03/09/2026
📢📢📢📢 AVISO
🏊♀️O CONCELLO DE CERVO ABRE ESTE VENRES O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NOS CURSOS DA PISCINA MUNICIPAL
👉A programación inclúe cursos de natación para público infantil e adulto, con diferentes grupos adaptados aos distintos niveis, así como clases de Aquagym
📌O prazo está aberto ata o venres, 18 de setembro, en horario de 9:00 a 14:30 horas e 16:00 a 21:30 horas (de luns a venres); e os sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 20:00 horas, na propia Piscina Municipal Olímpica // Concello de Cervo
O Concello de Cervo abrirá este venres, 4 de setembro, o prazo de inscrición para os cursos da piscina municipal correspondentes á nova tempada 2026-2027.
A programación inclúe cursos de natación tanto para público infantil como adulto, con diferentes grupos organizados en función do nivel de natación, co obxectivo de adaptar as clases ás necesidades e características das persoas participantes. Ademais, tamén se impartirán clases de Aquagym.
As fichas de inscrición deberán realizarse de forma presencial na piscina municipal, onde tamén se facilitará toda a información relativa aos grupos, horarios e funcionamento dos cursos.
O criterio de admisión establecerase en función da orde de entrega da documentación, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Cervo.
Desde o Concello de Cervo animan á veciñanza a participar nesta programación deportiva, que permite promover a práctica da actividade física e os hábitos de vida saudables entre persoas de diferentes idades.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, destaca que “desde o Concello de Cervo seguimos apostando por ofrecer á nosa veciñanza actividades deportivas variadas e de calidade, facilitando o acceso á práctica deportiva e promovendo hábitos de vida saudables”.
CURSOS NATACIÓN ADULTOS: https://drive.google.com/file/d/1oSp9aFuLJPbH_9qVVNqNzHKErp5gnRrL/view?usp=sharing
CURSOS NATACIÓN INFANTIL: https://drive.google.com/file/d/1hwKvmUDEeo9Vjqrxje0W0gAm2Cedp7KP/view?usp=sharing