Concello do Barco de Valdeorras / Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras

Concello do Barco de Valdeorras / Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras Página oficial del Concello de O Barco en facebook.

Visítanos también en: www.concellodobarco.org
Protección de Datos
https://www.concellodobarco.gal/gl/proteccion-de-datos Visítanos también en: www.concellodobarco.org Se comunica a todos los usuarios que el Administrador de esta página web procederá al borrado de los mensajes inapropiados

𝐀𝐁𝐄𝐑𝐓𝐀 𝐀𝐎 𝐏𝐔́𝐁𝐋𝐈𝐂𝐎, 𝐀 𝐄𝐗𝐏𝐎𝐒𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐄 𝐌𝐀𝐑𝐈𝐒𝐔́ 𝐌𝐈𝐑𝐀𝐍𝐃𝐀🎨 "A pesar da distancia, 𝐌𝐚𝐫𝐢𝐬𝐮́ 𝐬𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞 𝐥𝐞𝐯𝐨𝐮 𝐚𝐨 𝐁𝐚𝐫𝐜𝐨 𝐧𝐨 𝐜𝐨𝐫𝐚𝐳𝐨́𝐧, ...
11/09/2026

𝐀𝐁𝐄𝐑𝐓𝐀 𝐀𝐎 𝐏𝐔́𝐁𝐋𝐈𝐂𝐎, 𝐀 𝐄𝐗𝐏𝐎𝐒𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐄 𝐌𝐀𝐑𝐈𝐒𝐔́ 𝐌𝐈𝐑𝐀𝐍𝐃𝐀

🎨 "A pesar da distancia, 𝐌𝐚𝐫𝐢𝐬𝐮́ 𝐬𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞 𝐥𝐞𝐯𝐨𝐮 𝐚𝐨 𝐁𝐚𝐫𝐜𝐨 𝐧𝐨 𝐜𝐨𝐫𝐚𝐳𝐨́𝐧, e iso nótase en cada obra". Así presentou onte a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, á autora do cartel das Festas do Cristo 2026, na inauguración da exposición "Xentes de Valdeorras", na que Marisú Miranda converteu a 𝟔𝟎 𝐯𝐞𝐜𝐢𝐧̃𝐨𝐬 𝐝𝐚 𝐜𝐨𝐦𝐚𝐫𝐜𝐚, en obras de arte.

🎁 Pola súa banda, o alcalde do Barco, Aurentino Alonso, quixo salientar "a riqueza tan grande que nos 𝐫𝐞𝐠𝐚𝐥𝐚 esta artista", e a liña que o Concello persegue desde hai xa uns anos, "de buscar que o cartel das Festas sexa algo que nos distinga como cabeza de comarca".

🤲 Agradecida polo "𝐚𝐩𝐨𝐢𝐨 𝐥𝐨𝐜𝐚𝐥" 𝐪𝐮𝐞 𝐬𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞 𝐥𝐥𝐞 𝐛𝐫𝐢𝐧𝐝𝐨𝐮 𝐚 𝐬𝐮́𝐚 𝐯𝐢𝐥𝐚 natal, Marisú Miranda contou desde a emoción, a experiencia de expoñer a súa alma e compartila cos seus veciños, e invitou a que a mostra, tan importante para ela, sexa visitada e gozada por toda a veciñanza, durante todo o mes de setembro.

𝐗𝐚 𝐭𝐞 𝐚𝐭𝐨𝐩𝐚𝐜𝐡𝐞❓

𝐀 𝐀𝐔𝐑𝐄𝐀𝐍𝐀 𝐃𝐎 𝐑𝐈́𝐎 𝐒𝐈𝐋Unha peza de 𝐋𝐚𝐧𝐝 𝐀𝐫𝐭, arte contemporáneo onde a propia paisaxe natural 🌱 é o material e escenario ...
09/09/2026

𝐀 𝐀𝐔𝐑𝐄𝐀𝐍𝐀 𝐃𝐎 𝐑𝐈́𝐎 𝐒𝐈𝐋

Unha peza de 𝐋𝐚𝐧𝐝 𝐀𝐫𝐭, arte contemporáneo onde a propia paisaxe natural 🌱 é o material e escenario da obra, que representa a histórica figura dunha muller en búsqueda de ouro no río Sil, foi hoxe inaugurada no Paseo do Malecón do Barco.

A confección da obra veu das mans 🙌 dos rapaces participantes no 𝐯𝐨𝐥𝐮𝐧𝐭𝐚𝐫𝐢𝐚𝐝𝐨 "Camiño de Inverno: Natureza e Arte en cada paso", e os seus responsables, Eco dos Teixos e Artesanía Enxebre de Valdeorras, que presentaron o seu traballo da maneira máis lúdica e vibrante posible.

✔️ A falta dunha peana de lousa que se colocará en breve, a estatua de arte efímero xa forma parte da 𝐧𝐨𝐬𝐚 𝐩𝐚𝐢𝐬𝐚𝐱𝐞, dándolle vida a unha parte moi importante da historia da nosa vila.

A AUREANA DO SIL ✨O mércores día 9 ás 11:00h., levarase a cabo no Pase do Malecón, entre os dous parques infantís, a pre...
08/09/2026

A AUREANA DO SIL ✨

O mércores día 9 ás 11:00h., levarase a cabo no Pase do Malecón, entre os dous parques infantís, a presentación da escultura da Aureana do río Sil, unha obra de Land Art confeccionada polos participantes no campo de voluntariado "Camiño de Inverno: Natureza e Arte en cada paso", organizado por Eco dos Teixos e Artesanía Enxebre de Valdeorras, co apoio do Concello do Barco e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

06/09/2026

📽️ Alfredo García recibiu onte a homenaxe pola concesión da Butaca de Honra da 35ª Semana de Cine do Barco, pola súa labor cando exerceu como concelleiro de Cultura na década dos 90, o que permitiu o impulso da posta en marcha da Casa da Cultura e a creación da sala de cine que hoxe sigue funcionando na vila.

🎬 Un acto emotivo e cheo de lembranzas que xa forma parte da historia do Cineclub Groucho Marx.

Cine no Barco

𝐈𝐍𝐀𝐔𝐆𝐔𝐑𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐀 𝐅𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐎𝐃𝐔𝐓𝐎𝐒 𝐓𝐑𝐀𝐃𝐈𝐂𝐈𝐎𝐍𝐀𝐈𝐒 𝐃𝐎 𝐄𝐈𝐗𝐎 𝐀𝐓𝐋𝐀́𝐍𝐓𝐈𝐂𝐎, 𝐆𝐀𝐋𝐈𝐂𝐈𝐀 𝐄 𝐍𝐎𝐑𝐓𝐄 𝐃𝐄 𝐏𝐎𝐑𝐓𝐔𝐆𝐀𝐋🎤 A concelleira de Turism...
05/09/2026

𝐈𝐍𝐀𝐔𝐆𝐔𝐑𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐀 𝐅𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐎𝐃𝐔𝐓𝐎𝐒 𝐓𝐑𝐀𝐃𝐈𝐂𝐈𝐎𝐍𝐀𝐈𝐒 𝐃𝐎 𝐄𝐈𝐗𝐎 𝐀𝐓𝐋𝐀́𝐍𝐓𝐈𝐂𝐎, 𝐆𝐀𝐋𝐈𝐂𝐈𝐀 𝐄 𝐍𝐎𝐑𝐓𝐄 𝐃𝐄 𝐏𝐎𝐑𝐓𝐔𝐆𝐀𝐋

🎤 A concelleira de Turismo, Alba Rodríguez, inaugurou a Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico, acompañada do concelleiro de Servicios Sociais, Orlando Saavedra, na mañá deste sábado día 5 de setembro. Aludiu Alba nas súas palabras, á "𝐧𝐨𝐬𝐚 𝐢𝐝𝐞𝐧𝐭𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 e á 𝐧𝐨𝐬𝐚 𝐭𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧", posto que "os produtos tradicionais representan a historia de moitas xeracións", xa que "detrás de cada produto que hoxe podemos descubrir nesta feira, hai coñecemento, esforzo dedicación e un profundo vínculo ca terra".

🤝 Salientou a concelleira a "vontade do Eixo Atlántico de 𝐮𝐧𝐢𝐫 𝐭𝐞𝐫𝐫𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨𝐬, de crear lazos, de demostrar que cando colaboramos, somos moito máis fortes".

🧀 Un total de 20 expositores, con produtos gastronómicos de calidade e garantía de orixe, pódense visitar entre hoxe sábado e mañá domingo, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas, na 𝐏𝐫𝐚𝐳𝐚 𝐀𝐧𝐝𝐫𝐞́𝐬 𝐝𝐞 𝐏𝐫𝐚𝐝𝐚 da vila.

𝐆𝐑𝐀𝐙𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐑 𝐓𝐎𝐃𝐎, 𝐃𝐈𝐀𝐍𝐀Este xoves, no pleno ordinario do mes de setembro, despedimos no Concello á nosa compañeira 𝐃𝐢𝐚𝐧𝐚 ...
04/09/2026

𝐆𝐑𝐀𝐙𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐑 𝐓𝐎𝐃𝐎, 𝐃𝐈𝐀𝐍𝐀

Este xoves, no pleno ordinario do mes de setembro, despedimos no Concello á nosa compañeira 𝐃𝐢𝐚𝐧𝐚 𝐔𝐫𝐝𝐚𝐧𝐠𝐚𝐫𝐚𝐲, 𝐪𝐮𝐞 𝐝𝐞𝐢𝐱𝐚 𝐨 𝐚𝐜𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐥𝐨𝐠𝐨 𝐝𝐞 𝟏𝟏 𝐚𝐧𝐨𝐬 de duro traballo. Concelleira de Medio Ambiente e segunda teniente de alcalde, Diana deixa un listón moi alto e un oco enorme nos nosos corazóns, por tantas cousas compartidas neste tempo.

A súa renuncia chega 𝐩𝐨𝐫 𝐦𝐨𝐭𝐢𝐯𝐨𝐬 𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐢𝐬, que non lle permiten compaxinar a súa faceta profesional coa política municipal e de servicio público, porque como ela mesma afirma, "eu son das que pensa que para estar de concelleira hai que dar o 100%, e eu nestes momentos non podo dalo".

Tralas bágoas e aplausos compartidos, despois dunhas palabras que a todos emocionaron, a renuncia puxo fin a unha etapa que comezou en 2015, e que trouxo 𝐦𝐨𝐢𝐭𝐨𝐬 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨𝐬, con moitas persoas implicadas, que onte quixo lembrar e abrazar, porque moitas delas estaban alí para apoiala na súa despedida.

O alcalde, Aurentino Alonso agredeceu a súa "dedicación e compromiso", ademais da súa dispoñibilidade sempre, e lealdade, durante todos estes anos.

Javier Rodríguez Tato será a persoa que tome o relevo e pase a formar parte da corporación municipal no seu lugar.

📣 Chega a agardada 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐏𝐚𝐧𝐝𝐢𝐥𝐥𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐂𝐫𝐢𝐬𝐭𝐨 𝟐𝟎𝟐𝟔. Animádevos a participar!
03/09/2026

📣 Chega a agardada 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐏𝐚𝐧𝐝𝐢𝐥𝐥𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐂𝐫𝐢𝐬𝐭𝐨 𝟐𝟎𝟐𝟔.
Animádevos a participar!

𝐎 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐨 𝐁𝐚𝐫𝐜𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚 𝐚 𝐕𝐈 𝐞𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚 𝐅𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐏𝐫𝐨𝐝𝐮𝐭𝐨𝐬 𝐓𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐨 𝐄𝐢𝐱𝐨 𝐀𝐭𝐥𝐚́𝐧𝐭𝐢𝐜𝐨, 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐞 𝐍𝐨𝐫𝐭𝐞 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐫𝐭...
03/09/2026

𝐎 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐨 𝐁𝐚𝐫𝐜𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚 𝐚 𝐕𝐈 𝐞𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚 𝐅𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐏𝐫𝐨𝐝𝐮𝐭𝐨𝐬 𝐓𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐨 𝐄𝐢𝐱𝐨 𝐀𝐭𝐥𝐚́𝐧𝐭𝐢𝐜𝐨, 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐞 𝐍𝐨𝐫𝐭𝐞 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐫𝐭𝐮𝐠𝐚𝐥

Este ano contará cun total de 𝟐𝟎 𝐩𝐫𝐨𝐝𝐮𝐭𝐨𝐫𝐞𝐬 𝐨𝐮 𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬𝐚́𝐧𝐬 participantes, que ofertarán produtos gastronómicos de calidade, garantía de orixe, e elaborados no rural.

O evento desenvolverase na Praia Fluvial do Malecón, 𝐨𝐬 𝐝𝐢́𝐚𝐬 𝟓 𝐞 𝟔 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e contará con actividades complementarias.

O sábado será o día no que teña lugar a 𝐈𝐈 𝐞𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨 "𝐂𝐨𝐧𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨 𝐃𝐞𝐛𝐮𝐱𝐚 𝐎 𝐒𝐢𝐥" ✍️, no que os participantes deberán debuxar unha paisaxe na que apareza o Sil ao seu paso polo Barco. Haberá dúas quendas de participación: de 11:30 a 13:30 horas, será a quenda da categoría de menores de 14 anos, e de 17:00 a 20:00 horas, será a quenda da categoría de maiores de 14 anos. Resultará premiado o mellor debuxo de cada categoría.

A enóloga Cristina Murga dirixirá a actividade 🥂 “𝐂𝐚𝐭𝐚𝐬 𝐧𝐨 𝐒𝐢𝐥”, que se desenvolverá tanto o sábado como o domingo, ás 12:00 horas. A iniciativa consistirá nunha cata/degustación de produtos da Feira, ao prezo de 5 euros, con prazas limitadas.

👐 Dous obradoiros gratuítos e con prazas limitadas, desenvolveranse durante a Feira. O obradoiro de modelado “𝐁𝐚𝐫𝐫𝐨 𝐋𝐢𝐛𝐫𝐞”, terá lugar o sábado ás 17:00 horas, da man de Ceniza de Papel. Outro obradoiro, nesta ocasión de cosmética botánica “𝐂𝐫𝐞𝐦𝐚 𝐟𝐚𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐞 𝐜𝐨𝐫𝐩𝐨𝐫𝐚𝐥”, terá lugar o domingo ás 17:00 horas, da man de Piel Natura.

O sábado tamén haberá tempo para a degustación gastronómica co 🍽️ “𝐒𝐡𝐨𝐰𝐜𝐨𝐨𝐤𝐢𝐧𝐠 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐬𝐚 𝐏𝐚𝐦𝐩𝐢́𝐧”, que se desenvolverá a partir das 19:00 horas.

A 𝐦𝐮́𝐬𝐢𝐜𝐚 🎵 será protagonista durante todo o evento coas actuacións musicais dos grupos “Os Parrandas” e “Dos en punto”, o concerto de “Ariadna Santana” e o DJ “Rapariga”, que se encargarán de amenizar as dúas xornadas.

A Feira contará cunha zona de 🚚 𝐅𝐨𝐨𝐝𝐭𝐫𝐮𝐜𝐤𝐬, onde os visitantes poderán g***r de múltiples opcións de comida e bebida.

Máis info: https://www.concellodobarco.gal/

𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐄𝐒𝐂𝐔𝐋𝐓𝐔𝐑𝐀 𝐃𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐀𝐔𝐑𝐄𝐀𝐍𝐀 𝐃𝐎 𝐑𝐈́𝐎 𝐒𝐈𝐋 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎 𝐁𝐀𝐑𝐂𝐎 ✨O Concello do Barco converterase no epicentro do voluntariado xuv...
02/09/2026

𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐄𝐒𝐂𝐔𝐋𝐓𝐔𝐑𝐀 𝐃𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐀𝐔𝐑𝐄𝐀𝐍𝐀 𝐃𝐎 𝐑𝐈́𝐎 𝐒𝐈𝐋 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎 𝐁𝐀𝐑𝐂𝐎 ✨

O Concello do Barco converterase no epicentro do voluntariado xuvenil, coa celebración do campo de voluntariado "𝐂𝐚𝐦𝐢𝐧̃𝐨 𝐝𝐞 𝐈𝐧𝐯𝐞𝐫𝐧𝐨: 𝐍𝐚𝐭𝐮𝐫𝐞𝐳𝐚 𝐞 𝐀𝐫𝐭𝐞 𝐞𝐧 𝐜𝐚𝐝𝐚 𝐩𝐚𝐬𝐨", organizado polos responsables da entidade Eco dos Teixos especializada en educación ambiental e dinamización rural, no marco da programación Acción de Verán da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

O programa, que se levará a cabo 𝐝𝐨 𝟑 𝐚𝐨 𝟏𝟒 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨, reunirá a 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐝𝐞𝐜𝐞𝐧𝐚 𝐝𝐞 𝐦𝐨𝐳𝐨𝐬 𝐞 𝐦𝐨𝐳𝐚𝐬 𝐯𝐨𝐥𝐮𝐧𝐭𝐚𝐫𝐢𝐚𝐬 procedentes de diversos puntos de toda a península, concretamente das provincias de Castellón, Valencia, Madrid, Sevilla, Albacete, Ourense e Pontevedra.

Un dos fitos máis salientables e orixinais deste proxecto será a creación dunha 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐯𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐚𝐫𝐭𝐢́𝐬𝐭𝐢𝐜𝐚 𝐝𝐞 𝐋𝐚𝐧𝐝 𝐀𝐫𝐭 que quedará instalada de xeito permanente no Paseo do Malecón do Barco.

A obra estará dirixida polas creadoras do obradoiro local Artesanía Enxebre de Valdeorras, que serán as que guiarán aos voluntarios en todo o proceso creativo e de execución, con elementos da natureza 🌱

A obra inspirará o seu deseño no símbolo da 𝐚𝐮𝐫𝐞𝐚𝐧𝐚, concibida como unha emotiva homenaxe ás históricas bateadoras de ouro 💫 que, dende a época romana, traballaron nas marxes e nas augas do río Sil ao seu paso por Valdeorras. Así mesmo, representará un fito no Camiño de inverno, para que os peregrinos poidan coñecer mellor e vincularse coa historia da comarca pola cal camiñan.

𝐔𝐧 𝐩𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐛𝐚𝐬𝐞𝐚𝐝𝐨 𝐧𝐚 𝐞𝐝𝐮𝐜𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐚𝐦𝐛𝐢𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 🌿

Máis alá da creación artística, o voluntariado desenvolverá importantes actividades ambientais e de conservación ao longo da ruta do Camiño de Inverno e do río Sil. Entre as actuacións previstas destacan a limpeza e acondicionamento de puntos críticos e zonas de baño fluviais, a creación de refuxios para a fauna autóctona con materiais do terreo e a sinalización en sendeiros como o da Fervenza da Pincheira.

Para enriquecer a estancia dos mozos e mozas, Eco dos Teixos organizou un completo programa de actividades complementarias e de ocio educativo 🎉

𝐎 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐨 𝐁𝐚𝐫𝐜𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚 𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐂𝐫𝐢𝐬𝐭𝐨 𝟐𝟎𝟐𝟔 🎉O Concello do Barco presentou na mañá deste martes dí...
01/09/2026

𝐎 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐨 𝐁𝐚𝐫𝐜𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚 𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐂𝐫𝐢𝐬𝐭𝐨 𝟐𝟎𝟐𝟔 🎉

O Concello do Barco presentou na mañá deste martes día 1 de setembro, a programación completa das Festas do Cristo 2026 que comeza, oficialmente, o día 6 de setembro, coa celebración da 𝐅𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐏𝐫𝐨𝐝𝐮𝐭𝐨𝐬 𝐓𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐨 𝐄𝐢𝐱𝐨 𝐀𝐭𝐥𝐚́𝐧𝐭𝐢𝐜𝐨 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐞 𝐍𝐨𝐫𝐭𝐞 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐫𝐭𝐮𝐠𝐚𝐥 na praia fluvial, e se prolongará ata o día 15.

🎨 Tamén se desvelou hoxe 𝐨 𝐜𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥 que ilustra as festas patronais máis importantes do ano, e a súa autora, 𝐚 𝐚𝐫𝐭𝐢𝐬𝐭𝐚 𝐯𝐚𝐥𝐝𝐞𝐨𝐫𝐫𝐞𝐬𝐚 𝐌𝐚𝐫𝐢𝐬𝐮́ 𝐌𝐢𝐫𝐚𝐧𝐝𝐚. Será o xoves día 10 de setembro, ás 20:30 horas, cando teña lugar a inauguración da súa mostra "𝗫𝗲𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝗩𝗮𝗹𝗱𝗲𝗼𝗿𝗿𝗮𝘀", na sala de exposicións da Praza do Príncipe. Poderá visitarse de 11 ao 14, do 18 ao 20 e do 25 ao 27 de setembro.

🩺 O encargado de pronunciar o pregón das festas, que terá lugar o venres día 11 de setembro na Praza Maior, será 𝐨 𝐝𝐨𝐮𝐭𝐨𝐫 𝐑𝐢𝐜𝐚𝐫𝐝𝐨 𝐌𝐚𝐫𝐢𝐧𝐢, profesional da pediatría que exerce no Barco desde hai case catro décadas, nas que atendeu a varias xeracións de familias da comarca.

🛶 O sábado día 12 de setembro, será o día no que se celebre a 58ª edición do 𝐃𝐞𝐬𝐜𝐞𝐧𝐬𝐨 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐨 𝐒𝐢𝐥 𝐞 𝐨 𝟔º 𝐃𝐞𝐬𝐜𝐞𝐧𝐬𝐨 𝐏𝐨𝐩𝐮𝐥𝐚𝐫. Pola mañá, levarase a cabo a 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐏𝐚𝐧𝐝𝐢𝐥𝐥𝐚𝐬 e pola noite, chegará o prato forte da programación musical , co concerto de 𝐗𝐨𝐞𝐥 𝐋𝐨́𝐩𝐞𝐳, precedido polo espectáculo da orquestra El Combo Dominicano.

🏃 O domingo día 13 de setembro, ademais do celebracións da 𝟑𝟖ª 𝐌𝐢𝐥𝐥𝐚 𝐔𝐫𝐛𝐚𝐧𝐚, será a quenda das orquestras Capitol e América de Vigo. A orquestra Panorama City desenvolverá o seu espectáculo o luns 14 de setembro, día grande das festas, que comezará co 𝟑𝟐º 𝐌𝐚𝐝𝐫𝐮𝐠𝐨́𝐧 e, máis tarde, a misa e procesión do Cristo, precedida polas 𝐂𝐚𝐥𝐚𝐧𝐭𝐨𝐫𝐧𝐢𝐚𝐬 𝐞 𝐨𝐬 𝐂𝐚𝐛𝐞𝐳𝐮𝐝𝐨𝐬.

🎆 A sesión de 𝐟𝐨𝐠𝐨𝐬 𝐚𝐫𝐭𝐢𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐢𝐬 porá o punto e final ao día festivo. O luns 15 de setembro, Día do neno e a nena, as atraccións ofreceranse a prezos especiais.

📖 Este ano, o 𝐩𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐢𝐦𝐩𝐫𝐞𝐬𝐨 das festas comezará a repartirse o xoves día 3 de setembro.

👹 Tamén se habilitará nesta edición, a inscrición daquelas persoas interesadas en portar aos 𝐂𝐚𝐛𝐞𝐳𝐮𝐝𝐨𝐬 que sairán ás rúas o día festivo do Cristo, o 14 de setembro. A 𝐢𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 porase a disposición dos interesados a partir das 9:00 horas do día 2 de setembro a través de rexistro electrónico (sede electrónica do Concello) e presencial, no Concello do Barco.

👉 Toda a información, na web do concello: concellodobarco.gal
https://shre.ink/GqVf

Dirección

Praza Do Concello, 2
El Barco De Valdeorras
32300

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello do Barco de Valdeorras / Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir