16/06/2026
O grupo realizará durante as próximas semanas diferentes visitas en Tarrio e Culleredo.
O obxectivo é coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza e recoller propostas de mellora para trasladar ao goberno municipal.
Estas visitas forman parte do traballo de proximidade que Alternativa está a desenvolver nas distintas parroquias do municipio para identificar deficiencias, atender demandas veciñais e facer seguimento das actuacións pendentes.
O grupo está a valorar positivamente a iniciativa, que permite manter un contacto directo coa cidadanía, impulsar as súas propostas e visibilizar as encesidades do día a día en diferentes núcleos de Culleredo.
Tamén pon a disposición o teléfono 981 415 610, o correo electrónico, [email protected], e as súas redes sociais.