Rede de Bibliotecas do Grove

Rede de Bibliotecas do Grove Rede de Bibliotecas Públicas Municipais formado por a biblioteca municipal do Concello do Grove e a Axencia de Lectura de San Vicente

Biblioteca Pública Municipal do Grove - 986732341
Axencia de lectura de San Vicente - 986738431

Hoxe no salón de actos da Axencia de Lectura de San Vicente os nen@s do CEIP As bizocas disfrutaron dunha sesión de cont...
13/05/2026

Hoxe no salón de actos da Axencia de Lectura de San Vicente os nen@s do CEIP As bizocas disfrutaron dunha sesión de contos "Burromaquia" a cargo de Inacio Vilariño.
Espectáculo de narración oral, cunha selección de contos, fábulas, poemas e cancións na que se fala con simpatía dese animal tan entrañable que é o b***o.

Espectáculo de narración oral, música, teatro de obxectos e pezas enlazadas polas coplas do Cancioneiro da Agulla. Está ...
11/05/2026

Espectáculo de narración oral, música, teatro de obxectos e pezas enlazadas polas coplas do Cancioneiro da Agulla.

Está dirixido a público familiar e rapazada partir de 4 anos

Para asistir, é necesaria inscrición previa.

08/05/2026

Está pasando!!!
As letras de Begoña Caamaño co Coletivo Xurelo

Novidades na Rede de Bibliotecas do Grove
08/05/2026

Novidades na Rede de Bibliotecas do Grove


O CONCELLO DO GROVE CONMEMORA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 📆O Grove, 05/05/2026.- O Concello de Grove conmemora o Día das Le...
05/05/2026

O CONCELLO DO GROVE CONMEMORA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

📆O Grove, 05/05/2026.- O Concello de Grove conmemora o Día das Letras Galegas cunha variada programación que engloba actividades organizadas polo Concello e outras realizadas polas
asociacións co financiamento e colaboración do Concello do Grove.

O obxectivo é ofrecer á cidadanía un amplo abanico de actividades coas que festexar e conmemorar as Letras Galegas e, de paso, fomentar o hábito da lectura en galego.

📌📌Actividades para público infantil
Para os máis pequenos da casa a programación das Letras Galegas inclúe diferentes actividades.

👉O 8 de maio, a partir das 17.30 h, dentro do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, ofrecerase na Biblioteca Municipal do Grove o contacontos ilustrado “As Letras de Begoña” a cargo do Colectivo Xurelo, para divulgar a vida e obra da escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026. O espectáculo combina narración oral, música, ilustración en directo e un obradoiro de caricaturas. Está dirixido á rapazada a partir de 4 anos e, para asistir, é necesaria inscrición previa.

👉O 13 de maio a partir das 11.00 h, dentro do Programa Ler Conta Moito, representarase na Axencia de Lectura de San Vicente o espectáculo de narración oral “Burromaquia” a cargo de Ignacio Vilariño, cunha selección de contos, fábulas, poemas e cancións nas que se fala con simpatía dese animal tan entrañable que é o b***o. A través da súa participación, o alumnado de educación infantil e primaria irá descubrindo a historia do b***o da Tía Lola, personaxe que popularizaron nun pasodobre os gaiteiros Os Dezas de Moneixas.

👉O 15 de maio a partir das 17.30 h, dentro do Programa Ler Conta Moito, desenvolverase na Biblioteca Municipal do Grove o espectáculo “Coser e cantar” a cargo de María Ortiz. Espectáculo de narración oral, música, teatro de obxectos e pezas enlazadas polas coplas do Cancioneiro da Agulla. Está dirixido á rapazada a partir de 4 anos e, para asistir, é necesaria inscrición previa.

👉O 22 de maio a partir das 17.30 h, dentro do Programa + Música da Deputación de Pontevedra, ofrecerase o espectáculo musical “Cantando con Pinocho” a cargo de Gallaecia. A Fada de cabelos Turquesa e Pepino, amigos de Pinocho, contarán o conto de Pinocho que se intercalará con efectos sonoros, música en directo e cancións orixinais compostas para a ocasión. Está dirixido a público familiar e infantil a partir de 3 anos e, para asistir, é necesaria inscrición previa.

👉O 28 de maio a partir das 11.00 h, dentro do Programa Ler Conta Moito, representarase na Axencia de Lectura de San Vicente “Travesías”. espectáculo que combina narración oral e títeres a cargo de Raquel Queizás.

📌📌Colaboración coas entidades culturais
Así mesmo, o Concello do Grove colabora coas entidades culturais da vila na oferta de actividades para este mes das Letras Galegas.

👉Os días 15 e 16 de maio, á partir das 20.30 h, e o 17, a partir das 19.00 h, representarase no Auditorio do Grove a obra “O Meco”, a cargo da Asociación cultural Enxebre e da Asociación musical do Grove, unha adaptación da lenda que combina teatro e música. En breve anunciaranse os lugares para a adquisición das entradas.

👉A Asociación cultural Cantodorxo celebrará a XIV Festa das Letras Galegas o domingo 17 de maio, a partir das 18.00 h, na Praza do Corgo con baile, música tradicional e actividades para o público infantil.

👉O Club M. D. e C. Breogán ofrecerá “Cóntoche un traxe” da man de Montse Rivera, unha actividade para todos os públicos. Unha viaxe no tempo para descubrir como era o vestiario dos nosos tátara-tátara-avós a través da narración oral, as cantigas e a proxección de imaxes. Terá lugar o sábado 23 de maio, ás 19.30 h, na Sala das Cunchas da Casa do Concello.

👉A Coral Polifónica da Confraría de Pescadores San Martiño do Grove celebrará no Auditorio do Grove o seu tradicional Concerto das Letras Galegas o sábado 23 de maio, a partir das 20.00 h, dirixido a todos os públicos e con entrada libre ata completar aforo.

📌📌Feira do libro en galego
As librerías do Grove tamén se suman a esta conmemoración das Letras Galegas con feiras do libro galego e descontos especiais.

👉A librería Espazo Lector Nóbel O Grove ofrecerá un desconto do 10 % na compra de libro en galego os días 17 e 18 de maio no seu establecemento situado na Rúa Alcalde Xacobe Barral. O domingo 17 de maio estará aberta en horario de 11.00 a 14.00 h e o luns 18 de maio no horario habitual.

👉Edigroves celebrará a Feira do libro galego o 17 de maio, de 12.00 a 14.00 h, na Praza da Rúa Luís Casáis. Ofrecerá descontos do 10 % na compra de libro en galego, un mercadiño de oportunidades, un obradoiro de artesanía para público infantil e agasallos directos.

Contacontos ilustrado e musicado "As Letras de Begoña" dirixido a público familiar e rapazada a partir de 4 anos.Contare...
04/05/2026

Contacontos ilustrado e musicado "As Letras de Begoña" dirixido a público familiar e rapazada a partir de 4 anos.

Contaremos, debuxaremos e musicaremos a vida e obra de Begoña Caamaño, homenaxeada polo Día das Letras Galegas

É necesaria inscrición previa nas bibliotecas, no email [email protected], no tfno. 986732341 ou nas Redes Sociais

Novidades na Rede de Bibliotecas do Grove
30/04/2026

Novidades na Rede de Bibliotecas do Grove


Ultimo día para facer as inscricións  para participar no "Obradoiro de Maios en familia".Para poder participar, é necesa...
29/04/2026

Ultimo día para facer as inscricións para participar no "Obradoiro de Maios en familia".

Para poder participar, é necesaria inscrición na biblioteca municipal do Grove aportando nomes da rapazada e dos adultos acompañantes. O período de inscrición comezará o venres 24 de abril e rematará o mércores 29 de abril

Lembrade!!!Hoxe venres 24 de abril, as 19.30 h, na Biblioteca do Grove temos a Atenea García e Vero Rilo co espectáculo ...
24/04/2026

Lembrade!!!

Hoxe venres 24 de abril, as 19.30 h, na Biblioteca do Grove temos a Atenea García e Vero Rilo co espectáculo de narración de adultos "Bailen as vellas".

Non faltedes!!!!

Hoxe celebramos o Día do Libro con "Carapuchiña vermella" a cargo de Pedras de Cartón e o alumnado dos CEIP do Grove
23/04/2026

Hoxe celebramos o Día do Libro con "Carapuchiña vermella" a cargo de Pedras de Cartón e o alumnado dos CEIP do Grove

Dirección

Monte Da Vila, Nº 11
El Grove
36980

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 13:30
16:00 - 20:00
Martes 10:00 - 13:30
16:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 13:30
16:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 13:30
16:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 13:30
16:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Rede de Bibliotecas do Grove publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Rede de Bibliotecas do Grove:

Compartir

Categoría