + 1.600 m bicicleta + 500 m carreira.
Proba do circuito de tríatlon de menores (federados): 3 categorías — benxamín, alevín e infantil — para nados entre 2018 e 2013 (ambos inclusive).
Proba de tríatlon de promoción cadete: Para nenas e nenos federados nados nos anos 2011-2012.
Inscrición:
A inscrición realizarase en liña a través da web da Federación Galega de Tríatlon: https://fegatri.org/ no apartado: Competicións/inscricións, ligazon: https://fegatri.org/evento/ii-triatlon-de-menores-de-carino-circuito-de-triatlon-de-menores-bx-al-in...
Prazo de inscrición: ata o martes, 2 de xuño de 2026.
Clubs: Acceden ao apartado competicións, seleccionan a carreira de referencia, picando en INSCRICIÓN e introducindo o código do club (o mesmo que o programa de licenzas).
Deportistas individuais: Deberán introducir o seu número de licenza e a data de nacemento.
Deportistas non federados: Deberán cubrir o formulario de deportistas con licenza temporal de 1 día. Será imprescindible enviar a copia do DNI en vigor á Federación Galega de Tríatlon a través da plataforma de inscricións.
Recorrido e organización:
A saída realizarase desde a praia da Basteira.
A transición á proba de ciclismo será no paseo marítimo, fronte á Casa da Cultura.
O percorrido de ciclismo discorre polo carril bici do paseo marítimo, polas rúas Río Sil, Avenida da Paz, Cabo Ortegal, Río Sor e pola Urbanización das casas dos mariñeiros.
A proba de carreira a pé realízase polo paseo marítimo coa chegada preto da praza do paseo marítimo.
Solicitude á veciñanza e afectación do tráfico
Solicitamos a colaboración de toda a veciñanza para facilitar o desenvolvemento da proba.
O sábado, 6 de xuño, desde as 10:00 h (comezo da montaxe) ata a finalización do tríatlon, ao redor das 19:00 h, eviten aparcar os seus vehículos nas seguintes zonas: Avenida da Paz; Rúa Río Sil; Rúa Cabo Ortegal; Urbanización das casas dos mariñeiros; aparcadoiro da Casa da Cultura.
O circuíto do tríatlon estará pechado ao tráfico. Por seguridade dos menores participantes, non se poderá acceder ás rúas mencionadas nin saír/entrar desde ningún garaxe que dea a esas rúas mentres dure o peche.
Se algún vehículo queda estacionado nalgunha desas rúas, non poderá moverse ata que se abra de novo o tráfico.
Datos clave:
Data e hora do inicio: sábado, 6 de xuño de 2026, a partir das 14:45 h.
Lugar de saída: praia da Basteira.
Prazo de inscrición: ata o martes, 2 de xuño de 2026.
Montaxe e restricións de tráfico: sábado, 6 de xuño, desde as 10:00 h ata ao redor das 19:00 h (evitar aparcar nas zonas indicadas).
Inscrición en liña: http://www.fegatri.org/ e https://fegatri.org/evento/ii-triatlon-de-menores-de-carino-circuito-de-triatlon-de-menores-bx-al-in...
Moitas grazas pola súa colaboración e comprensión.