Concello de Corcubión

Concello de Corcubión Páxina oficial do Concello de Corcubión http://www.corcubion.gal

El municipio de Corcubión está situado en el extremo oeste de la provincia de A Coruña (Galicia), en la más alta de las Rías Baixas y formando parte de la llamada Costa da Morte. Corcubión, la más alta de las Rías Baixas, posee las características de estas y anuncia las propias de la costa más al norte. Así, esta tierra de transición conjuga en perfecta armonía el sosiego y la calma de las Rías Ba

ixas y la bravura y la naturaleza viva características de la Costa da Morte. El Municipio de Corcubión es uno de los más pequeños de Galicia, con una extensión de 7.6 km² y una población de unos 2000 habitantes. Está constituido por dos parroquias, San Marcos de Corcubión (zona urbana) y San Pedro de Redonda (zona rural).

18/06/2026

📢🏆 RECEPCIÓN OFICIAL NO CONCELLO DE CORCUBIÓN 🏆📢

Mañá venres 19 de xullo ás 20:00 horas, o Concello de Corcubión ofrecerá unha recepción oficial aos equipos da Escola Fútbol Base Corcubión para recoñecer os éxitos acadados durante esta tempada.

Neste acto estarán presentes representantes municipais cos xogadores e xogadoras mais o corpo técnico. Convidamos a toda a veciñanza a participar neste acto, pero especialmente as familias, amigos e amigas e os patrocinadores (Restaurante San Martín, Bar Suiza, Paulo y Martín Construcción, Canalóns Lago, Marcos Canosa e Autos Caamaño), nun encontro que servirá para celebrar os magníficos resultados conseguidos polos nosos equipos de fútbol sala.

🥇 Campións Provinciais Infantís 🥉 Terceiros Clasificados Provinciais Prebenxamíns
Uns logros que son froito do esforzo, do compromiso e do traballo diario dos deportistas, así como do apoio constante das súas familias, adestradores, patrocinadores e de toda a comunidade que fai posible o crecemento do deporte base en Corcubión.

💙 Queremos compartir este momento tan especial con todas as persoas que forman parte da familia da EFB Corcubión.

📅 Venres, 19 de xullo
🕗 20:00 horas
📍 Casa do Concello de Corcubión

👏 Agardámosvos para celebrar xuntos unha tempada inesquecible e render homenaxe aos nosos campións e campioas.

💙🏆⚽

🎧 AÍNDA NON REALIZASTES O PASEO AUDIOGUIADO POR CORCUBIÓN? 🎧👉🏻 Coa audioguía ficcionada sobre Corcubión, a cal forma par...
18/06/2026

🎧 AÍNDA NON REALIZASTES O PASEO AUDIOGUIADO POR CORCUBIÓN? 🎧

👉🏻 Coa audioguía ficcionada sobre Corcubión, a cal forma parte do proxecto Contos de Mar, búscase poñer en valor o patrimonio inmaterial da nosa vila. Contamos cun total de 25 audioguías coas que, tanto de xeito individual como en parella ou en grupo, podedes realizar un percorrido pola vila de Corcubión.

📍Partindo do Antigo Cárcere (na entrada do porto), tedes a oportunidade de pasear polos lugares que son testemuña da historia de Corcubión durante aproximadamente 55 minutos, somerxéndovos nos feitos, personaxes e lugares máis representativos do noso pasado.

🚶‍♀️Se queredes realizar este paseo, as audioguías están dispoñibles para o seu préstamo na Oficina de Turismo de Corcubión, no edificio do Antigo Cárcere, no seguinte horario:

🕚 Luns: de 11:00h a 15:00h.
🕙 De martes a sábado: de 10:00 a 16:00h.

⛪
18/06/2026

🔥🌙 SAN XOÁN 2026 EN CORCUBIÓN 🌙🔥A noite máis curta do ano volve encher Corcubión de lume, tradición e maxia. ✨O vindeiro...
18/06/2026

🔥🌙 SAN XOÁN 2026 EN CORCUBIÓN 🌙🔥

A noite máis curta do ano volve encher Corcubión de lume, tradición e maxia. ✨

O vindeiro San Xoán, convidámosvos a desfrutar dunha das celebracións máis especiais do noso calendario, rodeados de cacharelas, sardiñas e toda a esencia desta noite máxica.

🔥 Cacharelas.
🐟 Sardiñada popular ata fin de existencias.
🎺 Música a cargo da Charanga Santa Compaña.
📍 Campo do Rollo a partir das 21:00 h.

Unha noite para compartir con familia, amizades e veciñanza, mantendo vivas as nosas tradicións e gozando da mellor festa popular.

✨ Ven saltar as cacharelas, pedir os teus desexos e celebrar connosco unha noite chea de maxia e boa compañía.

Vive o San Xoán, vive Corcubión!

18/06/2026

Xoves 18 de xuño. Hoxe temos un novo programa de REALIDADE E SOÑOS, unha coidada selección de poesía que nos trae cada semana Manuel Oliveira Gómez, Manolín. Tamén teremos CARNE CRUDA, que hoxe nos trae "JOMO es el nuevo FOMO: el placer de no hacer nada". E remataremos a nosa programación con MUNDOFONÍAS, un percorrido polas distintas músicas do mundo, hoxe nos trae "Inspiraciones africanas y escenarios flamencos".
Escoitámonos a partir das 11:00 e ás 21:00 en https://radioneria.blogspot.com
Mundofonías / Mil mundos Concello de Corcubión

⚠️ATENCIÓN, NOVO CORTE DO ACESO Á RÚA PERIGOS DESDE SAN ANTONIO POR OBRAS.🚧Desde a Concellería de obras, comunicamos dun...
18/06/2026

⚠️ATENCIÓN, NOVO CORTE DO ACESO Á RÚA PERIGOS DESDE SAN ANTONIO POR OBRAS.

🚧Desde a Concellería de obras, comunicamos dun corte temporal do tráfico por obras no acceso á Rúa Perigos desde a Rúa San Antonio no tramo sinalado no plano.

🗓️ O corte do tráfico producirase desde hoxe xoves 18 de xuño até o 2 de xullo aproximadamente para o novo formigonado e posterior secado.

🚫Pregamos non estacionar nas zonas indicadas para facilitar o acceso da maquinaria e operarios.

↕️Para facilitar o aceso ás vivendas da cidadanía, e só nos días sinalados, habilitarase circunstancialmente o tráfico na Rúa Perigos en dobre sentido de circulación, con preferencia para os vehículos que veñan baixando a costa.

🙏Desculpen as molestias.

⚒️Traballamos para mellorar Corcubión.

👉🏻Lembrade, hoxe as 20:00 horas na Capela do Pilar, "Arredor do té, voces do pobo saharaui."
17/06/2026

👉🏻Lembrade, hoxe as 20:00 horas na Capela do Pilar, "Arredor do té, voces do pobo saharaui."

ARREDOR DO TÉ. VOCES DO POBO SAHARAUÍ
NO 50º ANIVERSARIO DA RASAD

FALADOIRO DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A SITUACIÓN DO POBO SAHARAUÍ

AUDITORIO CAPELA DO PILAR

📆 Mércores 17 de xuño
🕖 Ás 20.00h

Persoas saharauís darán a coñecer a problemática no seu territorio, así como programas de apoio como Vacacións en Paz.

🗣️☕ Sentarémonos en coxíns no chan e mentres imparten a charla realizarán a cerimonia do té.

- O obxectivo deste faladoiro é combater a desinformación, denunciar a ocupación e visibilizar o papel da muller na resistencia a través de testemuños directos

- Xunto con O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a Delegación Saharauí en Galicia e Sogaps conmemoramos con esta acción o Día das Persoas Refuxiadas

17/06/2026

Mércores 17 de xuño. Hoxe, en RADIO NERIA, arrancamos a programación con CARNE CRUDA e "Acuerdo con Irán: ¿ahora sí? ". Despois, Soraya Lema levaranos ao mundo da tradición oral con CONTOS NÓMADAS. E rematamos con ÁBRETE DE ORELLAS, Pepe Cunha tráenos temas de .gal ou para disfrutar da mellor música.
Escoitámonos a partir das 11:00 e ás 21:00 en https://radioneria.blogspot.com
Ábrete de orellas Concello de Corcubión

🩸CAMPAÑA DOAZÓN DE SANGUE.🩸A unidade móvil estará en Corcubión o mércores 17 de xuño na📍 Praza Castelao de 16:30 ás 21:0...
17/06/2026

🩸CAMPAÑA DOAZÓN DE SANGUE.

🩸A unidade móvil estará en Corcubión o mércores 17 de xuño na
📍 Praza Castelao de 16:30 ás 21:00 horas, no lugar habitual.

👉Non esquezas levar a túa tarxeta de doazón, DNI ou documento identificativo.

🚫Prégase non estacionar na zona de carga e descarga para facilitar a ubicación do autobús no horario de doazón.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

🎙️PREMIOS PARA RADIO NERIA NO II CONCURSO DE PODCAST DE EMUGA.👉🏻Este sábado 13 de Xuño o alcalde de Corcubión estivo na ...
14/06/2026

🎙️PREMIOS PARA RADIO NERIA NO II CONCURSO DE PODCAST DE EMUGA.

👉🏻Este sábado 13 de Xuño o alcalde de Corcubión estivo na entrega de premios do II Concurso de Podcast en Fene organizado por
EMUGA en colaboración coa Deputacion da Coruña.

🎙️Neste concurso, dous podcast da Radio Neria foron premiados en dúas categorías.

🏆BOOMERS A CONCIENCA, de Pablo Álvarez e Rebeca Ayala ,coma mellor podcast elexido polo xurado.

🏆FALAR SEN CANCELAS, por mellor Host (anfitrión), con Pepe Formoso ao micro, controis a cargo de Xosé Luís Louzán e do sintonía programa dun músico local co tema "Na costa un intre" de Fernando Fraga.

👏🏻Parabéns ás premiadas e premiados. Parabéns tamén e moitas grazas ás colaboradoras e colaboradores de Radio Neria, que de xeito voluntario fan que a nosa Radio Municipal siga viva. Talento local e de kilómetro cero.

📻Ao longo de décadas, Radio Neria foi contando o día a día de Corcubión e da bisbarra, dando voz ás asociacións, ás festas, á cultura, ao deporte como exemplo de que desde o local pódese innovar, adaptarse e seguir tendo futuro.

📻As radios municipais son proximidade, son participación e son territorio. Son espazos onde a xente se recoñece e onde moitas veces nacen conversas que doutro xeito non existirían.

🛜Agora, ademais, estamos vendo que formatos como o podcast abren novas oportunidades grazas ás novas tecnoloxías.

🎉Parabéns, Radio Neria!!

Dirección

Praza José Carrera, 1
Corcubión
15130

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 14:30
Martes 08:00 - 14:30
Miércoles 08:00 - 14:30
Jueves 08:00 - 14:30
Viernes 08:00 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Corcubión publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir