Por Chantada - Interior Galego Vivo

Por Chantada - Interior Galego Vivo CHANTADA ten FUTURO
o INTERIOR GALEGO ten PARTIDO

🟢 O PP EN CONTRA ❌ DE PROTEXER O CORPO SANTO   Moita foto 📸, moita UNESCO 🏛️, moita  🍇... mais cando chega a hora da ver...
21/06/2026

🟢 O PP EN CONTRA ❌ DE PROTEXER O CORPO SANTO

Moita foto 📸, moita UNESCO 🏛️, moita 🍇... mais cando chega a hora da verdade, o Partido Popular de Chantada vota en contra da protección dun dos elementos patrimoniais máis singulares da nosa vila: "«polos seus froitos recoñecerédelos»".

No último Pleno, o PP rexeitou a moción de Por Chantada - Interior Galego Vivo🍃para solicitar a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) do Corpo Santo.

❓ Como se pode falar constantemente de patrimonio, identidade e candidatura da Ribeira Sacra e, ao mesmo tempo, negar apoio á protección dunha tradición única que forma parte da nosa historia colectiva?

Mentres outras administracións presumen de patrimonio, nós defendemos que hai que protexelo de verdade. Porque o patrimonio non se conserva con discursos nin con fotografías para a propaganda. Consérvase con feitos e recoñecemento.

O máis triste é que o propio informe de ICOMOS sobre a candidatura da Ribeira Sacra sinalaba a necesidade de prestar máis atención ao patrimonio cultural e etnográfico. Mais en Chantada, cando se propón protexer un elemento excepcional do noso patrimonio inmaterial, a resposta do PP é un rotundo NON.

💬 E ti entendes que se fale tanto da Ribeira Sacra e logo se vote contra iniciativas como esta? 🟢

🟢 No día de hoxe lanzouse o cartaz do Folión de carros de Chantada. Foi seleccionado entre os cartaces realizados polo a...
17/06/2026

🟢 No día de hoxe lanzouse o cartaz do Folión de carros de Chantada. Foi seleccionado entre os cartaces realizados polo alumando de 4°ESO do IES Lama das Quendas baixo a dirección da docente Cris Ouro.

Houbo propostas moi elaboradas e de calidade, que llo puxeron difícil ao xurado. Iste decidiu que foran catro as propostas premiadas: unha será o cartaz do Folión para 2026 (Noemí), outro a capa da revista do Folión (Leonor) e outros dous accesis (Sara Valentina e María). Parabéns a todas e tamén á dirección do Folión pola súa aposta decidida por envolver a comunidade e a mocidade nunha das nosas máximas expresións de tradición e cultura inmaterial. 🟢


🟢  MÁIS DE 9 HORAS ACUMULADAS SEN LUZ⚡ EN MENOS DUNHA SEMANA PARA MILLEIROS DE PERSOAS EN CHANTADA⚠️ Os apagamentos dos ...
15/06/2026

🟢 MÁIS DE 9 HORAS ACUMULADAS SEN LUZ⚡ EN MENOS DUNHA SEMANA PARA MILLEIROS DE PERSOAS EN CHANTADA

⚠️ Os apagamentos dos días 11 e 14 de xuño volveron pór de manifesto a vulnerabilidade dun servizo esencial para a nosa viciñanza, os nosos negocios e as nosas explotacións agrogandeiras.

Por iso, partillamos esta infografía co obxectivo de ilustrar de maneira clara sobre os pasos que poden seguir as persoas afectadas para defender os seus direitos e reclamar polos posíbeis danos e prexuízos sofridos.

📋 Garda facturas, recibos e toda a documentación relacionada.
📸 Fai fotografías dos danos ou dos alimentos estragados.
🔌 Solicita informe técnico se algún aparello resultou avariado.
📝 Presenta reclamación perante a túa comercializadora ou distribuidora.
📁 Conserva copia de toda a documentación e dos números de rexistro.

⏳ En canto as actuacións administrativas poden demorarse durante meses, é importante que as persoas afectadas comecen desde agora a reunir probas e a exercer os seus dereitos.

Desde Por Chantada - Interior Galego Vivo🍃 xa actuamos tras o primeiro apagón rexistrando o pasado venres unha solicitude no Concello para que realizase as xestións oportunas ante a empresa distribuidora e as administracións competentes.

Tras producirse un segundo apagamento de maior duración continuaremos demandando transparencia e coñecer as medidas correctoras previstas e defender os dereitos das persoas afectadas.

A día de hoxe non temos constancia de resposta á solicitude presentada no Concello nen de que se informase publicamente á cidadanía das xestións realizadas.

📢 Se sufriches danos, perdas económicas ou calquera incidencia relacionada cos cortes de luz, podes contactar connosco e trasladarnos o teu caso. Coñecer o alcance real destes apagóns permitiranos defender con máis forza os intereses da veciñanza. 🟢


14/06/2026

🟢 O PP de Chantada votou EN CONTRA ❌ da nosa moción sobre os parques industriais de baterías de Belesar I e II 🔋

📹 No vídeo pode verse como o alcalde tenta esquivar unha realidade incómoda: o Concello non apresentou alegaciós, non elaborou informes técnicos, non avaliou os impactos sobre as vivendas, a auga, o patrimonio ou as infraestruturas municipais e tampouco respondeu á solicitude formal rexistrada por Por Chantada _ Interior GalegoVivo 🍃 para que actuase en defensa da veciñanza da parroquia de

Mentres centos de persoas están preocupadas polo futuro, o goberno municipal decidiu ollar para outro lado como xa fixera cos parques industriais eólicos Agratina e Agromaces.

A nosa moción non pedía nada extraordinario. Pedía que o Concello fixese o seu traballo: estudar os proxectos, defender os intereses da viciñanza e informar con rigor sobre as consecuencias dunha instalación industrial destas dimensións a escasos metros de casas, cortes e explotacións gandeiras. Mais o alcalde preferiu colocarse, unha vez máis, ao lado das grandes empresas enerxéticas.

Resulta difícil entender que quen se enche a boca falando da , do rural e das parroquias sexa incapaz de mover un dedo cando se pretende instalar un macrocomplexo de baterías en Pesqueiras. Resulta difícil entender que quen fala continuamente de fixar poboación garde silencio ante proxectos que poden acelerar o despoboamento. Resulta difícil entender que quen di defender Chantada non apresente nen unha soa alegación en defensa de Chantada.

O máis grave non foi o voto en contra. O máis grave foi o seu cinismo, porque en canto diante das cámaras se fala dun xeito, nos feitos colabórase activamente cun modelo que converte as nosas parroquias en territorios de sacrificio para beneficio de grandes compañías que nen viven eiquí nen sofrirán as consecuencias.

📹 Velaquí o vídeo. Xulgade vós.

👉 Cres que o Concello debería defender á veciñanza de Pesqueiras fronte a estes proxectos?

💬 Déixanos a túa opinión nos comentarios. 🟢


🟢 APAGAMENTO ELÉCTRICO EN CHANTADA: A VICIÑANZA TEN DIREITOS ⚡️Desde Por Chantada - Interior Galego Vivo vimos de rexist...
12/06/2026

🟢 APAGAMENTO ELÉCTRICO EN CHANTADA: A VICIÑANZA TEN DIREITOS ⚡️

Desde Por Chantada - Interior Galego Vivo vimos de rexistrar un escrito no Concello solicitando que actúe en defensa da cidadanía tras o apagón que deixou sen fornecemento eléctrico boa parte da vila e a parroquia de Merlán durante máis de tres horas.

Pedimos ao Concello que reclame explicaciós á empresa distribuidora sobre as causas da avaría, que informe publicamente sobre os direitos das persoas afectadas e que facilite asesoramento para apresentar reclamaciós por danos e prexuízos (Oficina Municipal de Información ao Consumido).

Aquela viciñanza que tivese sufrido perdas económicas, danos en electrodomésticos, alimentados estagados outros prexuízos debe saber que pode reclamar.

📄 Na infografía resumimos a información básica para que coñezades os vosos direitos e os pasos que podedes dar tanto niste caso concreto, canto noutros de natureza análoga.

Naturgy, con elevado volume de facturación debe ser transparente e cumprir con Chantada e co noso país, xa que dispón de 17 parques industriais eólicos, 25 centrais hidroeléctricas e máis de
1.800 MW de potencia renovábel instalada.

Entre todas e todos faremos valer os nosos direitos. 🟢


🟢 📺 VÍDEO do PLENO ordinario do 28 de maio de 2026. Daremos, como vén sendo habitual, máis información sobre a sesión en...
10/06/2026

🟢 📺 VÍDEO do PLENO ordinario do 28 de maio de 2026. Daremos, como vén sendo habitual, máis información sobre a sesión en vindeiros días:
https://www.youtube.com/watch?v=aKYseODo010

1.- Aprobación da acta da sesión anterior do 26 de marzo de 2026.

2.- Toma de posesión como Concelleiro de don Xavier Viana Álvarez.

3.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora da Taxa OVP.-G1212/2026

4. Bonificación ICIO.-“CITELFO S.L.”-G1318/2026.

5.- Bonificación ICIO.-“Distribuciones Chouzán S.L.”.-1316/2026
- Modificación Puntual do PXOU nº 10 no lugar de Pousada.-G919/20181.

7.- Fixación de dous días como Festivos Locais para 2027.-G018/2026.

8.-Moción do Grupo Municipal Por Chantada-IGV para establecer bonificacións no IBI e no ICIO para as placas solares.-RE 2026-E-RE-645.

9.- Moción do Grupo Municipal Por Chantada-IGV para facer Ben de Interese Cultural (BIC) a romaría do Corpo Santo das parroquia de Santa Cruz de Viana e Santa Uxía de Asma.- RE2026-E-RE-685

10.- Moción do Grupo Municipal Por Chantada-IGV para a adopción de medidas en relación cos proxectos de parques industriais de baterías “GRX Belesar I” e “GRX Belesar II” na parroquia dePesqueiras.-RE 2026-E-RE-878

11.- Moción do Grupo Muncipal do PSOE sobre Plan de Mantemento das instalacións deportivas.-RE 2026-E-RE-908🟢

Pleno ordinario da Corporación do Concello de Chantada corresponden...

🟢 ALGUÉN TEN QUE EXPLICAR QUE ESTÁ PASANDO COA NAVE DE MEDIO RURAL DE CHANTADA 🚨En 2023, en plena campaña eleitoral, o P...
07/06/2026

🟢 ALGUÉN TEN QUE EXPLICAR QUE ESTÁ PASANDO COA NAVE DE MEDIO RURAL DE CHANTADA 🚨

En 2023, en plena campaña eleitoral, o PP levou por urxencia ao pleno a cesión dunha parcela municipal no Polígono dos Acivros e Por Chantada - Interior Galego Vivo 🍃 apoiou un investimento que ía ser millonario:

👉 Prometeron unha nova nave pública de Medio Rural.

👉 Prometeron centralizar os servizos.

👉 Prometeron reforzar Chantada como cabeceira comarcal.

Tres anos despois...

❌ Non hai nave.

❌ Non hai obras.

❌ Non hai explicaciós.

Pero si hai indicios cada vez máis sólidos de que procuraron unha nave privada para alugar e reformar con cartos públicos.

E aquí comezan as preguntas.

🤔 Se a Xunta anunciou esta infraestrutura como un dos principais investimentos de Medio Rural en Lugo, quen a está bloqueando e por que?

🤔 Por que se pasou dunha nave pública nun terreo xa cedido gratuitamente a estudar un alugueiro privado a dedo e sen licitar?

🤔 Quen vai gañar cartos con esta operación?

🤔 Quen decidiu cambiar o proxecto que o propio PP vendeu en campaña eleitoral e que o alcalde levaba no seu programa?

🤔 Que vai pasar cos arredor de 50 postos de traballo vinculados ao Distrito Forestal VIII a longo prazo?

Durante anos preguntamos nos plenos polo estado do proxecto. Durante anos recibimos evasivas, mais no último pleno o alcalde, despois de negar saber nada do asunto 3 veces, coma Pedro, escapóuselle que xa sabía que a Oficina Agraria Comarcal non iría á futura instalación e quedaría na vila...

Excusatio non petita, accusatio manifesta. Non se pode tomar por parva á viciñanza.

Porque cando unha administración ten un terreo gratuíto para construír unha nave pública e acaba buscando un alugueiro privado, a cidadanía ten dereito a saber por que.

E cando unha obra anunciada con grandes titulares e vendida no seu programa eleitoral desaparece sen explicaciós, tamén.

📢 Chantada merece respostas.

📢 Chantada merece transparencia.

📢 Chantada merece que os investimentos públicos se fagan pensando no interese xeral e non en intereses particulares.

Porque os cartos públicos son de todas e todos.

Non de catro.

👉 Axudádenos a espallar esta publicación demandando explicaciós a Medio Rural e ao Concello. E vós, que pensades que está pasando realmente coa nave de Medio Rural? 🟢

🟢O CONCELLO DE CHANTADA TIVO QUE RETIRAR UNHA CONVOCATORIA ILEGAL PARA SOCORRISTAS E MONITORES DEPORTIVOS 🚨📢 Si. Liches ...
01/06/2026

🟢O CONCELLO DE CHANTADA TIVO QUE RETIRAR UNHA CONVOCATORIA ILEGAL PARA SOCORRISTAS E MONITORES DEPORTIVOS 🚨

📢 Si. Liches ben.

O goberno municipal aprobou unhas bases que incumprían a normativa vixente e só despois do recurso apresentado desde Por Chantada – Interior Galego Vivo🍃 viuse obrigado a dar marcha atrás e anular a convocatoria.

📄 A propia resolución da Alcaldía recoñece que as bases non recollían correctamente os requisitos legais para exercer funcións de socorrismo acuático.

E estamos a falar de algo moi serio:
🏊 Seguridade das persoas usuarias das piscinas municipais.
🚑 Atención de emerxencias médicas.
🛟 Salvamento acuático.
⚖️ Cumprimento da legalidade.

Por Chantada 🍃 advertiu que as bases permitían acceder ao posto sen garantir a formación específica exixida pola normativa.

Resultado?
❌ Convocatoria anulada.
❌ Bases retiradas.
❌ O Concello obrigado a redactar unhas novas cando xa tiña o proceso practicamente concluído.

Agora ben, as preguntas son inevitábeis:
🤔 Cantos procesos selectivos máis conteñen erros semellantes?
🤔 Cantas irregularidades pasarían desapercibidas se Por Chantada non tivese recorrido en diferentes ocasiós?
🤔 Como é posíbel que teña que ser sempre o noso grupo coa súa constancia quen obrigue ao Concello a cumprir a legalidade?

Non é a primeira vez que acontece algo parecido.

📌 Mentres o goberno municipal dedica tempo e recursos á propaganda institucional, Por Chantada 🍃, sen liberaciós, continúa revisando expedientes, fiscalizando actuaciós e defendendo os principios de igualdade, mérito e capacidade para todas e todos.

Os empregos públicos:
❎ Non son do alcalde.
❎ Non son do PP.
✅ Son de toda a viciñanza, dos que pagamos impostos.

E por iso merecen procesos transparentes, rigorosos e con todas as garantías legais.

💚 A retirada desta convocatoria non é unha vitoria de Por Chantada.
👉 É unha vitoria da legalidade.
👉 É unha vitoria da transparencia.
👉 É unha vitoria de todas as persoas que aspiran a un emprego público en condicións de igualdade.

👇 E ti, que opinas?
Paréceche normal que o Concello teña que retirar unha convocatoria onteira despois dun recurso da oposición e que non se axuste á legalidade?

💬 Déixanos a túa opinión nos comentarios.
🔄 Comparte para que toda Chantada coñeza o que aconteceu 🟢

29/05/2026

🟢 Queda un ano para as municipais e seguimos dando o millor de nós para que a mudanza de ciclo e de goberno sexa unha realidade.

Un cambio que se enxerga xa como arela e como horizonte dunha maioría da viciñanza. O fin de ciclo e o esgotamento do gobermo municipal en todos os ámbitos é unha realidade que cada vez vemos máis persoas.

Por Chantada ten claro que a xente está cansa do ruído, da política fechada en si mesma e dunhas institucións que non resolven os problemas reais e cotiáns. Farta da corrupción e da falta de honestidade. Farta e decepcionada.

Mais o cambio non virá nunca só nen cae do ceu. Hai que traballalo, desde unha cidadanía activa, organizada e implicada no futuro da nosa vila. O cambio constrúese desde abaixo, participando e tecendo comunidade.

Por iso, unha boa forma de contribuír á necesaria mudanza é achegarse mañá á asemblea de Por Chantada, ás 11:30 horas nas Galerías do Almacor. Porque o futuro tamén depende de dar un paso adiante. 🟢


28/05/2026

🟢 Hoxe ás 20 horas na Casa da Cultura levamos ao pleno a defensa da veciñanza de Pesqueiras fronte aos proxectos de baterías de litio.

🎥 Neste vídeo explicamos a nosa posición.

👉 O alcalde non presentou alegacións.
👉 Non defendeu as parroquias afectadas.
👉 E calou en canto avanzan proxectos con enorme impacto territorial e ambiental.

Outra vez máis, o PP escolle pórse do lado dos intereses privados antes que da viciñanza.

⚠️ Nós témolo claro:

❌ Non estamos contra as enerxías renovábeis.
✔ Estamos contra un modelo imposto, especulativo e pensado para beneficiar uns poucos sen ter ordenado o territorio e sacrificando sempre as aldeas.

Defendemos:
🌱 Un modelo descentralizado.
🏘️ Que respecte o territorio.
⚡ Que dea autonomía ás persoas e ás comunidades.
🤝 E que non converta o rural nunha zona de sacrificio.

Hoxe tamén defenderemos:
☀️ Bonificacións no IBI e ICIO para placas solares.
⛪ A incoación do expediente BIC para a romaría do Corpo Santo por todos os elementos únicos que preserva.

Animámosvos a asistir ao pleno. 🟢


Dirección

Outeiro, 4, Santa Cruz De Viana
Chantada
27519

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Por Chantada - Interior Galego Vivo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir