20/10/2026
🎃👻 FESTA INFANTIL DE SAMAÍN EN COLES! 🕸️🧡
O vindeiro 24 de outubro, o Pavillón de Coles encherase de maxia, diversión e moitos sustos coa celebración da Festa Infantil de Samaín! 🧙♀️🦇
🕟 De 16:30 a 19:30 h
📍 Pavillón de Coles
Unha tarde chea de actividades para pasalo de medo:
🎲 Xogos e inchables
🍫 Chocolate
🚶 Percorrido de truco ou trato, con sustos e moitas ganas de divertirse!
💶 Prezos:
• 2 € para persoas socias da ANPA
• 5 € para persoas non socias
🧛♂️ Vinde disfrazad@s e acompañad@s dunha persoa adulta para g***r dunha tarde terrorificamente divertida en familia!
🍹 Ademais, haberá bar a cargo dos alumnos de 4º da ESO para recadar fondos para a súa excursión.
Unha iniciativa organizada pola ANPA CPI Antonio Faílde, coa colaboración do Concello de Coles.
🎃 Non faltedes! En Coles, o Samaín vai dar moito que falar… e algún que outro susto! 👻🕷️