Bng Cariño

Bng Cariño Páxina oficial do BNG de Cariño.

O deputado Mon Fernández denuncia máis de 100 suspensións do servizo nos 3 primeiros meses do ano.
07/05/2026

O deputado Mon Fernández denuncia máis de 100 suspensións do servizo nos 3 primeiros meses do ano.

O pasado 21 de abril unha nova incidencia de carácter grave paralizou a liña de ferrocarril entre Fe

Paz, soberanía e dereitos. Mentres o gasto militar bate récords, a vida das maiorías sociais encarécese. No BNG témolo c...
26/04/2026

Paz, soberanía e dereitos. Mentres o gasto militar bate récords, a vida das maiorías sociais encarécese.

No BNG témolo claro: o diñeiro público debe ir á sanidade e educación, non á guerra.

RESUMO DO PLENO  26 DE MARZO DE 2026 PRIMEIRO: Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior: de 05/02/2026. APROBA...
07/04/2026

RESUMO DO PLENO 26 DE MARZO DE 2026

PRIMEIRO: Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior: de 05/02/2026. APROBADO POR UNANIMIDADE.

SEGUNDO: Dación de conta dos Decretos de Alcaldía desde a última sesión plenaria (do 30/2026, de 02/02/2026 ao 88/2026, de 18/03/2026).

TERCEIRO: Aprobación, se procede, do recoñecemento extraxudicial de crédito 1/2026 (EXPDTE 2026/X998/000007) Facturas que quedaron pendentes do ano pasado por un importe de 182.052,40€.

ABSTIVÉMONOS para que pequenas empresas e autónomos podan cobrar polos traballos realizados pero expresamos que non estamos de acordo en esta forma de proceder. Estas obrigas deberíanse limitar aos gastos executados nos últimos días do ano que resulte imposible de recoñecer dentro do exercicio orzamentario e non se pode facer do excepcional a norma.
PSOE ABSTÍVOSE, PP votou a favor: SAE APROBADA

CUARTO: Dación de conta do cambio de voceiros do grupo municipal do BNG. O noso voceiro pasa a ser a partir de agora Pablo Fraguela Casás.

QUINTO: Mocións . Levamos dúas mocións a este pleno:
• 1ª Moción relativa ao Proxecto de demolición da Central Eléctrica de Landoi promovido por Augas de Galicia e Naturgy Generación, SLU.

No DOG núm. 30, do día 13 de febreiro de 2026, publícase, por parte de Augas de Galicia, o anuncio polo que se somete ao trámite de información pública, polo prazo de 20 días hábiles, o “Proxecto de demolición das infraestruturas de retención, así como das asociadas ao aproveitamento hidroeléctrico de Landoi, no río Forte, concello de Cariño (A Coruña) (clave 15/055/1)”.

O día 12 de marzo dos correntes, dentro do prazo de exposición pública, o concelleiro Pablo Fraguela , presentou alegacións perante Augas de Galicia, contra dito proxecto de derrubo, por non estar de acordo coas súas pretensións, contido e determinacións que producirán irremediablemente danos ao patrimonio histórico e medioambiental. As alegacións foron redactadas nos seguintes termos.

Ocultación do valor cultural da Central Hidroeléctrica de Landoi. No proxecto de derrubo bótase en falta unha mínima análise das instalacións e edificacións, propiamente ditas ou en relación co entorno social no que se atopan, que as valore desde o punto de vista patrimonial. Mais ben faise todo o contrario, a pesares de contar as instalacións con 120 anos de existencia, no proxecto, non se lles dá ningún valor nin as considera desde o punto de vista cultural.

Así no apartado “6.2. Patrimonio Cultural”, da páxina 116, do “Anexo nº 2: análise do medio natural” do proxecto declárase, sen, como se dixo, un mínimo exame, que “En los terrenos donde se ubican las instalaciones del aprovechamiento de Landoi no se evidencian restos de patrimonio cultural”.

Unha mínima análise leva necesariamente a entender que, o aproveitamento hidráulico de Landoi, trátase dun ben a protexer.
Para mellor entender a importancia patrimonial deste aproveitamento hidroeléctrico convén facer unha crónica dos seus antecedentes. Deste xeito e segundo os datos aportados pola asociación Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial (asociación sen ánimo de lucro inscrita co número 2008/012230-1 (SC) no R.C. de Asociacións de Galicia) o 29 de abril de 1906 os veciños de Ortigueira, Vicente Sandomingo Crego e Adolfo Teijeiro Botana, constituíron a sociedade “Eléctrica Ortegana”, para a subministración de enerxía eléctrica na comarca, recibindo o 9 de xullo de 1906 a preceptiva autorización administrativa.

A tal efecto, os promotores realizaron a captación das augas do rego do Forte, un tributario do rego de Landoi (ou río Seixo), construíndo unha represa a uns metros augas abaixo da xunta do rego das Lamas co rego do Quiza, entre as aldeas de Lamelas e Soñín, derivando as augas, mediante unha canle duns 600m, ata o estanque regulador ou cámara de carga e desde alí, polas tubaxes de presión, ata a casa de máquinas, nos Cerrados de Mariana, a uns setecentos metros augas arriba do lugar de O Seixo. Tratábase dunha pequena instalación de senllas turbinas co cadanseu alternador e un total de 375 quilo-vatios de potencia instalada.
Ao longo do primeiro terzo do século XX a compañía tendeu as liñas eléctricas pola comarca, dando primeiro servizo a Ortigueira e Cariño, os principais núcleos de poboación, e estendéndoo despois a Mera, Espasante, Feás.

A subministración facíase inicialmente cunha tensión de 5.000 voltios, elevada posteriormente a 15.000 voltios.

Finalmente, coa venta da hidroeléctrica de Landoi, xunto coa de Chímparra en Cedeira, á empresa FENOSA, esta non tardaría en deixalas fóra de servizo a mediados da década de 1970, pola baixa rendibilidade derivada das súas modestas potencias e das dificultades dunha ampliación.

A hidroeléctrica de Landoi como peza fundamental da identidade de Cariño.

Finalmente, coa venta da hidroeléctrica de Landoi, xunto coa de Chímparra en Cedeira, á empresa FENOSA, esta non tardaría en deixalas fóra de servizo a mediados da década de 1970, pola baixa rendibilidade derivada das súas modestas potencias e das dificultades dunha ampliación.

A hidroeléctrica de Landoi como peza fundamental da identidade de Cariño.

Desta forma chégase, a finais da década de 1940, a estar en Cariño funcionando simultaneamente máis de 20 fábricas, o que supuxo ademais un crecemento da poboación e da Vila.

Polo que non se pode entender a industria conserveira de Cariño e da propia vila sen o subministro eléctrico proporcionado pola “Eléctrica Ortegana”, formando por tanto parte da identidade e personalidade de Cariño.

A demolición da infraestrutura hidroeléctrica situada en Landoi, con cento vinte anos de existencia, supón unha perda irreversible da historia e de entender a evolución da vila de Cariño na primeira metade do século XX. Polo que se trata dun ben que debe ser protexido e non demolido.

Así o considerou o concello de Cariño, que está modificando o catálogo de bens protexidos do Plan Xeral de Ordenación Municipal, pendente da aprobación inicial, no que se inclúe a central hidroeléctrica de Landoi.

Ademais non existen razóns para a demolición pois o aproveitamento hidroeléctrico é inocuo para o medio ambiente, polo tipo de materiais cos que está construído: formigón e ferro. Así se recoñece no propio proxecto de derrubo onde, na páxina 51, se declara que a represa está moi naturalizada (tanto que non é posible distinguir os seus elementos dos elementos naturais do río).

Zona de especial protección de valores ambientais.
Por outra banda, o ámbito, no que se sitúa o aproveitamento hidroeléctrico, posúe uns elevados e recoñecidos valores medioambientais por conter, entre outras singularidades, vexetación endémica e en alto perigo de extinción e particularmente fentos relictos do Terciario, con máis de sesenta e cinco millóns de anos.

No proxecto de derrubo menciónase que están presentes os fentos Woodwardia radicans, Trichomanes speciosum e Vandenboschia speciosa, que se atopan en estado vulnerable, e tamén os fentos Culcita macrocarpa e Hymenophyllum wilsonii (Hymenophyllum wilsonii hook) que se atopan en perigo de extinción segundo o último Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

A singularidade medioambiental da zona foi recoñecida no seu día polo Plan Xeral de Cariño (PXOM), aprobado o 17 de Febreiro de 2000, ao cualificar todo o ámbito como “solo rústico de protección medioambiental”.

E así mesmo foi admitida a nivel Europeo ao incluírense parte das infraestruturas na rede Natura 2000.

A pesar de ser conscientes da afectación e eliminación de especies protexidas, no orzamento de execución material do proxecto contémplase, páxina 406, a roza duns 2.525 m2 (eliminando plantas, cepos...) e a adecuación nuns 4,915 m2, para a apertura de accesos para maquinaria de obra, indicando que se evitará... ¡”en la medida de lo posible la afección a las especies amenazadas existentes”!

Por tanto no mesmo proxecto recoñécese que é inevitable, coas obras de derrubo que se pretenden, non danar gravemente á vexetación protexida, non so no proceso de derrubo se non tamén nos traballos previos de apertura de accesos, nos que se afectará unha grande superficie, duns 5.000m2.

Procede por tanto que se paralice e arquive dito expediente.

Acordo:

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego somete a debate e aprobación polo Pleno esta moción, propondo a adopción dos seguintes ACORDOS:

1.- Que se recoñeza a importancia patrimonial para Cariño da central eléctrica de Landoi, construída hai uns 120 anos (sobre 1906) pola sociedade Eléctrica Ortegana, pola súa influencia no desenvolvemento da industria conserveira de Cariño.

2.- Que, se continúe co trámite de aprobación do catálogo de bens do PXOM, adxudicado en 2018 á empresa Oficina de Planeamiento S. A., no que se inclúa definitivamente a Central eléctrica de Landoi.

3.- Que, no seu día, non se chegue a outorgar, por parte do Concello, licenza ao proxecto “Proxecto de demolición das infraestruturas de retención, así como das asociadas ao aproveitamento hidroeléctrico de Landoi, no río Forte, concello de Cariño (A Coruña) (clave15/055/1)”, publicado no DOG núm. 30, do día 13 de febreiro de 2026, por parte de Augas de Galicia.

4.- Que se notifique a Augas de Galicia a posición contraria do concello de Cariño á demolición, polas razóns antes expostas, indicándolle asi mesmo que o Concello non outorgará licenza ao proxecto de demolición.

SAE ADIANTE POR UNANIMIDADE.

• 2ª Moción:
Moción relativa ao restablecemento da negociación cos traballadores para a aprobación da RPT.

Unha administración pública non debería ter xente traballando polo salario mínimo, tanto pola calidade do servizo que prestan como polo dereito dos traballadores de ter unha remuneración xusta. As administracións públicas deberían de servir como exemplo.

Un dos dereitos que teñen os empregados públicos e que se reflicten, entre outras normas na Lei 2/2015 do emprego público de Galiza, é o da negociación colectiva e a participación, a través dos órganos de representación do persoal, na determinación das condicións de emprego.

Entendemos que nesta situación non se respecta este dereito, que se reflicte no artigo 3 da mencionada norma autonómica, e na que as entidades locais galegas forman parte do seu ámbito de aplicación.

Xa pasou moito tempo desde a sentenza que di que o concello de Cariño non actuou de acordo coas regras da boa fe, para proceder á aprobación da RPT como obrigación ineludible. Esta sentenza declara a obriga do Concello de Cariño de convocar a mesa de negociación para a elaboración e aprobación da RPT.

Ante a non convocatoria de mesas de negociación, en febreiro de 2024 a CIG solicitou unha execución forzosa da sentenza de 2022. Nesa execución forzosa da sentenza, dictada o 17 de xuño de 2024, a xuíza dáballe 3 meses para negociar e aprobar a RPT.

Logo de non convocar ningunha mesa de negociación nese tempo, e ante a imposición de multas coercitivas, a alcaldesa convocou 2 mesas de negociación en decembro de 2024, para facer unha valoración de 6 postos de traballo. As mesas celebráronse o 5 de marzo e o 7 de maio de 2025. Nesta última, entre outras cousas, chegouse ao acordo de que o persoal funcionario e laboral tiveran a mesma estrutura e as retribucións fosen calculadas pola mesma táboa.

Desde o 7 de maio non houbo máis mesas de negociación, só se lles pediu aos representantes sindicais que presentaran un documento que reflectise os acordos alcanzados ata ese momento en mesa de negociación.

Entendemos necesaria, xa non só por acatar a mencionada sentenza se non polo bo funcionamento do Concello, a necesidade de darlle impulso dunha vez por todas a esta negociación. Os representantes dos traballadores deron un tempo prudencial para exixir o cumprimento de dita sentenza, pero a pasividade por parte do Concello volveu rexurdir.

O papel do actual goberno, que debería ser de diálogo, o único que está é a empeorar o conflito entre os traballadores, e lonxe de ofrecer solucións está a agravar os problemas que xa viña tendo o Concello neste tema.

Non se pode estar tanto tempo para aprobar unha RPT, debería chegarse a unha resolución canto antes, que permita reducir a brecha salarial existente entre os traballadores do Concello, unha xusta retribución por cada función desempeñada e a dignificación do posto de traballo, que permita que os servizos que presta o concello de Cariño á cidadanía sexan de calidade.

Acordo :

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego somete a debate e aprobación polo Pleno esta moción, propondo a adopción do seguinte ACORDO:

1.- Que o goberno municipal presente na mesa de negociación, a proposta encargada á empresa Rodríguez & Viñals antes do vindeiro 17 de abril de 2026, na que se recolla:

- As funcións e a valoración de cada posto de traballo.
- O soldo, o complemento de destino e o complemento específico de cada posto de traballo.
- A cantidade de persoal para cada posto de traballo.
- O montante total de todas as retribucións salariais.

2.- Convocar de xeito inmediato a mesa de negociación para proceder a dita valoración.

3.- Que o goberno municipal se comprometa, após un acordo da mesa de negociación, a aprobar a nova RPT antes do remate do 2026, co obxectivo de incluír no orzamento para o ano 2027 os créditos necesarios para incluír os acordos de dita RPT.

PP VOTOU EN CONTRA, BNG E PSOE A FAVOR. SAE APROBADA.

SEXTO: Rogos e preguntas

1.- Rogamos que se retransmitan os plenos.

2.- Insistimos na importancia de darlle adiante tanto ao tema do PXOM coma ao do PEPRI. Hai algunha evolución nese aspecto?
A Alcaldesa responde: ”no”.

3.- No último pleno comentaches que á semana seguinte virían os de Costas e que os ías levar a Sismundi para comentarlle sobre os refugallos de MarCultura.
A Alcaldesa responde: “se lo comentamos, fuimos hasta allí e iban a mirar a ver cómo estaba esa concesión y nos iban a informar".

4.- Hai moitos meses da reunión que tivemos para acordar o cambio de nomenclatura das rúas. Pedimos ter unha reunión o antes posible para levar a cabo o que se aprobou nesta sede.

5.- Pedimos que se envíe un recordatorio á Xunta de Galiza para que non se esquezan que so falta que formalicen o cambio de nomenclatura do colexio público de infantil e primaria.

6.- Hai dous plenos, falando sobre o cese da contratación da anterior empresa de xardinería, comentabades que tiñades moitas discrepancias co ritmo dalgúns traballos. Por iso chámanos a atención ver as desfeitas que fan os xabaríns e que tardan moito en arranxarse.
A Alcaldesa contesta: “eso no es cuestión del jardinero porque el jardinero se negaba también. Ahora como hay bastante destrozo, se hará como siempre, se hará con el retrovato”.

7.- Nos decretos de Alcaldía vimos o recoñecemento e a orde de pago das facturas a Portos de Galicia e que ascenden a 25.716,42€. Houbo avances para deixar de pagar esta extorsión ou a transferencia definitiva vaise dilatar aínda máis no tempo.
A Alcaldesa responde: “no tenemos noticias de cambios”.

8.- Queríamos preguntar pola senda do litoral. Por onde vai ir e cando estaría preparada para a súa utilización.
A Alcaldesa responde: “es una senda que va por el litoral. Aquí va de Sismundi a la Ortigueira. Abren ellos el camino y va a ser peatonal. El mantenimiento lo tendremos que hacer nosotros”.

9.- Vimos o decreto de alcaldía que impón os novos horarios das traballadoras do SAF. Fala dos diversos intentos de negociación por parte de vós tanto formalmente na mesa de negociación como informalmente con elas en reunións puntuais. Queremos deixar claro que o que sucedeu na única mesa de negociación na que se levou estes cambios, e na que se advertiron moitos erros, chegouse a un acordo por todas as partes alí representadas, en que se volvería a convocar unha mesa de negociación para aceptalos. Esa mesa, se non me equivoco foi en outubro. Queremos pedir unha mesa de negociación para acordar por todas as partes uns horarios que satisfagan a todos.

10.- Vimos a concesión de prórroga polas obras no pavillón municipal a principios deste mes e que sitúa o límite para o remate o día 18 de xuño. Avanzouse algo este mes? Credes que é realista esa data?
A Alcaldesa contesta: “estamos apretando a la empresa para que sea así y consideramos que desaprovecharon dos semanas, ya se lo dijimos también, está en su mano cumplir los plazos”.

11.- Para cando podemos ver o arranxo dos parques infantís? Mentres iso non se leva a cabo rogamos que se revisen aqueles elementos con risco inmediato para os cativos.
A Alcaldesa contesta: “está arreglado ya, nos lo pasaron por Whatsapp y ya está arreglado”.
Pablo pregunta: e a execución?
Alberto contesta: “cando nos den a subvención”.

12.- Como mencionábamos no punto do recoñecemento das extraxudiciais, no pleno de novembro aprobouse unha moción que pedía a licitación do servizo do PAI, esta moción foi aprobada polos votos dos compañeiros do PSdeG e nosos e coa vosa abstención. Queríamos saber como vai a licitación.
A Alcaldesa contesta: “por ahora no se está haciendo nada”.

13.- No mesmo pleno aprobouse outra moción para a licitación do servizo do SAF, esta co voto en contra vosa. Tamén queríamos saber en que situación está.
A Alcaldesa responde: “mientras no se aprueben los presupuestos no se va a poder hacer mucho más, vamos tener que tratar de ir ajustando. Nuestra posición es contar lo menos posible con ella y dar trabajo a las trabajadoras del concello. De hecho, se redujo bastante la necesidad de esa empresa desde que pusieron los horarios nuevos”.

14.- En canto a servicios socias, con cantas prazas de traballadoras sociais vai contar o concello, se este número é suficiente para levar a cabo o traballo e cando se vai cubrir ?
A Alcaldesa contesta: “hoy se hizo el examen de la trabajadora social, así que ya se va a cubrir. Está una administrativa y esta administrativa está cubriendo todo, menos lo que lógicamente tiene que hacer una trabajadora social que es hacer expedientes y dar altas”.

15.- Queríamos preguntar pola árbore da igrexa da Pedra. Queríamos saber se a igrexa presentou comunicación previa para a súa tala.
A Alcaldesa contesta : ” no”.
A propósito desto aquí hai dous anos se aprobou unha moción que propoñía, entre outras cousas, a aprobación dun catálogo de árbores senlleiras do concello para que unha árbore dese porte que non volva pasar. Aínda que obviamente cando é unha parcela privada ten dereito o propietario de considerar a súa corta ou non, pero tamén desde o Concello debedes de velar que este patrimonio, neste caso natural, se conserve.

16.- Rogamos vendo o estado da pasarela de madeira que nesta lexislatura estivo con vaias para limitar o seu uso, que sexa retirada e polo menos non haxa algunha desgracia que lamentar.
A Alcaldesa contesta: “precisamente hoy vino el técnico con la chica que va a hacer las obras y se va a reparar. Viene por parte de Costas”.

17.- No último pleno comentástedes sobre a visita que fixo persoal técnico da Xunta no centro de día. Sabemos algo das conclusións?
A Alcaldesa responde: “está el arquitecto rematando y de hecho mañana tenemos otra visita al centro para ver las instalaciones, como está lo de los cuadros eléctricos y las instalaciones que hay de los suministros”.

🚨O noso voceiro, Pablo Fraguela, analiza e fai balance das problemáticas existentes no concello nesta entrevista na Cade...
01/04/2026

🚨O noso voceiro, Pablo Fraguela, analiza e fai balance das problemáticas existentes no concello nesta entrevista na Cadena SER ao longo deste último ano da lexislatura.

Enlace para a escoita 👂⬇️

Entrevista con Pablo Fraguela, voceiro do BNG de Cariño | Cadena SER

🚨 Vémonos este xoves.
23/03/2026

🚨 Vémonos este xoves.

RESUMO DO PLENO ORDINARIO DO 5 DE FEBREIRO1º.- Aprobación, se procede, das actas das sesión anteriores: de 29/12/2025 e ...
19/02/2026

RESUMO DO PLENO ORDINARIO DO 5 DE FEBREIRO

1º.- Aprobación, se procede, das actas das sesión anteriores: de 29/12/2025 e 14/01/2026. Foron aprobadas por unanimidade.

2º.- Dación de conta dos Decretos de Alcaldía desde a última sesión plenaria.

3º.- Aprobación inicial, se procede, do expediente de transferencia de crédito 2/2026. Foi aprobado por unanimidade.
• Cede crédito:
Fomento do emprego. Outras transferencias: 59971,26€
• Reciben crédito:
Instalación deportivas. Reposición de infraestructuras (pavillón): 28647,23€
Pavimentación de vías públicas. Reposición de infraestructuras (renovación de pavimentos nas rúas Río Miño, Río Sor e Sanchola): 31324,03€

4º.- Aprobación, se procede, do POS+Adicional 3/2026 (redución da débeda). Foi aprobado por unanimidade.
Redución da débeda do concello coa Deputación pola utilización do préstamo provincial dos plans 2015-2023: 73707,88€.
Preguntamos canto queda por pagar desta débeda. A resposta foi 341421€.

5º.- Aprobación, se procede, da encomenda do Concello de Cariño á Administración Xeral da CCAA de Galicia, das competencias relativas á convocatoria de procesos selectivos da policía local. Foi aprobado por unanimidade.
Con este convenio a Xunta xestionará a convocatoria e o desenvolvemento dos procesos selectivos das prazas de policía local e auxiliares de policía local e non o Concello.
Preguntamos como está agora a situación da policía local. A resposta foi que hai unha praza vacante por xubilación e na outra praza xa está de alta pero desfrutando das vacacións.

6º.- Aprobación, se procede, de representantes da Corporación nos órganos colexiados. Na anterior ocasión na que se votou este punto, votamos en contra por non respetarse o acordo do pleno de organización. Esta vez respétase e por iso o noso voto é abstención. Entendemos que o goberno ten que organizarse como mellor crea. PP (4) e PSOE (3) votaron a favor.

7º.- Aprobación, se procede, do POS+ 2026. Sae aprobado por unanimidade.
• Hai unha achega de 143602,82€ para gastos correntes. (Achega 2026)
• Marxes e renovación de equipamentos do campo de fútbol: 59093,29€. (Achega 2026)
• Substitución do céspede: 214980,47€. (Achega 2025)
• Como Plan Complementario apróbase o cerramento e gradas na pista polideportiva municipal: 96955,73€.

8º.- Mocións.

9º.- Urxencia: Non estaba como punto na orden do día, pero votamos por unanimidade que se incluíra e que se aprobase.

POS+ ADICIONAL 4/2025 da Deputación Provincial da Coruña. Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal.
• Prego de características técnicas para o subministro de varredora aspira para limpieza urbana: 98736,00€
• Prego de características técnicas para o subministro de equipamentos nos parques do colexio e do cobertizo: 18198,40€
• Prego de características técnicas para o subministro de equipamentos nos parques da biblioteca e do paseo: 14538,15€
• Prego de características técnicas para o subministro de valor metálicos de aceiro galvanizado: 4683,79€

10º.- Rogos e preguntas.

1. Rogamos retransmitir os plenos e amplificación de voz.

2. Para as zonas onde a iluminación pública falla,habería maneira de estudar como mellorar para que non salte tanto? Alberto contesta: “estes días saltan polo temporal. Habería que separar as fases, sobretodo Murela-piscina”.

3. Hai dous meses preguntamos pola retirada de vehículos en estado de abandono no Concello e facíamos referencia a un en concreto e segue no mismo sitio. A Alcaldesa responde: “hablamos con el propietario, le dimos un tiempo para retirarlo pero tendremos que ir a Medioambiente denunciarlo, se va a considerar un resíduo y eso lleva como consecuencia una multa y sanción”.

4. Insististimos na importancia de darlle adiante tanto ó tema do PXOM e o PREPI porque cremos que non avanzaría moito nestes dous meses. A Alcaldesa contesta: “se pidieron los informes para hacer una prórroga”.

5. Insistimos tamén no tema de Mar Cultura de Sismundi. A Alcaldesa contesta: “la semana que viene vendrá hasta aquí el de Costas e iremos hasta Sismundi”.

6. Pódese sacar outra vez a praza de peón polo Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, porque vimos que quedara deserto? A Alcaldesa contesta: “sí,quedó vacante y al siguiente año se puede ir a ella”.

7. Temos xa un calendario máis concreto con respecto ao amaño do pavillón municipal? Alberto contesta: “para a semana veñen cambiar a cubierta e teñen pensado telo rematado para mediados de abril”.

8. En que cifras de alumnado nos movemos para o obradoiro dual de emprego Terras do Ortegal 3? A Alcaldesa responde: “normalmente hay reservas según la población, 3-4”.

9. Para mellorar o servizo do local social poderíase estudar a posibilidade de aumentar o número de traballadoras? A Alcaldesa contesta: “siempre es puntual, la gente se tiene que ir adaptando. Que existe la posibilidad de contratar a alguien? Sí, pero serían 2 meses, 1 mes… depende de cómo lo organizaran ellas”.

10. En que situación están os servizos sociais na actualidade? Falamos da oficina. A Alcaldesa contesta: “estamos con una administrativa que está substituyendo una baja, una se jubiló y otra cambió de destino. Ahora mismo estamos llamando a las que estaban en bolsa”.

11. Como está o tema das traballadoras do SAF? A Alcaldesa responde: “presentamos un acuerdo, ellas lo revisaron, hicieron unas pequeñas modificaciones. Puede ser viable”.

12. Temos algunha novidade do tema de Portos de Galicia? A Alcaldesa contesta: “no”.

13. Pablo pregunta: a Xunta, como sempre, favorecendo ó capital por enriba dos intereses dos galegos e das galegas vai reducir nun 64% o imposto do canon eólico. Canto e que porcentaxe vai deixar de percibir o concello de Cariño do Fondo de Compensación Ambiental? A Alcaldesa contesta: “yo creo que los concellos en este sentido… Pablo, creo que te equivocas un poquito… porque la repotencialización de los eólicos, resulta que le va a dejar más pasta a los ayuntamientos de por aquí. Hay ayuntamientos que subieron algunas tasas porque saben que van a subir lo de los eólicos”.

14. Preguntamos polo centro de día. A Alcaldesa responde: “oísteis lo del Parlamento hoy también, no? pues yo creo que os contestaron muy bien. Nosotros hicimos nuestro trabajo. Los técnicos de la Xunta junto a un técnico que teníamos que poner para valorar y ver en qué condiciones está el centro de día y poner un proyecto encima y que puedan poner dinero y la viabilidad de ponerlo en marcha está ahí.

Pablo contesta: “Nós canalizamos as demandas da AAVV de Cariño presentando unha proposición non de lei, o que primeiro se nos contestou foi que non había nos orzamentos deste ano da Xunta de Galiza ningunha partida adicada ao centro de día. E hoxe comentaron que a Xunta presumía de que pagara a un técnico, pero iso pode asumilo o concello de Cariño, o que non pode asumir é a xestión dese edificio. Nós, na PNL que levamos hoxe ao Parlamento, propoñíamos que a Xunta se fixese cargo tanto do remate ou adecuación do edificio aos novos requerimentos como que levase a súa xestión e despois o Concello no tema das prazas dentro do consorcio aportaría a súa parte. A Xunta presentou unha enmenda e o que propuxo, por iso votaron en contra disto, é que fose o Concello quen levase a xestión desa residencia. A min paréceme que tal como é a situación que ten Cariño e cunha poboación na que os maiores de 65 anos representan case o 40% de toda a poboación, é un paquete envelenado”.

15. Cales son os escollos polo que non se soluciona o conflicto laboral co persoal municipal? A Alcaldesa contesta: “no hay ninguno ahora mismo… En la RPT nosotros hicimos una solicitud a los distintos representantes .Tuvimos una reunión con Viñals, que fue quien hizo el proyecto y pedimos las alegaciones que también ellos hacían. Toda esa documentación se mandó a Viñals hace más de 15 días... Aquí siguen protestando igual y yo creo que no dicen lo que hay. Esperamos la resolución de Viñals con un documento ya en firme para poder presentar y llegar a acuerdo. De hecho Viñals se ofreció para hacer los cálculos de subidas y todo eso. Creo que es un buen avance lo que pasa que bueno, no es muy popular, es más popular estar fuera”.

16. Íades ter unha reunión con Intervención o 30 de decembro, que quedastes en comunicarnos e non se nos comunicou nada. A Alcaldesa responde: “tuvimos la reunión con Viñals la semana de Reyes y dependíamos de lo que nos dijera él y de lo que nos informara. Con lo que nos dijo creo que la documentación ya se envió y ahora tiene que mandar Intervención datos para que ellos hagan la valoración”.

17. Vimos nos reparos os pagos a xardinería e dixestes no pleno anterior que xa estaba todo pagado. Canto queda? A Alcaldesa contesta: “quedarán dos pero se le mandó modificar la factura por una serie de datos que él dice que sí y nosotros corroboramos que no y tendría que cambiar la factura, es mínimo los cambios que tendría que hacer pero él no quiere y nosotros no podemos pagar algo que no es lo correcto y son dos facturas, ya las tiene desde junio, las facturas posteriores se pagaron perfectamente”.

18/02/2026

Pasaron 2 anos das Galegas de 2024. Tivemos o mellor resultado da historia do BNG e vivimos unha maré desbordante de ilusión. Non nos conformamos. Estamos aquí para gañar e darlle a Galiza o mellor futuro. Traballamos cada día por unha GZ viva, forte, xusta e próspera, contigo.

06/02/2026

➡️ Levamos a reivindicación da residencia e centro do día ao Parlamento Galego e o PP votou en contra. A Xunta escapa de exercer as súas competencias e as súas obrigas coa veciñanza de Cariño, e a alcaldesa xa non sabe o que dicir.

👁️👁️ Non deixes de ver o vídeo do debate no Parlamento:

05/02/2026

🚨Por se é do voso interese, hoxe van debater en comisión no Parlamento, por iniciativa do deputado Mon Fernández, do BNG a proposta do Centro de Día de Cariño.

https://pgalicia-live.akamaized.net/hls/live/2040695/d/playlist.m3u8

☑️ Podedes ver o debate neste enlace.

-X-VERSION:3 -X-STREAM-INF:BANDWIDTH=406982,CODECS="avc1.42c020,mp4a.40.2",RESOLUTION=1280x720 ../../2040695/d/d/chunklist.m3u8 -X-STREAM-INF:BANDWIDTH=406982,CODECS="avc1.42c020,mp4a.40.2",RESOLUTION=1280x720 ../../2040695-b/d/d/chunklist.m3u8

Dirección

Cariño
Cariño

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Bng Cariño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir