Concello de Dozón

Concello de Dozón Taboleiro de anuncios e novas do Concello de Dozón Vostede mesmo poderá editar e/ou eliminar os comentarios que vostede mesmo realizara.

De acordo co establecido pola normativa de protección de datos, informámoslle ao facer uso desta páxina, vostede atense á política de protección de datos disposta por Facebook. Deberá ter en conta que, ao realizar comentarios ou pulsar “me gusta” ás publicacións desta páxina, tanto os comentarios realizados como o seu nome de usuario serán visibles e accesibles para o resto de usuarios desta páxin

a. Se desexa que se elimine algún comentario, fotografía, vídeo ou calquera outro elemento relacionado co seu usuario, poderá comunicalo, por correo electrónico: [email protected], ou presentando unha solicitude a través do rexistro xeral do Concello de Dozón. De acuerdo con lo establecido por la normativa de protección de datos, le informamos que al hacer uso de esta página, usted se atiene a la política de protección de datos dispuesta por Facebook. Deberá tener en cuenta que, al realizar comentarios o pulsar “me gusta” a las publicaciones de esta página, tanto los comentarios realizados como su nombre de usuario serán visibles y accesibles para el resto de usuarios de esta página. Usted mismo podrá editar y/o eliminar los comentarios que usted mismo haya realizado. Si desea que se elimine algún comentario, fotografía, vídeo o cualquier otro elemento relacionado con su usuario, podrá comunicarlo, por correo electrónico: [email protected], o presentando una solicitud a través del registro general del Ayuntamiento de Dozón.

Secundando a convocatoria da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), máis dunha quincena de veciños e vec...
03/09/2026

Secundando a convocatoria da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), máis dunha quincena de veciños e veciñas de Dozón concentráronse onte diante da Casa do Concello para amosar a súa solidariedade co pobo ceutí e para reclamar que se adopten as medidas políticas e diplomáticas que sexan necesarias para restablecer a convivencia nesa cidade e para evitar que as persoas migrantes teñan que arriscar as súas vidas na busca dun futuro mellor.

Desde o Concello de Dozón sumámonos á concentración de apoio a Ceuta convocada pola Federación Española de Municipios y ...
01/09/2026

Desde o Concello de Dozón sumámonos á concentración de apoio a Ceuta convocada pola Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) para este mércores, día 2 de setembro, ás 20.00 horas, diante do consistorio.

Que ben o pasaron onte os 180 veciños e veciñas que participaron na Xuntanza das Persoas Maiores celebrada na Pena de Fr...
22/08/2026

Que ben o pasaron onte os 180 veciños e veciñas que participaron na Xuntanza das Persoas Maiores celebrada na Pena de Francia! Ademais de compartir o xantar nunha magnífica compañía, tiveron a oportunidade de cantar e bailar coa música de Pili Pampin e Antonio Barros e ialma .

Na edición de onte, os participantes de máis idade que recibiron un agasallo de mans do alcalde, Adolfo Campos Vázquez, e de ambos os dous artistas, foron Manuela Daparte Carral, de 92 anos e veciña de Vilarello, e José Vázquez Blanco, de 96 anos e veciño de Piñeiro. Parabéns aos dous e a seguir así de ben!👏

👴👵 A contorna da Pena de Francia volverá acoller o venres 21 de agosto unha nova edición da Xuntanza das persoas maiores...
11/08/2026

👴👵 A contorna da Pena de Francia volverá acoller o venres 21 de agosto unha nova edición da Xuntanza das persoas maiores, organizada polo Concello de Dozón.

🎫 Os veciños e veciñas maiores de 60 anos que esteades empadroados podedes pasar polo concello ata o día 19 para recoller a invitación correspondente.

🎼 Nesta ocasión, as actuacións musicais, que comezarán ás 16.30 horas e serán abertas a todo o público que queira achegarse, correrán a cargo de Pili Pampín e Antonio Barros e ialma.

🚒 O Concello de Dozón publicou onte no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o anuncio para contratar tres condutor...
05/08/2026

🚒 O Concello de Dozón publicou onte no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o anuncio para contratar tres condutores de motobomba para labores de prevención e defensa contra os incendios forestais, no marco do convenio de colaboración asinado coa Consellería do Medio Rural.

Despois de quedar deserta a primera convocatoria lanzada o pasado mes de xullo, as persoas interesadas en optar a estas prazas de condutor de motobomba dispoñen dun prazo de cinco días naturais para formalizar a súa solicitude. Poden consultar as bases na sede electrónica do concello ou directamente na seguinte ligazón:

🌐 https://dozon.sedelectronica.gal/preview-document/2231174a-bc44-4f25-b4e0-1719cf4ab316/

O alcalde de Dozón, Adolfo Campos Vázquez, asinou co presidente da Deputación Pontevedra, Luis López Diéguez, un conveni...
28/07/2026

O alcalde de Dozón, Adolfo Campos Vázquez, asinou co presidente da Deputación Pontevedra, Luis López Diéguez, un convenio para a reurbanización das rúas interiores e a mellora da vía de acceso ao barrio da Igrexa do Castro, polo que a institución provincial achegará 500.000 euros e o concello outros 98.750 euros.

A actuación inclúe a dotación das infraestruturas de abastecemento, saneamento, alumeado público, accesibilidade, sinalización viaria, aparcamento e mobiliario urbano nunha superficie de 5.690 metros cadrados. Está proxectada unha rectificación do trazado actual e a súa ampliación, co obxecto de mellorar a visibilidade e a seguridade de vehículos e peóns incorporando beirarrúas; tamén se arranxará o camiño de acceso á antiga casa reitoral e futuro albergue de peregrinos.

Hoxe celebramos con orgullo a nosa terra, a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa forma de entender a vida. Feliz Día de ...
25/07/2026

Hoxe celebramos con orgullo a nosa terra, a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa forma de entender a vida. Feliz Día de Galicia!🤍💙🤍

📣 Os vindeiros días 30 e 31 de xullo está programada unha nova quenda de recollida de plásticos agrícolas nas explotació...
17/07/2026

📣 Os vindeiros días 30 e 31 de xullo está programada unha nova quenda de recollida de plásticos agrícolas nas explotacións.

Aquelas persoas interesadas, deben comunicalo no concello antes do vindeiro día 28 polos seguintes medios:
☎ Chamando ao 986 78 04 71
📧 Enviando un correo electrónico a [email protected]
🏫 Acudindo presencialmente ao consistorio, en horario de 9.00 a 15.00 horas

☀☀☀ A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior mantén vixente ata novo aviso a ALERTA VERMELLA por mor da vaga de calor...
03/07/2026

☀☀☀ A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior mantén vixente ata novo aviso a ALERTA VERMELLA por mor da vaga de calor extrema. Pregamos seguir as indicacións sobre as medidas preventivas e de autoprotección.

☀🏊‍♀️🏖️ Lembramos que a praia fluvial de Sanguiñedo xa está habilitada como zona de baño desde hoxe mesmo ata o remate d...
01/07/2026

☀🏊‍♀️🏖️ Lembramos que a praia fluvial de Sanguiñedo xa está habilitada como zona de baño desde hoxe mesmo ata o remate do verán.

Dirección

Médico Martínez Iglesias S/n. O Castro. Dozón. (Pontevedra)
Dozón
36518

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Dozón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Dozón:

Atajos

Compartir