BNG Castrelo de Miño

BNG Castrelo de Miño Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de BNG Castrelo de Miño, Partido político, Castrelo de Miño.

A contorna da capela de Albín, nun estado de abandonoAsí se atopa actualmente a contorna da Capela de Albín, un espazo p...
05/09/2026

A contorna da capela de Albín, nun estado de abandono

Así se atopa actualmente a contorna da Capela de Albín, un espazo público que debería estar coidado e en condicións para o uso e desfrute da veciñanza.
Desde o BNG de Castrelo de Miño reclamamos ao Goberno municipal que actúe, repare os elementos deteriorados e manteña en condicións dignas os espazos públicos das nosas parroquias.

💡 O Parque Náutico segue ás escurasPasan os días e o alumeado continúa sen funcionar, con farolas incluso sen luminaria....
01/09/2026

💡 O Parque Náutico segue ás escuras

Pasan os días e o alumeado continúa sen funcionar, con farolas incluso sen luminaria.

Desde o BNG reclamamos ao Concello que arranxe dunha vez esta situación.

A “Toscana galega” tamén precisa mantemento.

💡 O Parque Náutico de Galiza, ás escurasVeciñas e veciños trasladáronnos que o alumeado do Parque Náutico leva varios dí...
26/08/2026

💡 O Parque Náutico de Galiza, ás escuras

Veciñas e veciños trasladáronnos que o alumeado do Parque Náutico leva varios días apagado, deixando boa parte do espazo completamente ás escuras.

Non é un caso illado: días atrás tamén se produciron problemas co alumeado no Pazo.

Desde o BNG de Castrelo de Miño reclamamos ao Concello que solucione estas incidencias canto antes.

Neste 17 de agosto conmemoramos o Día da Galiza Mártir, unha xornada de honra á memoria de todas e todos os que foron re...
17/08/2026

Neste 17 de agosto conmemoramos o Día da Galiza Mártir, unha xornada de honra á memoria de todas e todos os que foron represaliados e asasinados polo fascismo por defenderen os seus ideais, a democracia e os dereitos de Galiza.

Unha memoria simbolizada na figura de Alexandre Bóveda, fusilado polo franquismo no monte da Caeira o 17 de agosto de 1936.

A súa memoria segue viva no noso compromiso cunha Galiza libre e dona do seu futuro.

«Fixen canto puiden por Galiza e máis faría se puidese.»

A súa memoria, o noso compromiso con Galiza.

Hoxe celebrouse a feira mensual de Castrelo de Miño baixo unhas temperaturas moi elevadas. Porén, os toldos permaneceron...
26/07/2026

Hoxe celebrouse a feira mensual de Castrelo de Miño baixo unhas temperaturas moi elevadas. Porén, os toldos permaneceron pechados durante toda a mañá.

Foron numerosas as queixas que recibimos tanto dos feirantes coma da veciñanza por quedar sen sombra nunha xornada de calor intensa. Desde o BNG de Castrelo de Miño pedimos ao goberno municipal que garanta que estas instalacións estean operativas cando máis se necesitan.

🤍🩵❤️🩵🤍Un ano máis, o BNG de Castrelo de Miño estivo presente en Compostela para celebrar o Día da Patria Galega.Xunto a ...
25/07/2026

🤍🩵❤️🩵🤍
Un ano máis, o BNG de Castrelo de Miño estivo presente en Compostela para celebrar o Día da Patria Galega.

Xunto a milleiros de galegas e galegos, reivindicamos con orgullo que Galiza é unha nación, con identidade propia e co dereito a decidir o seu futuro.

Feliz Día da Patria Galega! Viva Galiza! 💙

25/07/2026


Presume de Galiza!
Somos unha nación!

Xa non queda nadiña para o   🎸🔥 Este hai hai un cartelazo, que coma sempre, aposta polos novos valores e o mellor da mús...
22/07/2026

Xa non queda nadiña para o 🎸🔥 Este hai hai un cartelazo, que coma sempre, aposta polos novos valores e o mellor da música galega.

Vémonos o 24 e 25 de xullo en Compostela.

Consulta a programación na web
🔗 https://f.mtr.cool/vslruivmky

SOMOS UNHA NACIÓN!Neste Día da Patria Galega reafirmamos con orgullo que Galiza é unha nación con identidade, lingua e c...
21/07/2026

SOMOS UNHA NACIÓN!

Neste Día da Patria Galega reafirmamos con orgullo que Galiza é unha nación con identidade, lingua e cultura propias. Un pobo que quere decidir libremente o seu futuro, con máis soberanía, máis dereitos e compromiso cun mundo en paz.

Este 25 de xullo, ás 12.00 h, enchemos a Alameda de Compostela para celebrar o Día da Patria Galega.

🚌 Haberá autobús desde O Ribeiro (saída ás 10.20 h desde a rotonda de Cea). Reserva a túa praza nos teléfonos que figuran no cartaz.

18/07/2026

Dirección

Castrelo De Miño

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Castrelo de Miño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a BNG Castrelo de Miño:

Atajos

Compartir

Categoría