Concello de Fene

Llamar Cómo llegar Página web

Concello de Fene Páxina oficial - Concello de Fene

💶🎁🌲 O Concello de Fene pon en marcha un novo programa de subvencións ás familias para a festividade de Nadal 2026-27A fi...
26/10/2026

💶🎁🌲 O Concello de Fene pon en marcha un novo programa de subvencións ás familias para a festividade de Nadal 2026-27

A fin de que todos os nenos e nenas poidan vivir con ilusión a festividade de Nadal, a Concellería de Benestar Social e Igualdade de Fene abre o prazo de solicitude de axudas ás familias con fillos e fillas que a 31 de decembro de 2026 teñan unha idade comprendida entre o 0 e o 16 anos, ou maiores desta idade cando teñan o recoñecemento oficial de discapacidade. O programa contempla axudas de pago único de 125€ por menor.

As solicitudes deberán presentarse desde o 27 de outubro ao 9 de novembro 2026, ambos os dous días incluídos, no centro municipal de Servizos Sociais (Avda. do Mar, Bl. 1, San Valentín, Fene)

Para optar ás axudas do programa de subvencións ás familias para a festividade de Nadal 2026-27, as familias deberán cumprir os seguintes requisitos:

🟢 Empadroamento no Concello de Fene e ter residencia efectiva no mesmo cunha antigüidade mínima de tres meses anteriores á data da solicitude.
🟢 Renda (aplicando descontos de seguridade social e IRPF, pensións complementarias ou alimenticias e as cotas de aluguer ou amortización da vivienda):
- Unidade de convencia de 2 persoas non superar os 34.188€
- Unidade convivencia de 3 ou máis membros non superar os 42.735€
🟢 Que os aforros a 31/12/2025 non superen os 3.000 €.
🟢 Que non haxa máis de dous coches na unidade familiar e, no caso de que a maiores dos coches se posúa unha moto, esta deberá ter unha cilindrada non superior a 800 centímetros cúbicos.

ℹ Máis información na Concellería de Benestar Social e Igualdade (Avda. do Mar, Bl. 1. San Valentin, Fene), ou nos teléfonos 981 342 607 / 981 492 706.

➡ https://fene.gal/portal-cidadan/noticia/gl/9214

♟️🏆Aberto o prazo para inscribirse no III Torneo de Xadrez Memorial José ArdáA AVV de Limodre acollerá o domingo 15 de n...
26/10/2026

♟️🏆Aberto o prazo para inscribirse no III Torneo de Xadrez Memorial José Ardá

A AVV de Limodre acollerá o domingo 15 de novembro o III Torneo de Xadrez Memorial José Arda, organizado polo Concello de Fene xunto coa Escola de Xadrez da Galicia Norte e a Escola Ferrolá de Xadrez. O certame desenvolverase a partir das 11 da mañá, con sesións ás 11, 12 e 13 horas, e de tarde, ás 16, 16.45, 17.30 e 18.15 horas, e cun ritmo de xogo de 15´ finish máis 5"/xogada.

O sistema de xogo que se contempla neste III Torneo de Xadrez é suizo a 7 sesións.

Aos participantes non federados facilitaraselle a licenza federativa de balde (sendo preciso faciligar á organización una copia do DNI, polas duas caras, ou do libro de familia).

Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados das categorías senior, veterán(+60), sub 18, sub 16, sub 14, sub 12 e sub 10. Na clausura sortearánse 5 vales de compra dunha pizza en Pizzería Carlos de Naron

O prazo de inscrición está aberto, até media hora antes do comezo da competición, podendo realizarse por correo electrónico ([email protected]) ou por teléfono 655 796 421.

Máis información na web https://xadrezferrola.gal/ e www.info64.org

➡ https://fene.gal/portal-cidadan/noticia/gl/9213

26/10/2026

🎃 O Samaín máis literario e terrorífico chega á Biblioteca Municipal de Fene ! 📚

👻 Xa podes consultar a exposición bibliográfica de Samaín cunha coidada selección de lecturas para todas as idades. Con historias de misterio, lendas e de medo; contos de monstros, meigas, pantasmas e aventuras misteriosas para os máis pequenos.

Tes o valor suficiente para levar unha destas historias en préstamo e lela ás escuras? 🕯️💀

⏰ Horario da Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé (Casa da Cultura. Avda. de Conces, 20-22, 2º andar, Fene)
➡De luns a venres: de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00 horas.
➡Sábados: de 10.00 a 13.00 horas.

⚽️ Axenda remitida polos clubs deportivos de Fene (Scratch Fene, CMI Unidade de Fene, CCRD Perlío, SD Barallobre e Cultu...
23/10/2026

⚽️ Axenda remitida polos clubs deportivos de Fene (Scratch Fene, CMI Unidade de Fene, CCRD Perlío, SD Barallobre e Cultural Maniños) para os vindeiros días

🎼🎬🤹‍♀️🎭Achegamos como cada venres a axenda e propostas culturais das sociedades de Fene para os vindeiros días.
23/10/2026

🎼🎬🤹‍♀️🎭Achegamos como cada venres a axenda e propostas culturais das sociedades de Fene para os vindeiros días.

📢Sabedes que os establecementos de Fene teñen desconto??Pois si, ata 100 € en descontos nos establecementos de Fene adhe...
23/10/2026

📢Sabedes que os establecementos de Fene teñen desconto??

Pois si, ata 100 € en descontos nos establecementos de Fene adheridos á campaña da Deputación da Coruña.

📲 Descarga o teu bono en www.mercanavila.gal e presenta o código QR ao pagar.

Vivas onde vivas, podes usalo en Fene!

Establecementos de Fene adheridos ⬇

https://app.mercanavila.gal/ #/pages/list?council=Fene

ℹ Como funcionan os descontos?

10 € de desconto en compras de 20 € a menos de 30 €.
20 € de desconto en compras de 30 € a menos de 50 €.
30 € de desconto en compras de 50 € ou máis.

📅 Ata o 20 de novembro ou ata esgotar o crédito do programa.

Achégate e MercaenFene!

🥳📒 Espectáculo infantil "Esperta rinoceronte" 🦏, a cargo de Nao Caracola 🐚 (ciclo 🍂"Outono das artes" de Cultura da Depu...
23/10/2026

🥳📒 Espectáculo infantil "Esperta rinoceronte" 🦏, a cargo de Nao Caracola 🐚 (ciclo 🍂"Outono das artes" de Cultura da Deputación da Coruña)
📆Venres 23 de outubro
⌚19.00 horas
🏫 Salón de actos da Casa da Cultura de Fene
🎟️ Entrada libre e de balde
ℹ Esperta ao rinoceronte é unha historia que fala sobre a nosa conciencia durmida, “sobre a nosa capacidade para mirar para outro lado. Sobre o noso consentimento inconsciente que se deixa cegar polos brillos cos que se camufla o despropósito. Un despropósito que se estende polo planeta e compórtase como unha implacable maquinaria de desposesión e produción de desigualdades que coloniza, ameaza, degrada, contamina e escraviza”.

En Esperta rinoceronte, Bambú leva unha vida apracible, goza da súa contorna, coñécea e por iso a ama. Isto ensinoullo a súa avoa, ela coñece ben o mundo, o seu mundo, convive con el, forma parte del e por iso cóidao. Ensina a Bambú que as cousas que realmente importan non sempre son as que brillan, que só vemos ben co corazón e que non importa o grande que sexa o obstáculo, sempre hai unha solución. A esa voz do corazón, a avoa a chama o Rinoceronte e di que nela atópase o poder para cambiar o mundo e por iso hai que mantelo esperto.

A historia conta o que sucede cando aqueles cuxo rinoceronte está durmido aparecen de súpeto e cégannos cos seus brillos, facéndonos cómplices da destrucción. Haberá alguén que lles faga fronte e esperte o rinoceronte. Porque este espectáculo é unha porta aberta á esperanza.

➡ https://fene.gal/portal-cidadan/noticia/gl/9204

📹 Proxección do documental "Crónicas da Galiza Martir" (ciclo "Outono das artes" de Cultura da Deputación da Coruña)📆Xov...
22/10/2026

📹 Proxección do documental "Crónicas da Galiza Martir" (ciclo "Outono das artes" de Cultura da Deputación da Coruña)
📆Xoves 22 de outubro
⌚18.00 horas
🏫 Salón de actos da Casa da Cultura de Fene
🎟️ Entrada libre e de balde

ℹ O documental Crónicas da Galiza Martir xorde da conmemoración en 2026 do 90º aniversario do golpe de estado franquista de 1936, “feito tráxico na nosa historia, que deu comezo a un proceso xenocida cuxas feridas aínda perduran na memoria colectiva da Nosa Terra”.

O filme achega con rigor histórico, xurídico e vivencial as denuncias de máis de 70 testemuñas sobre a metodoloxía represiva do franquismo. “O rostro e a voz das vítimas e dos seus familiares son unha contundente alegación emocional e histórica contra esta metodoloxía represiva sustentada no terror como sistema, nas detencións ilegais e os paseos, a represión lingüística e a dirixida ás mulleres e minorías. Ningún aspecto político, social e cultural quedou alleo a este accionar represivo”.

Dirixido por Xan Leira, o documental Crónicas da Galiza Mártir avoga pola xustiza á memoria e á dignidade de milleiros de persoas fusiladas, detidas-desaparecidas, presas, torturadas, fuxidas, exiliadas, deportadas, emigradas e expedientadas por causas políticas, relixiosas ou culturais, que deron a súa vida pola democracia, a liberdade e a transformación progresista da nosa sociedade.

➡ https://fene.gal/portal-cidadan/noticia/gl/9204

🏆🥋 As karatekas fenesas Laura (Artes Marciais Fene) e Sara Torrecilla Castro (ESK Narón) voltan con cadansúas medallas d...
21/10/2026

🏆🥋 As karatekas fenesas Laura (Artes Marciais Fene) e Sara Torrecilla Castro (ESK Narón) voltan con cadansúas medallas do XLVIII Trofeo Internacional Princesa de Asturias, celebrado o pasado sábado en Oviedo.

🟢 Laura Torrecilla Castro (Artes Marciales Fene) acadou medalla de prata🥈en kumite infantil feminino < 40kg

🟢 Sara Torrecilla Castro (Escuela Superior Karate Narón) acadou medalla de bronce🥉 en kumite junior feminino < 55kg

👏 Parabéns!!!

Unha unidade móbil estará o venres 30  de outubro diante do centro de saúde de Fene de 15.30 a 21.00 h. Reservas MOI BAI...
21/10/2026

Unha unidade móbil estará o venres 30 de outubro diante do centro de saúde de Fene de 15.30 a 21.00 h. Reservas MOI BAIXAS do 0+ e A+ ‼️

🩸 Doa sangue e axúdanos a salvar vidas!

Dirección

Praza Do Alcalde Ramón Souto González S/N
Fene
15500

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 09:00 - 17:00

Teléfono

+34981492707

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Fene publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir