19/11/2025
O programa municipal de apoio e atención psicolóxica a mulleres vulnerables 2025, cofinanciado polos Fondos Sociais Europeos (FSE), desenvolveuse entre xullo e setembro no edificio do Concello de Celanova. Contou coa participación de 20 mulleres, atendidas individualmente e en grupos adaptados ás súas características e necesidades, con perfís que inclúen vítimas de violencia de xénero, mulleres inmigrantes, persoas con baixa cualificación e outras situacións de vulnerabilidade social.
Os obxectivos principais centraronse en fortalecer a autoestima, mellorar as habilidades sociais e persoais, fomentar a autodefensa e a comunicación asertiva, e facilitar itinerarios sociolaborais con apoio social especializado. A programación incluiu atención psicolóxica directa, traballo social para xestión de recursos e formación grupal en empoderamento, xestión do estrés, igualdade e prevención de relacións tóxicas, sempre integrando a perspectiva de xénero.
Os resultados acadados foron unha mellora significativa da saúde emocional das participantes, desenvolvemento de competencias para a empregabilidade, creación dunha rede de apoio e sensibilización para desmontar estereotipos discriminatorios.
Todo isto foi posible grazas á financiación do Fondo Social Europeo, que permitiu reforzar e garantir a calidade das accións do programa, contribuíndo á igualdad real e á inclusión social no noso concello.