Concello De Dodro

Concello De Dodro Rede social de facebook para informar de todas as actividades do Concello de Dodro.

Para comunicarse oficialmente utilicen os teléfonos de atención, correo electrónico, sede electrónica ou a aplicación LINEA VERDE.

Desde o Concello de Dodro felicitamos a Sara Cascallar Novoa polos bos resultados deportivos que acadou nesta tempada.  ...
08/09/2026

Desde o Concello de Dodro felicitamos a Sara Cascallar Novoa polos bos resultados deportivos que acadou nesta tempada. 🚣

Destacar as medallas de ouro en C1 1500 metros alevín A na Liga Provincial de Pontevedra, o 22 de agosto en Catoira e o 30 de agosto en Pontecesures. 🥇

Outro ouro no Campionato Galego en C2 1500 metros alevín A o 5 de setembro no Grove. 🥇

Noraboa Sara!

🚶 O Concello de Dodro, a través, da área de Cultura organiza para o venres 18 de setembro o Roteiro "Tras a sabedoría da...
07/09/2026

🚶 O Concello de Dodro, a través, da área de Cultura organiza para o venres 18 de setembro o Roteiro "Tras a sabedoría das curandeiras’, impartido pola bióloga Tamara Roig. 🏞️

🌿 Trátase dun itinerario guíado para a identificación de plantas silvestres medicinais, inspirado na novela de Marisa Castro “A Saga das curandeiras”. Este obradoiro desenvolverase en horario de tarde, de 17.30 a 19.30 horas, con saída desde a Biblioteca Pública Municipal de Dodro. 🍃

🍁 A actividade está dirixida a un público maior de 14 anos e as súas prazas son limitadas polo que as persoas interesadas en asistir deben realizar unha inscrición previa. Esta inscrición pode formalizarse, presencialmente na Casa da Cultura de Dodro ou no teléfono 981 80 24 72. 📞

📚 "Tras a sabedoría das curandeiras’ é unha actuación que se enmarca no Programa LER CONTA MOITO, programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co concello de Dodro. 🏛️

07/09/2026

🏛️ O concello de Dodro avanza

🚧 Un dos obxectivos de este goberno é desde o principio a mellora das nosas aldeas e rueiros, Aínda que a burocracia fai máis longo do debido a consecución de moitas das obras o resultados acaban chegando. 🦺

Mostramos unha primeira parte do resultado de ese constante traballo. Obras que supuxeron un investimento, grazas aos plans de obras e servizos da Deputación da Coruña, de máis de 300.000 euros en lugares como Piñon, Paizal, Manselle, Teaio, Laiño, Rial da Lagoa ou Lestrobe. Seguiremos mostrando as melloras no concello porque seguimos traballando en outras moitas zonas. 👷‍♂️

🛣️ Nun pobo sempre quedan cousas por facer e mellorar, pero máis alá de promesas os feitos vense ao remate e non co anuncio. Desde o concello queremos agradecer á veciñanza a colaboración e garantir que seguiremos traballando para facer un Dodro mellor e máis coidado.

⛹️‍♀️  O Concello de Dodro anuncia as “Escolas Deportivas Municipais 2026-2027”. 👟  As escolas deportivas son un program...
05/09/2026

⛹️‍♀️ O Concello de Dodro anuncia as “Escolas Deportivas Municipais 2026-2027”.

👟 As escolas deportivas son un programa de actividades que ofrece unha alternativa de ocio para a poboación. Esta dividido en 3 bloques en función da idade: menores de 15 anos, persoas adultas e maiores de 65 anos ou persoas con mobilidade reducida.

🥅 Este ano introdúcense algunhas variacións con respecto ó curso anterior buscando unha renovación; actividades novidosas que complementen a oferta deportiva e que buscan chegar a un público máis amplo.

⚽ Para os menores de 15 anos teremos Psicomotricidade, Patinaxe, Multibaile e Artes Marciais Júnior. Para os adultos Ximnasia de Mantemento, Coreodance, Pilates e Full Body. E para os maiores de 65 anos e/ou mobilidade reducida Psicomotricidade e Tonificación.

📅 A inscrición comeza o vindeiro 9 de setembro. As persoa interesadas en formalizar a inscrición poden facelo no Departamento de Deportes, no Pavillón Polideportivo Municipal.

📞 A taxa correspondente a cada actividade farase efectiva unha vez confirmada a praza.
No caso de que as solicitudes superen o número máximo de prazas realizarase un sorteo. Para máis información chamar o 981.80.25.32 ou ao 689.897.223 , por correo electrónico na dirección [email protected] 📧

🏛️ O concello de Dodro informa ♻️ Se participas na compostaxe doméstica o concello de Dodro pon a túa disposición ferram...
05/09/2026

🏛️ O concello de Dodro informa

♻️ Se participas na compostaxe doméstica o concello de Dodro pon a túa disposición ferramentas de mellora.

🌏 Se tes un composteiro na casa podes ter un servizo gratuíto que inclúe:

Revisión técnica do composteiro
Kit de mellora da compostaxe
Asesoramento personalizado

🔄 So precisamos dos teus datos para incluírte no programa, chama ao 981802062

🍁 A programación cultural chega a Dodro cargada de actividades♟️ Hoxe mesmo, ás oito da tarde, faremos unha visita guiad...
04/09/2026

🍁 A programación cultural chega a Dodro cargada de actividades

♟️ Hoxe mesmo, ás oito da tarde, faremos unha visita guiada polos Quinquilláns ás Torres de Hermida en Lestrobe. Pero este mes teremos máis cousas como a visita da Banda de Música de Padrón,unha charla sobre a sabedoría das curandeiras. 👵

🧴 En outubro coñeceremos a cosmética ecolóxica ou falaremos de petróglifos, un patrimonio sempre sorprendente. Xa en novembro afrontaremos programas de sensibilización e loita contra a violencia de xénero ou recibirtemos a visita do Cinema Marabilla de Raquel Queizás. 🎬

Un outono para desfrutar de Dodro e da cultura. 🍁

🏛️ O concello de Dodro informa 💁 Xa está aberto o prazo de inscrición nos programas de conciliación Madrugadores e Tarde...
04/09/2026

🏛️ O concello de Dodro informa

💁 Xa está aberto o prazo de inscrición nos programas de conciliación Madrugadores e Tardes no cole.

🤹‍♀️ Agrupados baixo o nome de Bos días Dodro, os dous servizos teñen como finalidade conciliar a vida familiar coa laboral e a escolar.

O sábado, 5 de setembro, ás 22.00 h, na Lavandeira, Imo -DODRO  Espectáculo CDC: CDC MINIDISC Actuación pertencente ao P...
02/09/2026

O sábado, 5 de setembro, ás 22.00 h, na Lavandeira, Imo -DODRO
Espectáculo CDC: CDC MINIDISC
Actuación pertencente ao Programa Rede Cultural 2026 da Deputación da Coruña.


Cultura da Deputación da Coruña

Hoxe luns, 31 de agosto, ás 20.00 h, no Palacio de Lestrobe (DODRO)ℹ️Espectáculo TRES PESOS: CANTARES E CONTARES🎟 Actuac...
31/08/2026

Hoxe luns, 31 de agosto, ás 20.00 h, no Palacio de Lestrobe (DODRO)
ℹ️Espectáculo TRES PESOS: CANTARES E CONTARES
🎟 Actuación pertencente ao Programa Rede Cultural 2026 da Deputación da Coruña.
https://www.facebook.com/daccultura/
Cultura da Deputación da Coruña

26/08/2026

🧁 Seguimos desfrutando da repostería!

O pasado venres, 21 de agosto, celebramos a segunda sesión do módulo de Repostería + perspectiva de xénero do Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero para Mulleres 2026.

Unha nova xornada para aprender, compartir e desfrutar xuntas, combinando a elaboración de diferentes propostas de repostería cun espazo de encontro e participación. 💜

Pouco a pouco, seguimos sumando experiencias e momentos compartidos neste programa, no que o benestar, a participación e a igualdade camiñan da man.

🤝 Programa financiado ao abeiro da subvención SI435A para as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, convocada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Dirección

Lugar. Tallós
Dodro
15982

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello De Dodro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría