20/05/2026
‼️ Máis planificación e menos chapuzas: Presentamos unha moción para un Plan de Mantemento das instalacións deportivas de Chantada.
Parquéts que se arranxan baixo tellados con goteiras de hai 20 anos, desinfeccións con cloro con usuarios dentro, arranxos incompletos e outros que tardan anos en chegar.
A xestión deportiva non pode depender do márketing político nin da improvisación. Hai que ter un plan (baseado en normativa vixente) que estipula a orde de prioridades e a forma de proceder. Todo o demais é improvisación e preferencias persoais da Concelleira… e iso acabase traducindo en menor calidade e maior gasto público.
Por outro lado, antes de construír cousas novas, hai que coidar e garantir a seguridade do que xa temos! No próximo pleno pediremos ao resto de partidos que se sumen a esta proposta rigorosa e organizada que garantirá melloras nas instalacións deportivas e na súa práctica.
🗣️ Sabedes de máis instalacións que deban ser acondicionadas?? Facédenolo saber e o comentaremos no próximo pleno!