19/06/2026
📢 A PARCELARIA NON PODE AGARDAR ATÉ 2029: ESIXIMOS UN SOLUCIÓN XA PARA A VECIÑANZA DE CATOIRA 🛑
👉 O Concello de Catoira considera inaceptable que o horizonte para rematar a concentración parcelaria se vaia ao ano 2029. Levamos case un cuarto de século (26 anos!) agardando por un proceso que semella non ter fin. A veciñanza está cansa e non se lle pode seguir pedindo máis paciencia.
Tras a última reunión coa Xunta e as novas empresas adxudicatarias, esta é a situación actual:
❌ Prazos excesivos: Os novos contratos técnicos teñen un límite de 30 meses (dous anos e medio).
Desde o Goberno Municipal, o alcalde Xoán Castaño rexeita agardar tanto: "Como di o refrán, iso vai ser 'para cando os cregos deixen de pedir'".
O obxectivo debe ser rematar a zona Norte nun prazo aproximado dun ano.
🔍 Zona Sur (a máis atrasada): As empresas Topgal SL e Sial Ingeniería farán o levantamento topográfico e corrixirán os erros da anterior empresa (á que se lle retirou o contrato por deficiencias e sen cobrar). Pola súa parte, Enseros S.L. elaborará as bases identificando as propiedades. A colaboración veciñal será clave aquí.
🗺️ Zona Norte (máis avanzada): Unha vez resoltos os recursos, Lagares Oca perfilará o perímetro de camiños, ríos e zonas excluídas, e redactará a proposta de adxudicación das novas fincas.
🔄 Novidades e cambios:
Abrese un novo período para solicitar cambios nas preferencias de localización das parcelas. Para facilitar os trámites, habilitaranse dúas canles de WhatsApp de comunicación directa para as persoas afectadas.
🏛️ O noso compromiso: Esiximos á Xunta un seguimento exhaustivo para que as empresas aceleren o paso e non haxa máis atrasos. Como goberno local, imos seguir informando, asesorando e acompañando á veciñanza neste proceso estratéxico para Catoira.
O noso rural merece respecto e axilidade! ✊🌾
👇 Aquí vai a nota de prensa completa por se alguén a quere ler toda: 👇
O CONCELLO DE CATOIRA CRITICA QUE A PARCELARIA NON TEÑA PREVISTO REMATAR ATÉ 2029 E PIDE ÁS EMPRESAS QUE AXILICEN OS TRABALLOS
O alcalde Xoán Castaño reclama que o proceso se resolva nun ano na zona Norte e lembra que a veciñanza leva “case un cuarto de século” agardando.
O Concello de Catoira considera inaceptable que a concentración parcelaria do municipio teña fixado actualmente o seu horizonte de remate no ano 2029 e reclama á Xunta de Galicia e ás empresas adxudicatarias dos traballos que axilicen ao máximo os trámites para reducir drasticamente os prazos previstos. O alcalde, Xoán Castaño, advirte de que a veciñanza afectada leva xa 26 anos pendente dun proceso “que semella non ter fin e considera que non se pode seguir pedindo paciencia ás persoas propietarias.
“Levamos un cuarto de século coa tramitación da parcelaria. A xente está cansa e a sensação é de que isto nunca acaba. Os novos contratos dos traballos que faltan por facer rematan en 2029, mais sinceramente penso que non podemos permitirnos agardar tanto”, asegura o rexedor. Castaño fai esta queixa despois da reunión celebrada esta semana para analizar a situación da parcelaria, onde a Xunta presentou o novo cronograma e as empresas encargadas de completar a concentración nas dúas zonas nas que está dividido o proceso, Norte e Sur.
No caso da zona Sur, a que vai máis atrasada, as empresas ‘Topgal SL’ e ‘Sial Ingeniería’ asumirán o levantamento topográfico que aínda queda pendente e tamén a corrección dos traballos realizados pola anterior adxudicataria, á que se lle retirou o contrato ao non avanzar nos prazos previstos nin presentar documentación coa calidade requirida. Segundo se explicou na reunión, a empresa non chegou a cobrar polos traballos realizados debido ás deficiencias detectadas.
Pola súa parte, a firma ‘Enseros S.L’. será a encargada de elaborar as bases da concentración parcelaria, identificando e catalogando todas as propiedades incluídas no proceso. Dende a Xunta e as empresas insistiuse moito na importancia da colaboración veciñal para facilitar o desenvolvemento destes traballos.
Na zona Norte, unha vez resoltos os recursos de alzada presentados polas persoas propietarias, a empresa ‘Lagares Oca’ será a encargada de realizar o levantamento do perímetro correspondente ás augas, ríos, camiños principais e zonas excluídas, ademais de redactar o acordo de adxudicación das novas parcelas, é dicir, a proposta de fincas que corresponderán a cada titular. Posteriormente deberá realizarse a adxudicación definitiva.
Ademais, tamén se anunciou a apertura dun novo período para solicitar cambios nas preferencias de parcelas. Deste xeito, as persoas que queiran modificar a localización inicialmente solicitada ou aquelas que non definiran unha referencia concreta poderán facelo agora. Como novidade, habilitaranse tamén dúas canles de WhatsApp para facilitar a comunicação de maneira directa coas persoas afectadas.
A pesar da existencia de avances, Castaño considera que os novos prazos continúan a ser excesivamente longos para ver resultados finais. O alcalde lembrou que o contrato establece 30 meses como prazo límite para completar todos os traballos pendentes e amosouse moi crítico coa previsión. “Como di o refrán, para ‘cuando os cregos deixen de pedir” . A veciñanza non pode seguir agardando indefinidamente. Entendemos que queda moito traballo técnico por facer, mais tamén cremos que as empresas teñen capacidade para acelerar os procedementos e executar os traballos nun prazo moito máis razoable que dous anos e medio”, sinala. O rexedor considera que o obxectivo debería ser completar a concentración parcelaria da zona Norte no prazo aproximado dun ano.
Por iso, o Concello de Catoira solicita á Xunta de Galicia que realice un seguimento exhaustivo do traballo das empresas adxudicatarias e que adopte todas as medidas necesarias para evitar novos atrasos. O goberno local, pola súa conta, comprométese a seguir informando e acompañando ás persoas propietarias durante os próximos pasos dunha concentración parcelaria que considera “estratéxica”.