Cultura Concello do Grove

Cultura Concello do Grove Información do Concello do Grove sobre a programación cultural.

Comezamos
22/05/2026

Comezamos

Todo listo para "Cantando con Pinocho" na Casa da Cultura "Manuel Lueiro Rey" dentro do programa + Música da Deputación ...
22/05/2026

Todo listo para "Cantando con Pinocho" na Casa da Cultura "Manuel Lueiro Rey" dentro do programa + Música da Deputación de Pontevedra.

O CMDC Breogán ofrece o sábado 23 de maio a actividade "Cóntoche un traxe" a cargo de Montse Rivera.
19/05/2026

O CMDC Breogán ofrece o sábado 23 de maio a actividade "Cóntoche un traxe" a cargo de Montse Rivera.

CANTANDO CON PINOCHOContacontos con música en directo de acordeón e piano dentro do  Programa + Música da Deputación de ...
18/05/2026

CANTANDO CON PINOCHO
Contacontos con música en directo de acordeón e piano dentro do Programa + Música da Deputación de Pontevedra.

A Fada de Cabelos Turquesa e Pepino, amigos de Pinocho, contarán o conto de Pinocho que se intercalará con efectos sonoros, música en directo e cancións orixinais compostas para a ocasión que falan sobre o amor, alimentos, a liberdade, a dignidade ou a importancia de perseguir un soño. Cristian Leggiero-Pepino: piano, acordeón, efectos sonoros e compositor da música das cancións. Paty Lesta-Fada de Cabelos Turquesa: cantante, narradora e compositora das letras das cancións.

📌Para público familiar e rapazada a partir de 3 anos.

📌É necesaria inscrición previa

Concerto Coral das Letras GalegasNon faltes!!!!!
14/05/2026

Concerto Coral das Letras Galegas

Non faltes!!!!!

O CONCELLO DO GROVE CONVOCA A ###III EDICIÓN DO PREMIO DE NOVELA CURTA “MANUEL LUEIRO REY”📌O prazo para a presentación d...
13/05/2026

O CONCELLO DO GROVE CONVOCA A ###III EDICIÓN DO PREMIO DE NOVELA CURTA “MANUEL LUEIRO REY”

📌O prazo para a presentación dos traballos remata o 15 de setembro de 2026

O Grove, 13/05/2026.- O Concello do Grove convoca a ###III edición do premio de novela curta Manuel Lueiro Rey.
O luns 11 de maio saíu publicado no BOPPO o extracto das Bases da ###III Edición do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey, premio literario convocado polo Concello do Grove dende 1992, e que conta coa financiación do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra.

O obxectivo da convocatoria é honrar a vida e obra do escritor e xornalista e, asemade, coadxuvar na promoción da escrita en galego e na divulgación dos seus autores. O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra gañadora por Edicións Xerais de Galicia.

Poderá concorrer ao premio calquera persoa física que presente o seu texto en lingua galega. As bases, que xa se poden consultar na sede electrónica do Concello do Grove, establecen o prazo límite de presentación dos traballos o 15 de setembro. Os textos presentados terán unha extensión mínima de cincuenta (50) páxinas e unha extensión máxima de cen (100) páxinas, tamaño folio DIN A4, de dous mil cincocentos caracteres cada páxina, aproximadamente, escritos en letra Arial, tamaño doce (12), espazamento entre liñas de 1,5 (espazo e medio) e as follas deberán estar paxinadas.

O xurado estará composto por cinco persoas, unha delas será o gañador da ###II edición do premio, Óscar Manuel Guzmán Álvarez, pola obra “Só os mortos saben a verdade”, e os outros catro compoñentes serán especialistas en literatura e crítica literaria. O premio único outorgarase por maioría simple de votos.

Enlace Bases:https://concellodogrove.es/upload/userfiles/suneditor/files/76df46Galego._Bases_###III_Premio_Manuel_Lueiro_Rey_de_novela_curta.pdf

📌Lembrade que as librerías do Grove tamén se suman á conmemoración das Letras Galegas con feiras do libro galego e desco...
12/05/2026

📌Lembrade que as librerías do Grove tamén se suman á conmemoración das Letras Galegas con feiras do libro galego e descontos especiais.

👉Espazo Lector Nóbel O Grove ofrecerá un desconto do 10 % na compra de libro en galego os días 17 e 18 de maio no seu establecemento situado na Rúa Alcalde Xacobe Barral. O domingo 17 de maio estará aberta en horario de 11.00 a 14.00 h e o luns 18 de maio no horario habitual.

👉Edigroves celebrará a Feira do libro galego o 17 de maio, de 12.00 a 14.00 h, na Praza da Rúa Luís Casáis. Ofrecerá descontos do 10 % na compra de libro en galego, un mercadiño de oportunidades, un obradoiro de artesanía para público infantil e agasallos directos.

👉Gaivota A Toxa ofrecerá un desconto do 10 % na compra de libro en galego o sábado 16 de maio, en horario habitual, e o domingo 17 de maio de 09:30 a 14:00.

Espectáculo de narración oral, música, teatro de obxectos e pezas enlazadas polas coplas do Cancioneiro da Agulla. Está ...
11/05/2026

Espectáculo de narración oral, música, teatro de obxectos e pezas enlazadas polas coplas do Cancioneiro da Agulla.

Está dirixido a público familiar e rapazada partir de 4 anos

Para asistir, é necesaria inscrición previa.

O CONCELLO DO GROVE CONVOCA A XIV EDICIÓN DO CONCURSO DE PINTURA ERNESTO GODAY📆O Grove, 8 de maio de 2026.- O Concello d...
08/05/2026

O CONCELLO DO GROVE CONVOCA A XIV EDICIÓN DO CONCURSO DE PINTURA ERNESTO GODAY

📆O Grove, 8 de maio de 2026.- O Concello do Grove convoca a décimo cuarta edición do concurso en memoria do insigne pintor local Ernesto Goday, dotado con 3000,00 €.

Neste nova edición do certame pode participar calquera persoa maior de idade que presente unha obra inédita e orixinal da súa autoría, cunhas dimensións comprendidas entre 60 x 50 e 150 x 150, realizada con técnica e estilo libre. A temática terá que estar relacionada co paisaxe natural e urbano do Grove e as súas xentes.

Todas e todos os interesados en participar, poden facer a súa inscrición aportando unha fotografía da obra en formato dixital acompañada da folla de inscrición que pode descargarse na Sede electrónica do Concello do Grove ata o 30 de setembro de 2026, no correo electrónico [email protected] ou a través do enderezo postal Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, Monte da Vila, 11, CP 36980 O Grove (Pontevedra).

Un xurado composto por profesionais do mundo da arte, realizará unha preselección que se comunicará ás persoas interesadas no mes de outubro. Os artistas seleccionados deberán enviar as súas obras que formarán parte da exposición do concurso e do ‘Catálogo 2026’. De esa preselección sairá a obra gañadora do 2026.

👉Enlace bases galego:
https://concellodogrove.es/upload/userfiles/suneditor/files/a6d646Galego._BASES_XIV_CONCURSO_DE_PINTURA_ERNESTO_GODAY.pdf

👉Enlace bases castelán:
https://concellodogrove.es/upload/userfiles/suneditor/files/456f60BASES_XIV_CONCURSO_DE_PINTURA_ERNESTO_GODAY_C.pdf

O CONCELLO DO GROVE CONMEMORA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 📆O Grove, 05/05/2026.- O Concello de Grove conmemora o Día das Le...
05/05/2026

O CONCELLO DO GROVE CONMEMORA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

📆O Grove, 05/05/2026.- O Concello de Grove conmemora o Día das Letras Galegas cunha variada programación que engloba actividades organizadas polo Concello e outras realizadas polas
asociacións co financiamento e colaboración do Concello do Grove.

O obxectivo é ofrecer á cidadanía un amplo abanico de actividades coas que festexar e conmemorar as Letras Galegas e, de paso, fomentar o hábito da lectura en galego.

📌📌Actividades para público infantil
Para os máis pequenos da casa a programación das Letras Galegas inclúe diferentes actividades.

👉O 8 de maio, a partir das 17.30 h, dentro do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, ofrecerase na Biblioteca Municipal do Grove o contacontos ilustrado “As Letras de Begoña” a cargo do Colectivo Xurelo, para divulgar a vida e obra da escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026. O espectáculo combina narración oral, música, ilustración en directo e un obradoiro de caricaturas. Está dirixido á rapazada a partir de 4 anos e, para asistir, é necesaria inscrición previa.

👉O 13 de maio a partir das 11.00 h, dentro do Programa Ler Conta Moito, representarase na Axencia de Lectura de San Vicente o espectáculo de narración oral “Burromaquia” a cargo de Ignacio Vilariño, cunha selección de contos, fábulas, poemas e cancións nas que se fala con simpatía dese animal tan entrañable que é o b***o. A través da súa participación, o alumnado de educación infantil e primaria irá descubrindo a historia do b***o da Tía Lola, personaxe que popularizaron nun pasodobre os gaiteiros Os Dezas de Moneixas.

👉O 15 de maio a partir das 17.30 h, dentro do Programa Ler Conta Moito, desenvolverase na Biblioteca Municipal do Grove o espectáculo “Coser e cantar” a cargo de María Ortiz. Espectáculo de narración oral, música, teatro de obxectos e pezas enlazadas polas coplas do Cancioneiro da Agulla. Está dirixido á rapazada a partir de 4 anos e, para asistir, é necesaria inscrición previa.

👉O 22 de maio a partir das 17.30 h, dentro do Programa + Música da Deputación de Pontevedra, ofrecerase o espectáculo musical “Cantando con Pinocho” a cargo de Gallaecia. A Fada de cabelos Turquesa e Pepino, amigos de Pinocho, contarán o conto de Pinocho que se intercalará con efectos sonoros, música en directo e cancións orixinais compostas para a ocasión. Está dirixido a público familiar e infantil a partir de 3 anos e, para asistir, é necesaria inscrición previa.

👉O 28 de maio a partir das 11.00 h, dentro do Programa Ler Conta Moito, representarase na Axencia de Lectura de San Vicente “Travesías”. espectáculo que combina narración oral e títeres a cargo de Raquel Queizás.

📌📌Colaboración coas entidades culturais
Así mesmo, o Concello do Grove colabora coas entidades culturais da vila na oferta de actividades para este mes das Letras Galegas.

👉Os días 15 e 16 de maio, á partir das 20.30 h, e o 17, a partir das 19.00 h, representarase no Auditorio do Grove a obra “O Meco”, a cargo da Asociación cultural Enxebre e da Asociación musical do Grove, unha adaptación da lenda que combina teatro e música. En breve anunciaranse os lugares para a adquisición das entradas.

👉A Asociación cultural Cantodorxo celebrará a XIV Festa das Letras Galegas o domingo 17 de maio, a partir das 18.00 h, na Praza do Corgo con baile, música tradicional e actividades para o público infantil.

👉O Club M. D. e C. Breogán ofrecerá “Cóntoche un traxe” da man de Montse Rivera, unha actividade para todos os públicos. Unha viaxe no tempo para descubrir como era o vestiario dos nosos tátara-tátara-avós a través da narración oral, as cantigas e a proxección de imaxes. Terá lugar o sábado 23 de maio, ás 19.30 h, na Sala das Cunchas da Casa do Concello.

👉A Coral Polifónica da Confraría de Pescadores San Martiño do Grove celebrará no Auditorio do Grove o seu tradicional Concerto das Letras Galegas o sábado 23 de maio, a partir das 20.00 h, dirixido a todos os públicos e con entrada libre ata completar aforo.

📌📌Feira do libro en galego
As librerías do Grove tamén se suman a esta conmemoración das Letras Galegas con feiras do libro galego e descontos especiais.

👉A librería Espazo Lector Nóbel O Grove ofrecerá un desconto do 10 % na compra de libro en galego os días 17 e 18 de maio no seu establecemento situado na Rúa Alcalde Xacobe Barral. O domingo 17 de maio estará aberta en horario de 11.00 a 14.00 h e o luns 18 de maio no horario habitual.

👉Edigroves celebrará a Feira do libro galego o 17 de maio, de 12.00 a 14.00 h, na Praza da Rúa Luís Casáis. Ofrecerá descontos do 10 % na compra de libro en galego, un mercadiño de oportunidades, un obradoiro de artesanía para público infantil e agasallos directos.

Dirección

Monte Da Vila, 11
El Grove
36980

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cultura Concello do Grove publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir