Concello de Carnota

Cómo llegar Página web

Concello de Carnota Perfil oficial do Concello de Carnota

O Concello de Carnota traslada o seu apoio e solidariedade ás vítimas do accidente ferroviario ocorrido hoxe en Toledo e...
28/10/2026

O Concello de Carnota traslada o seu apoio e solidariedade ás vítimas do accidente ferroviario ocorrido hoxe en Toledo e ás súas familias.

Compartimos información de interese para a localización de familiares e a doazón de sangue.

Localización de familiares:
Renfe: 900 10 10 20
Iryo: 900 00 14 03

Doazón de sangue en Toledo:
Centro de Especialidades San Ildefonso, avenida Barber, 26, planta baixa.
Horario: de 9:00 a 14:30 h e de 16:00 a 20:30 h.

Amplíase o prazo de adhesión ao programa MercaNaVila 2026!Os comercios do Concello de Carnota poderán inscribirse nesta ...
28/10/2026

Amplíase o prazo de adhesión ao programa MercaNaVila 2026!

Os comercios do Concello de Carnota poderán inscribirse nesta iniciativa ata o 20 de novembro de 2026, ás 9:00 horas.

Consulta as condicións e formaliza a túa adhesión a través da seguinte ligazón:

https://mercanavila.gal/gl/merchant

Os comercios de Carnota xa poden sumarse a Mercanavila, unha iniciativa para impulsar o comercio local e fomentar as compras nos establecementos de proximidade.

As inscricións estarán abertas do 6 ao 20 de outubro.
Anímate a participar e aproveita esta oportunidade para dar visibilidade ao teu negocio.

Consulta toda a información e os requisitos de adhesión en:
https://mercanavila.gal/gl/merchant

Este ano as NOITES ESPECTACULARES son tamén para público miúdo, para que sexan para todas as idades.Este venres 30 de ou...
28/10/2026

Este ano as NOITES ESPECTACULARES son tamén para público miúdo, para que sexan para todas as idades.
Este venres 30 de outubro, ás 19.00h no Auditorio Municipal terá lugar a obra HAMELIN.
libre e de balde!!! Actividade enmarcada na programación cultural do Concello de Carnota coa colaboración deCultura da Deputación da Coruña , rede cultural.

Todos e todas coñecemos a popular historia que aconteceu hai moito tempo na vila alemá de Hamelin, na que un frautista secuestrou os nenos e nenas da vila en castigo por un engano. Segundo nos contaron sempre, os rapaces e rapazas da vila seguiron o músico hipnotizados/as polo doce son da súa frauta. Así foi como sempre nola contaron, pero… Todos os nenos e nenas foron detrás do frautista? Non. Unha nena non sucumbiu ante a música e logrou salvar as crianzas da vila. Que facía tan especial a esta nena? Que era xorda.
Fran Rei presenta o seu novo espectáculo unipersoal en colaboración con Carmen Conde e dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias. Nesta montaxe, Fran Rei mestura narración oral, maxia, un chisco de música, unhas faíscas de lingua de signos e moito humor na súa particular revisión da popular lenda alemá do frautista de Hamelin.

Carnota recibe a Bandeira Verde de Galicia 2026 polo seu compromiso co territorio e o medio ambienteUn galardón que dist...
27/10/2026

Carnota recibe a Bandeira Verde de Galicia 2026 polo seu compromiso co territorio e o medio ambiente

Un galardón que distingue as boas prácticas ambientais e o compromiso coa protección da paisaxe, a loita contra o cambio climático e a economía circular.

O recoñecemento pon en valor o traballo desenvolvido en ámbitos como a ordenación do territorio, a eficiencia enerxética, a prevención de incendios, a xestión responsable dos residuos e a protección da biodiversidade.

O alcalde, José Manuel Saborido, destacou: «Esta bandeira recompensa o esforzo de todo o Concello e da veciñanza por coidar Carnota. Seguiremos traballando para que o noso territorio sexa máis sostible e un lugar mellor para vivir e visitar».

Xa está aberto o prazo de inscrición para instalar un posto no Mercado de Nadal, que se celebrará os días 26 e 27 de dec...
26/10/2026

Xa está aberto o prazo de inscrición para instalar un posto no Mercado de Nadal, que se celebrará os días 26 e 27 de decembro.

Comercio, artesanía, restauración…
Se queres formar parte destas celebracións, presenta a túa solicitude a través do formulario dispoñible na web.

Prazo de inscrición: do 21 de outubro ao 21 de novembro de 2026.

📍 Praza de San Gregorio, Carnota.

ℹ️ Consulta as bases e accede ao formulario de inscrición na web de Turismo de Carnota.

🔗 Máis información:

O Concello de Carnota organiza, un ano máis, un mercado de Nadal os días 26 e 27 de decembro de 2026 e a Festa de Fin de Ano, que contará con actuación musical a cargo dunha orquestra e unha discoteca móbil.As persoas, entidades ou empresas interesadas en instalar un posto no mercado (comercio,...

✨🎩Tarde de maxia en familia co Mago Paco!Emocións, risas, sorpresas e puñados de ilusión en "Sorrisos máxicos", un espec...
24/10/2026

✨🎩Tarde de maxia en familia co Mago Paco!
Emocións, risas, sorpresas e puñados de ilusión en "Sorrisos máxicos", un espectáculo divertidísimo no que o público é o verdadeiro protagonista. Quedamos con gana de máis! 🪄

Actividade organizada pola Axencia de Lectura Municipal de Carnota e financiada pola Xunta de Galicia dentro do programa

CARNOTA COMPLETA A LIMPEZA DE CINCO RUTASO Concello de Carnota finalizou os traballos de limpeza e acondicionamento de c...
24/10/2026

CARNOTA COMPLETA A LIMPEZA DE CINCO RUTAS

O Concello de Carnota finalizou os traballos de limpeza e acondicionamento de cinco rutas do municipio para favorecer a conservación e a posta en valor do patrimonio natural e cultural.

Os axentes ambientais realizaron unha visita de inspección e deron o visto e prace aos traballos executados.

As cinco rutas son:
• Ruta do Millo
• Ruta dos Muíños de Vadebois e Panchés
• Ruta das Leiteiras
• Bico do Santo
• Fervenza de Pedrafigueira

A actuación prevista nos Camiños de Andar ao Mar non se puido levar a cabo por motivos ecolóxicos, priorizando a protección do medio natural.

 Primeira Noite Espectacular 2026 cunha proxeción mooooi interesante A NOVA REGUEIFADispois da proxeción, quen se atreve...
23/10/2026


Primeira Noite Espectacular 2026 cunha proxeción mooooi interesante
A NOVA REGUEIFA
Dispois da proxeción, quen se atreve a reghueifar???? Sempre hai alguèn …

Esta actividade está enmarcada na Programación Cultural do Outono do Concello de Carnota, coa colaboración da Cultura da Deputación da Coruña “Outono das Artes”

Familias! Mirade que bo plan para mañá á tarde! Agardámosvos! ✨🪄 Sᴏʀʀɪsᴏs Mᴀ́xɪᴄᴏs | O Mᴀɢᴏ PᴀᴄᴏMaxia, humor, sorpresas ...
23/10/2026

Familias! Mirade que bo plan para mañá á tarde!
Agardámosvos!

✨🪄 Sᴏʀʀɪsᴏs Mᴀ́xɪᴄᴏs | O Mᴀɢᴏ Pᴀᴄᴏ
Maxia, humor, sorpresas e diversión asegurada para toda a familia.
Unha viaxe ao inesperado, con ilusións que espertan a imaxinación e momentos cómicos de complicidade absoluta co público.
Un show fresco, dinámico e entrañable onde o misterio e a diversión van da man.
Cando a maxia se une co humor, o resultado só pode ser un sorriso máxico!

🗓 Sábado 24 de outubro
⏰18:00 h
🏣 Auditorio Municipal (O Viso)
👨‍👧 Público familiar (+ 3 anos)

Actividade organizada pola Axencia de Lectura Municipal de Carnota e financiada pola Xunta de Galicia, dentro do programa

Hoxe chega a primeira NOITE ESPECTACULAR deste ano, é unha PROXECIÓN DO DOCUMENTAL "AO SON DA NOVA REGUEIFA".  Libre e d...
23/10/2026

Hoxe chega a primeira NOITE ESPECTACULAR deste ano, é unha PROXECIÓN DO DOCUMENTAL "AO SON DA NOVA REGUEIFA". Libre e de balde!!!!! Será no Auditorio Municipal ás 21.00h para todos os públicos.

Todo comeza cunha busca, a da Nova Regueifa. Nese proceso, rematamos decatándonos de que xa estamos camiñando ao son dela. Este documental propón unha viaxe na procura das pontes construídas entre a Regueifa tradicional e as súas expresións máis contemporáneas, afondando no proceso de recuperación e transformación desta arte da improvisación oral na Galiza. Nun percorrido que atravesa o país de norte a sur, coñecemos regueifeiras e regueifeiros que nos abren as portas ao mundo do repentismo, traendo á fronte o talento, a creatividade e a diversiadade que caracteriza a Regueifa hoxe en día. Neste itinerario que vai de Bergantiños a Vigo, non deixan de presentársenos unha serie de opostos: tradición e modernidade, aldea e cidade, aprendizaxe innata e pedagoxía… A través de testemuñas apaixonadas, versos improvisados e moita música, trazamos un retrato poliédrico da Regueifa contemporánea: unha arte con raíces fondas e ás abertas, disposta a seguir improvisando polos camiños do vento.

Esta actuación está enmarcada no Programa da OUTONO DAS ARTES coa colaboración do Departamento de Cultura do Concello de Carnota

Dirección

Praza De San Gregorio, 19
Carnota
15293

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 14:30
Martes 08:00 - 14:30
Miércoles 08:00 - 14:30
Jueves 08:00 - 14:30
Viernes 08:00 - 14:30
Sábado 10:00 - 13:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Carnota publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir