27/03/2014
En xuño de 2012, o portavoz de ANC, Daniel Oca, daquela Tenente de Alcaldesa do Concello de Cee, acudiu a unha reunión coa Xefa da Zona Centro en Portos de Galicia, Lorena Solana Barjacoba, na sede deste organismo na Coruña, na Rúa Alférez Provisional, 5-1º.
O portavoz nacionalista acudiu para consultar a posibilidade de que cruceiros de pequeno tamaño puideran atracar en Brens-Cee.
Acordouse que lle requerira, mediante correo electrónico, un listado de empresas consignatairas de buques. O mail foi enviado o 22 de xuño de 2012.
Posteriormente, nalgunhas das visitas que os responsables de Portos realizaron ao Porto de Brens, Oca insistiu no requerimento, que nunca foi contestado.
O que si ocorreu foi que o Presidente de Portos de Galicia comezou a falar da posibilidade de que cruceiros de pequeno tamaño fixesen escala en Brens.
En definitiva, o PP, sin nigún tipo de pudor, apropiouse da iniciativa do noso grupo para o seu propio proveito. Esta forma de actuar, partidista, desleal e noxenta, foi unha das razóns que nos levou a abandonar o pacto de goberno en Cee.
Agora a alcaldesa di nos medios que «Estamos trabajando, organizando (...). Llevamos un montón de tiempo trabajando con Portos para conseguir este objetivo». Como di o refrán, “unos cardan la lana y otros llevan la fama”.
Resulta curioso que cando o PP adopta decisións impopulares, como a reforma da lei do ab**to, ou perniciosas para o concello de Cee, como a reforma local, ou de recorte de dereitos básicos, como o incremento do coste dos servizos sociais para os dependentes, nesas ocasións a alcaldesa di que non lle gustan esas medidas. Pero cando se trata de facer propaganda das xestións dos demais, envólvese na bandeira azul da gaivota. Un pouquiño de vergoña, por favor.
Portos valora la primera escala, el 7 de mayo, como «obxectivo acadado»