08/09/2026
🟢 CLUB DE SAÚDE – ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO
A Asociación Española Contra el Cáncer pon en marcha en Coristanco o Club de Saúde, un programa gratuíto dirixido a persoas con cancro, sobreviventes e familiares.
📅 De setembro a novembro, comezando o 24 de setembro, celebraranse 5 talleres quincenais sobre saúde física e social.
📍 Os talleres terán lugar os xoves no Edificio de Servizos Múltples de Coristanco (San Roque) de 17.00 a 18.30 horas, e estarán orientadas a desenvolver ferramentas para o autocuidado físico e social.
👥 Dirixido a: persoas con cancro, sobreviventes e familiares da contorna oncolóxica.
💚 A participación é gratuíta.
📍 Para máis información e inscrición: contactar co concello de Coristanco (Cultura: 981 733 280) ou a través do teléfono gratuíto: 900 100 036.