Centro de dia o agarimo

Centro de dia o agarimo Centro para mayores

En O Agarimo cremos que o verdadeiro progreso nace cando miramos a cada persoa de forma única. 🌿✨Por iso deseñamos plans...
18/11/2025

En O Agarimo cremos que o verdadeiro progreso nace cando miramos a cada persoa de forma única. 🌿✨
Por iso deseñamos plans individuais que se adaptan á súa historia, ao seu ritmo e ao que realmente necesitan.
✔ Potenciar a súa autonomía
✔ Manter as súas capacidades cognitivas e físicas
✔ Reforzar a súa autoestima
✔ Mellorar o seu benestar emocional
✔ Fomentar unha participación activa no seu día a día
Cada pequeno avance é un gran paso, e estamos ao seu lado en todo o camiño. 🤝💚
Porque cando a atención é individual, os resultados nótanse… e senten.

🧡 Movemento, benestar e calidade de vida 🧡En O Agarimo, a fisioterapia xoga un papel fundamental no benestar dos nosos u...
04/11/2025

🧡 Movemento, benestar e calidade de vida 🧡

En O Agarimo, a fisioterapia xoga un papel fundamental no benestar dos nosos usuarios. A través dunha valoración personalizada, nosa fisioterapeuta Blanca deseña para cada persoa un plan de exercicios e tratamento adaptado ás súas necesidades. 💪✨

Grazas a este traballo individualizado, axudamos a mellorar a mobilidade, a forza e o equilibrio, favorecendo a autonomía e a confianza nas actividades do día a día. 🌿

Porque cada pequeno avance conta… e no noso centro, celebrámolos todos. 💫

A través de talleres, exercicios e dinámicas diarias, traballamos capacidades que co tempo poden ir perdéndose —como a m...
15/10/2025

A través de talleres, exercicios e dinámicas diarias, traballamos capacidades que co tempo poden ir perdéndose —como a memoria, o equilibrio, a coordinación ou a autonomía persoal. 🧠💪

Máis que exercicios, son momentos para manter a mente activa, compartir risas e reforzar a confianza nun mesmo.
Porque en cada pequeno avance, hai un gran paso cara ao benestar. 🌿✨

👵👴 Hoxe é o Día Internacional das Persoas Maiores e en O Agarimo queremos celebralo con moito agarimo! 💚A súa experienci...
01/10/2025

👵👴 Hoxe é o Día Internacional das Persoas Maiores e en O Agarimo queremos celebralo con moito agarimo! 💚

A súa experiencia, as súas vivencias e a súa sabedoría son un auténtico regalo que debemos coidar e valorar cada día. 🌟

Eles son memoria, exemplo e inspiración para o presente e para o futuro. 🙌💖
Acompañémolos sempre, porque con eles aprendemos a mellor lección: a da vida. 🥰👏

🎉💚 Este mes de setembro en Centro de Día O Agarimo estamos de celebración… cumprimos 13 anos!Foron anos cheos de experie...
24/09/2025

🎉💚 Este mes de setembro en Centro de Día O Agarimo estamos de celebración… cumprimos 13 anos!

Foron anos cheos de experiencias, agarimo e dedicación, sempre cun mesmo obxectivo: coidar de quen máis queres con respecto, profesionalidade e moito agarimo. 🌸

Grazas a todas as familias que confiastes en nós e ao noso equipo, que fai posible cada día este labor tan especial. 🙌

Por moitos anos máis compartindo coidados e sorrisos! 🥳

🎯 Esta semana no centro pasámolo en grande coas nosas partidas de jockey de mesa.Ademais de botarnos unhas risas, esta a...
09/09/2025

🎯 Esta semana no centro pasámolo en grande coas nosas partidas de jockey de mesa.
Ademais de botarnos unhas risas, esta actividade axúdanos a:
👉 manter os reflexos espertos
👉 traballar a coordinación e a motricidade
👉 adestrar a concentración
👉 e, o mellor de todo, compartir un bo intre en compañía

Porque coidarse tamén pode ser divertido. 💙

💜 No noso centro de día encántanos combinar diversión e benestar! A semana pasada pasámolo en grande con actividades che...
27/08/2025

💜 No noso centro de día encántanos combinar diversión e benestar!

A semana pasada pasámolo en grande con actividades cheas de beneficios:

🐙 Circuito co polbo na cabeza → traballamos o equilibrio e a coordinación de forma lúdica.
🎲 Bingo → exercitamos a memoria e a concentración mentres compartimos risas en grupo.
💃 Tarde de baile → activamos o corpo, melloramos a mobilidade e, sobre todo, gozamos da música.

Porque cada actividade non só entretén, tamén axuda a coidar corpo e mente. E o mellor de todo: facelo xuntos. ✨

Esta semana, os nosos usuarios deron forma a simpáticas abellas recicladas 🐝, utilizando botellas e moita imaxinación.Ad...
06/08/2025

Esta semana, os nosos usuarios deron forma a simpáticas abellas recicladas 🐝, utilizando botellas e moita imaxinación.

Ademais de pasar un intre divertido, esta actividade axuda a:
🧠 Estimular a motricidade fina
🎨 Fomentar a creatividade
🤝 E reforzar a cohesión do grupo mentres compartimos risas e recordos.

Porque cada pequeno xesto creativo tamén é unha forma de coidar. 💛

🗂️ Organización que se traduce en benestar 🕒No noso centro de día, cada xornada está pensada ao detalle para ofrecer o m...
29/07/2025

🗂️ Organización que se traduce en benestar 🕒

No noso centro de día, cada xornada está pensada ao detalle para ofrecer o mellor aos nosos usuarios.
Non improvisamos: contamos cunha axenda coidadosamente planificada onde rexistramos todas as actividades que realizamos, alternándoas de forma equilibrada segundo as necesidades e o momento do día.

🎨 Terapias creativas, 🧘 exercicios físicos adaptados, 💬 talleres de memoria, 🧩 xogos cognitivos, e moito máis…
Todo está estruturado para que cada usuario aproveite o seu día ao 100%, sentíndose activo, acompañado e motivado.

💙 Porque cando o tempo organízase con agarimo e criterio, convértese en calidade de vida.

🔹 Sabías que podes solicitar unha axuda para cubrir parte do custo do centro de día?Moitas familias non o saben, pero ex...
15/07/2025

🔹 Sabías que podes solicitar unha axuda para cubrir parte do custo do centro de día?
Moitas familias non o saben, pero existe unha subvención que pode axudar a facer fronte ao gasto da praza.

📄 No noso centro non só informámoste sobre esta axuda, senón que ademais encargámonos de toda a xestión e xustificación por ti.
Ti só tes que solicitala… do resto, ocupámonos nós.

🤝 Estamos aquí para axudarte e facer o proceso máis fácil. Se tes dúbidas ou queres saber se podes acceder á axuda, pregúntanos sen compromiso.

📍Ven a informarte ou chámanos. Acompañámoste en cada paso.

Dirección

C/Venezuela B. Nº 15 Celanova
Celanova
32800

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 20:00
Martes 09:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Centro de dia o agarimo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir