CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO CONCELLO DE CERVO AYUNTAMIENTO DE CERVO
Praza s/n. 27891 Cervo
Tlf:982 55 77 77 // Fax: 982 55 77 29
www.concellodecervo.com

✨ A maxia do San Xoán tamén chegou á Escola Infantil Municipal! ✨Este 23 de xuño, as crianzas viviron unha xornada chea ...
23/06/2026

✨ A maxia do San Xoán tamén chegou á Escola Infantil Municipal! ✨

Este 23 de xuño, as crianzas viviron unha xornada chea de ilusión, xogos e tradicións nunha das festas máis populares e queridas da nosa terra. 🌿🔥

A celebración contou coa compañía da alcaldesa, Dolores García Caramés, que quixo compartir con elas e eles este día tan especial.

Como gran novidade deste ano, as pequenas e pequenos sorprenderon creando a súa propia comisión de festexos, **"As Mixiricas"**, encargada de repartir sardiñas entre os compañeiros e compañeiras, demostrando organización, entusiasmo e moitas ganas de festa. 🐟👏

Non faltaron os tradicionais saltos das cacharelas, a degustación de sardiñas, a música, as risas e os obradoiros creativos, dándolle forma a decorativas sardiñas que axudar a facer un clima do máis especial na xornada.

💫 Un San Xoán inesquecible no que aprenderon, compartiron e g***ron dunha das tradicións máis populares de Galicia.

🙌O CONCELLO DE CERVO CONVIDA A PARTICIPAR NAS FESTAS DA SENRA, NA HONRA A SAN PEDRO E Á VIRXE DO CARME ESTE PRÓXIMO SÁBA...
23/06/2026

🙌O CONCELLO DE CERVO CONVIDA A PARTICIPAR NAS FESTAS DA SENRA, NA HONRA A SAN PEDRO E Á VIRXE DO CARME ESTE PRÓXIMO SÁBADO

O Concello de Cervo anima á veciñanza e aos visitantes a participar nas tradicionais Festas da Senra, que se celebrarán o vindeiro sábado 27 de xuño cun completo programa relixioso, cultural e festivo organizado pola Asociación Cultural e Recreativa O Raxal, coa colaboración do Concello de Cervo.

A presentación da programación contou coa participación da alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e de membros da Asociación Cultural e Recreativa O Raxal, entidade encargada da organización dos festexos, que destacaron a importancia de manter vivas as tradicións e de impulsar actividades que favorezan a convivencia e a participación veciñal.

✅️A xornada dará comezo ás 13:00 horas coa misa na honra de San Pedro e da Virxe do Carme, cantada polo Coro Parroquial de Cervo, seguida da tradicional procesión acompañada polo grupo Fol do Raxal.

🎶A continuación celebrarase unha sesión vermú amenizada pola orquestra Galaxia, que tamén será a encargada de poñer a música á gran verbena nocturna, prevista para as 22:30 horas, xunto á discomóbil ConXuro.

⛪️Os actos festivos prolongaranse ata o luns 29 de xuño, día de San Pedro, cando terá lugar unha misa na súa honra ás 19:00 horas.

🙌Desde o Concello de Cervo e desde a Asociación Cultural e Recreativa O Raxal convidan a toda a cidadanía a achegarse á Senra para g***r dunhas festas que combinan tradición, música, relixiosidade e convivencia, converténdose nunha cita destacada do calendario festivo do municipio.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou que “as Festas da Senra son unha cita moi especial dentro do calendario festivo de Cervo, porque representan o compromiso da veciñanza coa conservación das nosas tradicións e coa dinamización social e cultural das parroquias”.

👏Ademais, quixo agradecer o traballo da Asociación Cultural e Recreativa O Raxal, sinalando que “o labor que realiza durante todo o ano é fundamental para manter vivas celebracións tan arraigadas como esta, que cada edición reúnen a numerosas persoas arredor da música, da tradición e da convivencia”.

García Caramés tamén convidou á participación cidadá, “animamos tanto aos veciños e veciñas como ás persoas que nos visitan a achegarse á Senra e desfrutar dunha programación pensada para todos os públicos, que combina os actos relixiosos coa música e o ambiente festivo característico destas datas”.

🔥planazo nesta Noite de San Xoán da man de A A Rebolaxe
23/06/2026

🔥planazo nesta Noite de San Xoán da man de A A Rebolaxe

🫶 Pechamos tempada do programa Arruguiñas  cunha cita moi especialEste luns celebramos unha nova edición de Arruguiñas C...
23/06/2026

🫶 Pechamos tempada do programa Arruguiñas cunha cita moi especial

Este luns celebramos unha nova edición de Arruguiñas Charlando, actividade que puxo o broche final ao **Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal** cunha interesante charla sobre:

🧠 **“A xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas”**

A psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, ofreceunos un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación, achegando ferramentas para afrontar os retos emocionais asociados a estas enfermidades.

A xornada contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que acompañou esta iniciativa e puxo en valor a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as nosas persoas maiores.

Grazas á Asociación de Xubilados Terramar e á Fundación Degén pola súa colaboración, e a todas as persoas asistentes por formar parte desta actividade.

🤝 Seguimos traballando por un envellecemento activo, saudable e participativo.

🔴Moita precaución ante a alerta decretada por altas temperaturas para este martes que afectará á Mariña
22/06/2026

🔴Moita precaución ante a alerta decretada por altas temperaturas para este martes que afectará á Mariña

🏝️ *Aberto o prazo para solicitar as viaxes do Imserso 2026-2027*O Programa de Turismo do Imserso xa puxo en marcha a no...
22/06/2026

🏝️ *Aberto o prazo para solicitar as viaxes do Imserso 2026-2027*

O Programa de Turismo do Imserso xa puxo en marcha a nova tempada 2026-2027, unha oportunidade para que as persoas maiores poidan g***r de viaxes e actividades de lecer a prezos accesibles.

📅 Prazo para presentar novas solicitudes:
➡️ Do 22 de xuño ao 10 de xullo, ambos incluídos.

✅ Nesta edición ofertaranse 879.213 prazas en diferentes destinos de costa, interior e circuítos culturais.

📌 Se es persoa beneficiaria e aínda non estás dada de alta no programa, lembra que este é o período para presentar a túa solicitude.

🤝 Se precisas axuda para realizar a solicitude ou tramitar a túa inscrición, podes acudir ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cervo, onde te asesorarán e axudarán co procedemento.

ℹ️ Máis información:
https://imserso.es/espacio-mayores/envejecimiento-activo/programa-turismo-imserso

👨‍👩‍👧‍👦 O Concello de Cervo vén de obter unha subvención de 55.000 euros da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, p...
22/06/2026

👨‍👩‍👧‍👦 O Concello de Cervo vén de obter unha subvención de 55.000 euros da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, para apoiar os programas municipais de conciliación e as accións de promoción da igualdade.

🤝 Esta achega permitirá contribuír ao financiamento de iniciativas xa plenamente consolidadas e moi necesarias para as familias do municipio, como *Cervo Concilia*, *Cervo Madruga* e *Brincos de Lecer coa Ra Ramira*, que ano tras ano contan cunha ampla participación e unha excelente acollida.

☀️ Precisamente, a edición de verán de *Cervo Concilia* arrincou este mesmo luns con preto de 150 crianzas inscritas, unha cifra que evidencia a importancia e a utilidade deste servizo para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

📚 Ademais, os fondos permitirán desenvolver accións formativas e de sensibilización en materia de igualdade, reforzando o compromiso municipal coa creación dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

🌟 Desde o Concello de Cervo seguimos apostando por programas que dan resposta ás necesidades reais das familias cervenses e que contribúen ao seu benestar e á conciliación.

👏 O Concello quere trasladar o seu agradecemento á Xunta de Galicia e á Consellería de Política Social e Igualdade por este apoio, que permite continuar fortalecendo uns servizos fundamentais para a veciñanza.

🌳O CONCELLO DE CERVO IMPULSA A CREACIÓN DUN BOSQUE AUTÓCTONO EN RÍO COBO COA PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DO IES MARQUÉS DE...
22/06/2026

🌳O CONCELLO DE CERVO IMPULSA A CREACIÓN DUN BOSQUE AUTÓCTONO EN RÍO COBO COA PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DO IES MARQUÉS DE SARGADELOS

O Concello de Cervo desenvolveu unha actividade de plantación de especies autóctonas nunha parcela municipal situada en Río Cobo, coa que se continúa avanzando na recuperación ambiental e na creación de novos espazos verdes de alto valor ecolóxico no municipio.

A actuación levouse a cabo nunha finca na que previamente se retiraran exemplares de eucalipto para favorecer a recuperación da vexetación propia da zona. Neste contexto, procedeuse á plantación dunha trintena de árbores autóctonas, entre as que se atopan bidueiros, carballos, freixos, acivros e pradairos, contribuíndo así á creación dun novo bosque autóctono nunha contorna moi próxima ao núcleo urbano.

🤝Na actividade participou o alumnado de 2º da ESO do IES Marqués de Sargadelos, que colaborou activamente nas tarefas de plantación, coñecendo de primeira man a importancia da conservación do medio natural e da biodiversidade.

A xornada contou tamén coa presenza da alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; da concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez; e do responsable municipal de Xardinería, Óscar Bello, que acompañaron aos estudantes durante toda a actividade.

Esta iniciativa estaba inicialmente programada para celebrarse durante a Semana do Medio Ambiente, pero tivo que ser aprazada debido ás condicións meteorolóxicas adversas rexistradas naquela data, trasladándose finalmente a este final de curso.

🗣A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou que “accións coma esta permiten avanzar cara a un concello máis sostible, recuperando espazos con especies propias do noso territorio que favorecen a biodiversidade, melloran a paisaxe e contribúen á conservación do medio natural”.

🗣A rexedora subliñou ademais que “desde o Concello apostamos por reforestar todas aquelas parcelas municipais nas que sexa posible, substituíndo especies invasoras ou menos axeitadas por árbores autóctonas que forman parte da nosa identidade ambiental”.

🙌Caramés quixo poñer en valor tamén a implicación da comunidade educativa neste tipo de iniciativas: “É fundamental contar coa participación dos máis novos. Actividades como esta permiten sensibilizar ao alumnado sobre o coidado da natureza e convertelos en protagonistas da protección do noso patrimonio natural. A colaboración dos centros educativos é clave para construír unha conciencia ambiental sólida de cara ao futuro”.

🍂 ARRUGUIÑAS CHARLANDO PECHA TEMPORADA CUNHA NOVA CITA IMPERDIBLE 🍂Este luns 22 de xuño, ás 17:00 horas, celebramos unha...
22/06/2026

🍂 ARRUGUIÑAS CHARLANDO PECHA TEMPORADA CUNHA NOVA CITA IMPERDIBLE 🍂

Este luns 22 de xuño, ás 17:00 horas, celebramos unha nova edición de Arruguiñas Charlando, que servirá como peche de temporada do Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal.

Nesta ocasión abordaremos un tema de grande interese:

🧠 "A xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas"

A charla será impartida por Camen Breijo, psicóloga da Fundación Degén, quen ofrecerá ferramentas, reflexións e orientación para afrontar os retos emocionais asociados a estas enfermidades.

📍 Lugar: Local Social da Asociación Terramar (Casa do Mar)
🕔 Hora: 17:00 h
📅 Data: Luns, 22 de xuño
👥 Actividade aberta á poboación en xeral

🤝Esta actividade conta coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén.

Fundación Degén

🤝🏫O CONCELLO DE CERVO CLAUSURA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA “CERVO MADRUGA”, NO QUE PARTICIPARON 30 NENOS E NENAS DOS D...
19/06/2026

🤝🏫O CONCELLO DE CERVO CLAUSURA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA “CERVO MADRUGA”, NO QUE PARTICIPARON 30 NENOS E NENAS DOS DOUS CENTROS EDUCATIVOS DA LOCALIDADE

O Concello de Cervo clausurou este venres unha nova edición do programa municipal “Cervo Madruga”, unha iniciativa posta en marcha en colaboración coas ANPAS do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz, enmarcada no plan Corresponsables en Cervo, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar das familias do municipio nas primeiras horas da mañá.

Con motivo desta última xornada do servizo, o concelleiro, Adrián Arias, achegouse aos dous centros educativos para acompañar ás crianzas participantes e agradecer a implicación tamén das monitoras que fan posible o desenvolvemento desta iniciativa.

Nesta edición participaron un total de 30 nenos e nenas entre os dous colexios, facendo uso dun servizo que ofrece atención ás crianzas antes do inicio da actividade lectiva e que se consolidou como unha ferramenta de gran utilidade para moitas familias cervenses.

🗣Adrián Arias destacou que “Cervo Madruga naceu da man das ANPAS e da súa colaboración co Concello para dar resposta a unha necesidade real das familias do municipio”. Neste sentido, subliñou que “que se trata dun servizo necesario e moi valorado, que contribúe a facilitar a conciliación e a mellorar o día a día de moitos fogares”.

🙌O edil quixo tamén agradecer “o compromiso e o traballo das ANPAS do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz, así como das monitores porque a súa implicación resulta fundamental para que esta iniciativa se desenvolva con éxito e adaptada ás necesidades de cada centro”.

Desde o Concello de Cervo lembran que o programa volverá poñerse en marcha co inicio do próximo curso escolar, reafirmando así a aposta municipal por impulsar medidas que favorezan a conciliación familiar e laboral e contribúan ao benestar da veciñanza.

Dirección

Praza Do Concello
Cervo
27891

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO:

Compartir