A Biblio do IES LAURO OLMO

A Biblio do IES LAURO OLMO Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de A Biblio do IES LAURO OLMO, Biblioteca, Rúa Calabagueiros S/N, El Barco de Valdeorras.

🥳 Hoxe, na  , celebramos o   !! 📚Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsa...
24/10/2024

🥳 Hoxe, na , celebramos o !! 📚

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

O lema deste ano, “Por un futuro sostible”, pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

A través das súas coleccións, servizos e actividades con usuarios, as bibliotecas contribúen a construír unha sociedade cada vez mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras.

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio, lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida. O seu traballo de deseño e planificación de actividades e servizos desenvólvese cunha perspectiva de Axenda 20230 poñendo o foco en que ninguén das nosas comunidades educativas debe quedar atrás.

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.

🎙️ RADIO NA  EN MARCHA!🗣️ Hoxe, o alumnado do grupo de radio e o alumnado da materia de oratoria do  recibiron unha comp...
23/10/2024

🎙️ RADIO NA EN MARCHA!

🗣️ Hoxe, o alumnado do grupo de radio e o alumnado da materia de oratoria do recibiron unha completa formación impartida polo actor de doblaxe e formador de Damián Alonso dentro do programa

🎤 Neste obradoiro, a rapazada aprendeu todo o proceso de creación dun podcast, dende o deseño do guión, pasando polo control e modulación da voz, a gravación e a posterior montaxe técnica, ata obter o produto final

🎧 Pronto compartiremos poderemos desfrutar escoitando os traballos realizados polo noso alumnado na xornada de hoxe e todos os que realizarán ao longo do curso

👇🏼 𝗕𝗔𝗦𝗘𝗦 𝗗𝗢 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗨𝗥𝗦𝗢: “𝗥𝗲𝘁𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗹𝗲𝗰𝘁𝘂𝗿𝗮”📆 Ao principio de cada mes proporase un desafío que terá que cumprir o libro que...
08/10/2024

👇🏼 𝗕𝗔𝗦𝗘𝗦 𝗗𝗢 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗨𝗥𝗦𝗢: “𝗥𝗲𝘁𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗹𝗲𝗰𝘁𝘂𝗿𝗮”

📆 Ao principio de cada mes proporase un desafío que terá que cumprir o libro que leas ese mes.

🪪 Proporcionaranse unhas tarxetas nas que se irán selando as distintas probas unha vez sexan superadas polo alumnado.

💬 Ao término de cada lectura, para completar o reto, o alumnado deberá publicar unha minivaloración ou recomendación no tablón dedicado ao concurso na biblioteca.

✅ Para completar os “Retos de lectura 24-25” o/a alumno/a deber ter, ao menos, oito selos conseguidos no seu cartón.

🗣️ Para que o reto se considere “superado”, ao menos catro títulos lidos deben estar en lingua galega.

🎁 O alumnado que complete os “Retos de lectura 24-25” do IES Lauro Olmo recibirá un premio no mes de xuño.

🎭 A partir desta semana, a  acolle a exposición de mascaras de entroido realizadas polo noso alumnado 🎨
29/02/2024

🎭 A partir desta semana, a acolle a exposición de mascaras de entroido realizadas polo noso alumnado 🎨

🧬 CIENCIA EN GALEGO!📚 Co gallo da celebración do   nas bibliotecas escolares,  dende a  , coa colaboración do  e do EDLG...
17/11/2023

🧬 CIENCIA EN GALEGO!

📚 Co gallo da celebración do nas bibliotecas escolares, dende a , coa colaboración do e do EDLG , fixemos unha selección de libros relacionados coa ciencia e editados en lingua galega.


📣 ACTIVIDADE DE XUÑO: INTERCAMBIO DE LIBROS 🔁📚Se tes libros na túa casa que xa non les e que che gustaría cambiar por ou...
12/06/2023

📣 ACTIVIDADE DE XUÑO: INTERCAMBIO DE LIBROS 🔁

📚Se tes libros na túa casa que xa non les e que che gustaría cambiar por outros, esta actividade interésache!

📖 Participar é moi sinxelo, so tes que seguir os seguintes pasos:

1️⃣ Trae o teu libro ao
2️⃣ Deposítao na estantería habilitada para o intercambio de libros que está situada na
3️⃣ Colle outro dos que estean expostos e dalle unha segunda vida!


📣 ATENCIÓN! XENTE LENDO!Xente lendo e recorrendo as rúas do   e resolvendo probas e navegando polo Sil e desfrutando do ...
16/05/2023

📣 ATENCIÓN! XENTE LENDO!
Xente lendo e recorrendo as rúas do e resolvendo probas e navegando polo Sil e desfrutando do bo tempo e festexando as ! 🙌🏼🙌🏼🙌🏼

CHEGOU O DÍA!!! 📚🏞️🚣🏽‍♀️🏃🏻‍♀️📣 Tras semanas de preparación, hoxe por fin celebramos o xa clásico ATENCIÓN!XENTE LENDO! d...
16/05/2023

CHEGOU O DÍA!!! 📚🏞️🚣🏽‍♀️🏃🏻‍♀️

📣 Tras semanas de preparación, hoxe por fin celebramos o xa clásico ATENCIÓN!XENTE LENDO! do

📖 Como cada curso, o alumnado da ESO do noso centro fará un percorrido polas rúas do Barco facendo diferentes lecturas…pero este ano hai MOITAS NOVIDADES!!!

📍 O ATENCIÓN! XENTE LENDO! de 2023 convertiuse nunha SUPER XINCANA na que, a parte de lecturas, o alumnado (separado en grupos) terá que resolver un montón de probas de distintas disciplinas (bioloxía, lingua galega e castelá, matemáticas, xeografía, etc).

👀 Estade atentxs ás nosas redes sociais para non perdervos nada sobre esta actividade!

O pasado xoves 23 de Febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro e o profesorado do IES Lauro Olmo quixemos homenaxea...
25/02/2023

O pasado xoves 23 de Febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro e o profesorado do IES Lauro Olmo quixemos homenaxeala enchendo o instituto de Rosalías!

24/01/2023
O Día dos Dereitos Humanos 🤝conmemórase cada 10 de decembro, coincidindo coa data na que a Asemblea Xeral das Nacións Un...
15/12/2022

O Día dos Dereitos Humanos 🤝conmemórase cada 10 de decembro, coincidindo coa data na que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Declaración Universal de Dereitos Humanos 📃✍️en 1948; un documento histórico que proclamou os dereitos inalienables inherentes a todos os seres humanos, sen distinción de raza, cor, relixión, s**o, idioma, opinións políticas ou de outra índole, orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacemento, nin ningunha outra condición.

Co obxectivo de que estes se difundan entre xs máis novxs como garantía da súa formación como cidadáns, dende a convocamos esta actividade. Achégate á nosa biblio e anímate a participar!

🚺 Hoxe, co gallo do  , o alumnado e o profesorado do  quixo dar visibilidade ás violencias contra a muller compartido as...
25/11/2022

🚺 Hoxe, co gallo do , o alumnado e o profesorado do quixo dar visibilidade ás violencias contra a muller compartido as súas mensaxes na !

Dirección

Rúa Calabagueiros S/N
El Barco De Valdeorras
32300

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Biblio do IES LAURO OLMO publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría