Concello de Covelo coa Igualdade

Concello de Covelo coa Igualdade Administración local

🧠💚 DÍA MUNDIAL DEL ALZHÉIMERO 21 de setembro conmemórase o Día Mundial do Alzhéimer, unha data para visibilizar esta enf...
08/09/2026

🧠💚 DÍA MUNDIAL DEL ALZHÉIMER

O 21 de setembro conmemórase o Día Mundial do Alzhéimer, unha data para visibilizar esta enfermidade e lembrar a importancia de falar sobre as demencias, o seu impacto e o apoio ás persoas afectadas e ás súas familias.

Con motivo desta xornada, Afaga Alzheimer, coa colaboración do Concello de Covelo e a Deputación de Pontevedra, organiza:

🎬 CINEFÓRUM: Sempre Alice
Unha película protagonizada por Julianne Moore que aborda, desde unha perspectiva humana e próxima, a realidade do alzhéimer.

📅 Xoves, 24 de setembro de 2026
🕖 19:00 h
📍 Auditorio Municipal de Covelo
🎟️ Entrada libre ata completar aforo

💬 Ao remate da proxección terá lugar o coloquio «Alzheimer e outras demencias», un espazo para reflexionar e conversar sobre esta realidade.

Unha tarde para ver, compartir e falar sobre o Alzhéimer. 💚

🎶 XVIII CICLO DE MÚSICA RELIXIOSA 2026Este sábado 12 de setembro, ás 20:00 h, a igrexa de San Martiño de Barcia de Mera ...
08/09/2026

🎶 XVIII CICLO DE MÚSICA RELIXIOSA 2026

Este sábado 12 de setembro, ás 20:00 h, a igrexa de San Martiño de Barcia de Mera acollerá o concerto de clausura do XVIII Ciclo de Música Relixiosa, a cargo de VOX STELLAE.

🎼 O programa estará dedicado á Missa pro Defunctis (1614), de Giovanni Francesco Anerio (1567-1630), cun repertorio que inclúe Requiem Aeternam, Dies Irae, Domine Jesu Christe, Sanctus, Benedictus, Agnus Dei, Lux Aeterna e Libera me Domine, entre outras pezas.

🎤 Intérpretes:
Aida López, Aida Cruz, Martín Viaño, Óscar Mato, David Ferreiro, Daniel Canosa, Marcos Mato e Luís Martínez.

📍 Igrexa San Martiño de Barcia de Mera – Covelo
📅 Sábado, 12 de setembro
🕗 20:00 h

📞 Reservas e información: 658 627 525

Unha magnífica oportunidade para desfrutar da música sacra nun espazo de gran valor patrimonial como San Martiño de Barcia de Mera.

Agardámosvos! 🎶

💧 AVISO IMPORTANTE - CORTE DE AUGA COSTA – CASTELÁNSO Concello de Covelo informa de que os días 8, 9, 10 e 11 de setembr...
07/09/2026

💧 AVISO IMPORTANTE - CORTE DE AUGA COSTA – CASTELÁNS

O Concello de Covelo informa de que os días 8, 9, 10 e 11 de setembro haberá un corte da subministración de auga na rede xeral de A Costa–Casteláns, debido ao baleirado do depósito.

🕙 HORARIO APROXIMADO DO CORTE: de 22:00 a 08:00 h, ata que o depósito estea novamente cheo.

⚠️ O uso responsable da auga debe ser unha práctica habitual, non só cando se producen cortes ou problemas de abastecemento. Pedimos á veciñanza que evite sempre o consumo innecesario e que non malgaste auga.

💧 Coidala é responsabilidade de todos, todos os días.

04/09/2026

ESTE SÁBADO
NON HABERÁ FEIRA

🧺 A nosa Feira de Artesanía volve en Nadal 🎄

Grazas pola vosa comprensión

📚 FORMACIÓN CON SAÍDA LABORAL NO SECTOR NAVALO Concello de Covelo comparte esta oportunidade formativa do Centro Integra...
03/09/2026

📚 FORMACIÓN CON SAÍDA LABORAL NO SECTOR NAVAL

O Concello de Covelo comparte esta oportunidade formativa do Centro Integrado de Formación Profesional de Coia – Vigo, que impartirá un curso de TUBERO PARA O NAVAL, subvencionado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

🔹 Inicio: 2ª semana de setembro
🔹 Prácticas en empresa
🔹 Colocación garantizada
🔹 Inscrición previa

📞 Para máis información e inscrición, contactar co CIFP Coia nos teléfonos:
886 110 905 / 886 110 913

📍 CIFP Coia – Rúa Baiona, 28 · 36209 Vigo

👉 Unha interesante oportunidade para formarse nun sector con demanda de profesionais e acceder posteriormente ao mercado laboral.

O Concello de Covelo con Ceuta.
02/09/2026

O Concello de Covelo con Ceuta.

🌿 UN TEMPO PARA TICantas veces as mulleres estamos pendentes de todo e de todas… e deixámonos para o final?O traballo, a...
02/09/2026

🌿 UN TEMPO PARA TI

Cantas veces as mulleres estamos pendentes de todo e de todas… e deixámonos para o final?

O traballo, a casa, a familia, os coidados, as preocupacións… E ás veces esquecemos algo esencial: nós tamén necesitamos ser coidadas.

Desde o Programa CLARA, convidámoste a regalarche algo que tantas veces nos falta: tempo para ti. Un espazo tranquilo no que parar, escoitarte, aliviar tensións e poñer o teu benestar no centro, sen présas e sen culpa.

💜 Técnicas de xestión emocional e relaxación
(Acupuntura sen agullas)

📅 7 de setembro - 20:00 h
👥 Sesión grupal
📍 Auditorio de Covelo

📅 8 de setembro - desde as 10:00 h
👤 Sesións individuais
📍 Auditorio de Covelo

Promover a igualdade tamén significa recoñecer o dereito das mulleres ao descanso, ao benestar e ao tempo propio, e cuestionar que os coidados recaian sempre sobre nós.

💜 Porque o benestar e o autocoidado son un dereito, non un luxo.

🤝 Covelo, con CeutaO Concello de Covelo súmase este mércores, 2 de setembro, á convocatoria da Federación Española de Mu...
01/09/2026

🤝 Covelo, con Ceuta

O Concello de Covelo súmase este mércores, 2 de setembro, á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para mostrar a solidariedade dos municipios españois coa cidade autónoma de Ceuta.

Desde Covelo queremos facer chegar ás veciñas e veciños de Ceuta todo o noso apoio, solidariedade e afecto nestes momentos difíciles.

📅 Mércores, 2 de setembro
🕗 Ás 20:00 h
📍 Diante do Concello de Covelo

Vémonos mañá diante do Concello. 💙

Agradecemos a difusión desta convocatoria e, sobre todo, animámosvos a participar e acompañarnos neste xesto colectivo de solidariedade.

🌌✨ ROTEIROS E OBSERVACIÓN ESTELAR NO ALTO DO CASTELO DO FAROXornadas de roteiro guiado e observación e interpretación as...
26/08/2026

🌌✨ ROTEIROS E OBSERVACIÓN ESTELAR NO ALTO DO CASTELO DO FARO

Xornadas de roteiro guiado e observación e interpretación astronómica no miradoiro Paixasístico do Castelo do Faro, en Prado, Covelo. 🌠

📅 Datas:
🔹 Sábado 29 de agosto
🔹 Sábado 17 de outubro

🥾 Roteiro guiado desde a Igrexa de Prado e, xa no alto do Faro, observación do ceo nocturno con telescopios e interpretación astronómica.

⭐ PRAZAS LIMITADAS

📞 INSCRICIÓNS E RESERVAS:
Jesús – FeGAR: 622 676 355

🧥 Lembrade levar roupa de abrigo, luvas, gorro e roupa térmica, xa que a actividade se prolongará ata a madrugada.

Unha oportunidade para descubrir o ceo de Covelo desde un dos lugares máis especiais para a observación das estrelas. ✨🌌

Actividade organizada polo Concello de Covelo e financiada pola Deputación de Pontevedra.

💧 AVISO IMPORTANTE - CORTE DE AUGA EN VILANOVA – PEREIRASInformamos ás veciñas e veciños de Vilanova – Pereiras de que o...
26/08/2026

💧 AVISO IMPORTANTE - CORTE DE AUGA EN VILANOVA – PEREIRAS

Informamos ás veciñas e veciños de Vilanova – Pereiras de que os días 26, 27 e 28 de agosto será necesario realizar cortes na subministración de auga da rede xeral debido ao baleirado do depósito por unha avaría na rede.

🕗 Horario aproximado dos cortes:
➡️ Desde as 20:00 h ata as 9:00 h do día seguinte.

Pedimos desculpas polas molestias que esta situación poida ocasionar e agradecemos a vosa comprensión e colaboración mentres se realizan estas actuacións.

Dirección

Praza Do Mestre Cerviño
Covelo
36872

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Covelo coa Igualdade publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría