Biblioteca Pública Municipal de A Bola

Biblioteca Pública Municipal de A Bola Páxina sobre as novidades e información relativa á Biblioteca Pública Municipal do concello de A Bola.

A Alcaldesa e a Corporación do Concello De A Bola deséxavos un Feliz Nadal e próspero 2024 a todas e todos.
22/12/2023

A Alcaldesa e a Corporación do Concello De A Bola deséxavos un Feliz Nadal e próspero 2024 a todas e todos.

20/11/2023

Pola conmemoración do 25 de novembro, día Internacional contra a Violencia de Xénero, dende o concello temos preparada unha programación de actividades que

O pasado xoves día 24 de agosto acollemos o espectáculo de maxia de O Mago Paco, que xa estivo o pasado ano no noso conc...
28/08/2023

O pasado xoves día 24 de agosto acollemos o espectáculo de maxia de O Mago Paco, que xa estivo o pasado ano no noso concello e que gustou moito tanto a maiores coma pequenos. Foron moitas as persoas que se achegaron a ver esta actuación, que arrincou moitos aplausos nunha contorna xenial como é a nosa área recreativa que axudou a levar moito mello a forte calor do día. Todxs pasámolo moi ben!

O vindeiro xoves dia 24 ás 18:30h na área recreativa da Bola acolleremos un espectáculo de maxia co Mago Paco, sendo o s...
18/08/2023

O vindeiro xoves dia 24 ás 18:30h na área recreativa da Bola acolleremos un espectáculo de maxia co Mago Paco, sendo o segundo ano que nos visita despois de ter arrincado aplausos e risas por igual tanto de grandes como de cativos na última vez que se achegou a facer a súa maxia no noso concello. A entrada é libre! Esperámosvos.

Esta actividade está recollida dentro da programación da Biblioteca de Verán de A Bola e a través do Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

Este mércores 19 de xullo estivemos compartindo a tarde con Fran, que nos contou de onde ven, e presentounos a Filipa, u...
21/07/2023

Este mércores 19 de xullo estivemos compartindo a tarde con Fran, que nos contou de onde ven, e presentounos a Filipa, unha señora moi divertida e imaxinativa que viaxa sempre contando contos por toda Galicia. Así, entre ambolos dous, relatáronnos contos graciosos, trabalinguas convertidos en cancións, e outras curiosidades coas que pasamos un rato ben divertido na área recreativa Ponte Barbón, dentro do programa “A Biblioteca de Verán da Bola”.

Graciñas Bandullo Azul Fran Campos por visitarnos

FILIPA COS CONTOS!A compañía de teatro e clown Bandullo Azul, achegaranos á Area Recreativa da Bola o vindeiro mércores ...
14/07/2023

FILIPA COS CONTOS!

A compañía de teatro e clown Bandullo Azul, achegaranos á Area Recreativa da Bola o vindeiro mércores 19 de xullo ás 18:30h o espectáculo "Filipa cos contos", unha sesión filipante de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e o humor repártense entre os dous contadores que se subena escea: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, a que lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa exepriencia. A entrada é de balde e un espectáculo para todos os públicos, esperámoste!

O pasado xoves estivemos disfrutado dunha tarde fresquiña e divertida con Xoan Curiel, e soubemos a ritmo de música como...
03/07/2023

O pasado xoves estivemos disfrutado dunha tarde fresquiña e divertida con Xoan Curiel, e soubemos a ritmo de música como montou a súa banda do verán. Grazas a todas as familias que vos achegastes a compartir esa tarde con nós!

ESTE MÉRCORES DÍA 30 DE NOVEMBRO ÁS 17H NA NOSA BIBLIOTECA MUNICIPAL TEREMOS O PRIVILEXIO DE ACOLLER A PRESENTACIÓN DO L...
28/11/2022

ESTE MÉRCORES DÍA 30 DE NOVEMBRO ÁS 17H NA NOSA BIBLIOTECA MUNICIPAL TEREMOS O PRIVILEXIO DE ACOLLER A PRESENTACIÓN DO LIBRO "A LISTA DA COMPRA" DA MAN DA SÚA AUTORA, María Besteiros, CARACTERIZADA POR INTERESARSE NA ESCRITA DE MULLERES ANALIZADA DENDE A PERSPECTIVA FEMINISTA.

"A LISTA DA COMPRA" RECOLLE NAS SÚAS PÁXINAS O POBO DE MORGADE, UBICADO NO NOSO CONCELLO, E ACABA DE SER PUBLICADO NESTE ANO 2022.

NON PERDADES A OPORTUNIDADE DE ASISTIR A ESTA PRESENTACIÓN E COÑECER A ESTA AUTORA E ESTA SÚA OBRA RECENTE QUE XA FORMA PARTE DAS IMPRESCINDIBLES DA NOSA BIBLIOTECA 😍

Onte O Mago Paco visitou o concello de A Bola para traernos un espectáculo de Maxia Divertida coa que disfrutamos moito ...
11/08/2022

Onte O Mago Paco visitou o concello de A Bola para traernos un espectáculo de Maxia Divertida coa que disfrutamos moito tanto nenos/as coma adultos/as. A treboada e a chuvia non nos deu tregua e obrigou a trasladar finalmente o espectáculo e a Biblioteca de Verán da Bola cara un espazo cuberto, pero non puido parar as nosas gañas de pasalo ben cos trucos de maxia e xogos que Paco nos propuxo do xeito máis interactivo e ameno!

Pois iso, que este mércores haberá moita maxia na Bola :-)
08/08/2022

Pois iso, que este mércores haberá moita maxia na Bola :-)

Pois iso, que o verán segue sendo... Maaaaaxico!!!
Se vos cadra preto xa sabedes, traer aos vosos nenos e pasaremolo xenial ☺️!!!


Dirección

Campo De Veiga, 3
Celanova
32812

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
Martes 10:00 - 14:00
Miércoles 10:00 - 14:00
Jueves 10:00 - 14:00
Viernes 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca Pública Municipal de A Bola publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría